Sara Arrojo Dueñas
Cada noite o mesmo, unha tortura constante. Cando estou a punto de pechar os ollos e deixar que Morfeo me envolva nos seus brazos, é aí cando comeza a verdadeira tortura. Primeiro son as luces, que empezan e apagarse todo o rato, o bater das fiestras, e o máis insoportable de todo, esa gotiña incesante que sae da billa e que se me crava no cerebro coma se dun martirio se tratase. O peor de todo é que sei que non estou tola, que é el o que provoca todo isto, el é quen quere que me volva tola, ese maldito condenado.
Quizás nunca debía telo emparedado.