PIAR E ANTEPEITO DUN HOME CHAMADO TERRA
As súas maxestades verdes
abrazan ao aire verdes follas
cantan as follas ás polas das árbores
móvense nun valse de música nova
abanican ás lavandeiras de escuras cores
O paxe real, leva o babadeiro branco no pescozo
e arrastra a capa negra que cobre o seu lombo
báilaa no ar, na luz e no ventiño
chámano Merlo, paseriforme de vermes e insectos
é salvador de vidas daqueles que saben bicar
o manto das súas verdes maxestades
cuxas follas verdes ao aire abrazan
e cuxas polas recheas de follas, cantan
facendo música nova e, nun valse móvense
O Señor Lacaceiro do chan
recostado na túnica castaña dos seus reis
reiseñor do minguante caudal que enche a sala do trono
de terra e carcoma morta
esnaquizando o espazo de voo do seu paxe, o Merlo
cantan as follas alalás da Terra entrementres morren as polas
de soidade
saudade das maxestades cheios de bo corazón e vontade
que agardan ao forasteiro xunto co paxe e o lacaceiro
nas arcas do castelo, onde o caudal do río é levadeiro
e a espranza do baile, un valse, crescendo co aire
leva, festeiro, ao camiñante que apiques está de ver a imaxe
das súas maxestades cheias de follas
cantando e abrazando con polas e verdes