Esperto. Movemento Cultural

Grupo Esperto
ESPERTO é un movemento cultural que xermina en Sada no ano 2014 por iniciativa de catro amigos, que vai medrando ao carón da realización dunha curta chamada “ESPERTO” que foi presentada en Sada e Coruña. Foron xurdindo e estreitándose lazos entre artistas e como aos catro lles encanta a arte en xeral, se lles ocorreu crear un grupo de Facebook no que calquera profesional puidese dar a coñecer as súas obras e quen guste delas, poida desfrutalas.
No 2016 rodaron unha nova curta chamada “EL CREDO”, na que participaron, entre outros, o cómico e actor Oswaldo Digón, a presentadora Ana Pérez, a pintora Noa Persán, o grupo de música The Trunks, os bailaríns Estefanía Gómez e Armando Martén… e que presentaron en sociedade ese mesmo outono en Sada, enchendo a vila, durante máis dun mes, de multitude de eventos culturais como varias exposicións de pintura (Alexandre Monntoya, Perrilla Talía…) e de fotografía, de actuacións musicais (Nastasia Zürcher, En Casa del Herrero…), un recital poético (Isaac Xubín) e dúas proxeccións documentais. Tamén foi presenta-do nas localidades de Betanzos e Coruña, con cadanseu concerto e exposición.
 
Tiveron varias colaboracións con La Fábrica de la Imagen, realizando concertos acústicos acompañados de pequenas exposicións de arte (Playa Cuberris e Mike Churches – Ito Mosquera, Silvia Penide – Perrilla Talía).
 
Durante o verán do 2017 tiveron a iniciativa de convocar, con bastante éxito de participación, un concurso de fotografía e remataron de rodar o que foi o súa terceira curta semiprofe-sional “ISTO É O QUE ACONTECERÁ” protagonizada pola actriz Isabel Risco. Estreouse o pasado outono en Sada, volvendo a encher de novo o pobo de arte, durante un mes e medio, con orixinais maridaxes viño (sumiller Sonia Molero de Uve Positivo) Pintura (Abel Baran-dela, “o pintor do viño”) e música (La Dance), varios concertos (Som do Galpom, Las Antonias), dúas presentacións de libros (un de relatos de Isacc Pedrouzo e outro de poesía de París Joel), tres exposicións de pintura: Miguelanxo Prado, Pedro Roldán e outra colectiva con artistas da terra, unha conferencia do documentalista Daniel Landa, director de “Un mundo Aparte” e “Pacífico”) e unha exposición de fotografía.
 
 
Nos últimos meses, colaboraron no proxecto “ELAS SON ARTISTAS”, un festival metropolitano de música e artes pola igualdade, encargándose da organización e da produción no concello de Sada. Con motivo do mesmo, gravouse no barrio de Fontán unha curta que leva o título de “ELAS”, no que participaron artistas sadenses de varias disciplinas e de todas as idades. Presentouse no mes do xuño no edificio da Te-rraza cunha gran acollida por parte do público tanto alí coma nas redes sociais, o vídeo conta xa con máis de 6.000 visitas. Tamén tivo lugar un concerto da cantante galego-suíza e gañadora dun premio Martín Códax, Nastasia Zürcher.
 
 
 
 
Para o próximo outono teñen preparadas senllas exposicións de pintura e de fotografía, unha conferencia dun documentalista e aventureiro aínda por confirmar, un recital poético diferente, ameno, e para todos os públicos no que intervirán outras disciplinas coma música, pintura e baile, con motivo do día internacional contra la violencia ás mulleres, e no seu día grande, terá lugar un pequeno “Festival das Artes” que terá coma colofón un concerto “moi top”.
 
Somos Arte, somos Cultura, somos Rock and Roll.
 
 
 
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *