A IMAXE COMENTADA

O comezo da Tenencia. Sada, 2005
Con esta fotografía traemos á Memoria de Sada, rúas e sobre todo casas que foron bonitas no seu tempo e que por azares da vida aínda as podemos admirar no noso pobo. Están situadas na rúa José Monzo, que anos atrás foi Rúa do Porto, logo da guerra General Mola e agora leva o nome dun sadense. Aquí comeza o Barrio da Tenencia e remata na Praza da Pescadería nun de cuxos laterais está paradoxalmente a rúa da Tenencia, aínda que se consideraba que o Barrio remataba na Fonte da Barrosa.

As casas foron conservadas como lucían anos atrás e aquí viviron familias moi coñecidas. A primeira da esquerda, era a casa da familia García Blanco (Xefa). Hoxe en día vive nela una das súas netas, Gely, coa súa familia. A segunda era da familia Pallares e hoxe vive nela un sobriño neto, a terceira pertencía á familia Ríos Branco. Unha neta, Glorita, goza hoxe desta bonita casa coa súa familia e a última foi no seu día propiedade da familia López Suárez. Logo mercouna Manuela Fernández e foi a única que se reconstruíu. Hoxe vive nela una das súas netas, María José. Lembrámolas.

memoriadesada.com
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *