A imaxe comentada

Na rúa do Río, aínda existe esta bonita casa de estilo modernista, construída polo señor Casimiro Suárez Álvarez, que viviu nela coa súa esposa Francisca (Paca) Suárez e os seus dous fillos. O Sr. Suárez foi no seu tempo un home de negocios. Era construtor, posuía varios negocios, entre eles fundou o Cine Royalty, que empezou a funcionar a finais dos anos 20 e que logo vendeu a un familiar: José Pérez Suárez, sobriño seu. Tamén tiña un cine en Bergondo. Ao estalar a Guerra Civil as cousas puxéronse difíciles para a xente republicana e así o 20 de setembro do ano 1937 emigrou coa súa familia a Buenos Aires. Volveu a Sada anos despois para visitar á súa familia pero marchou de novo e alí faleceu, como tamén a súa esposa. A casa foi comprada pola familia Lorenzo Mosquera, que mantivo a fachada, pero modificou a parte baixa que xa non figura na foto. Hoxe pertence a un neto desta familia. Lembrámola.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *