Museo de arte contemporaneo Carlos Maside (Sada) 48 anos despois

María América Díaz Pampín
Celebrando a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) para o Museo Carlos Maside consideramos que é necesario e urxente votar a vista atrás e recordar a importancia que supón ter no noso concello un Museo como o Carlos Maside. Desde o edificio que o alberga, obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat, ata a colección de artistas galegos que ocupan as súas salas, o Carlos Maside foi nun tempo referencia cultural en Galicia cunha programación cultural que incluía mostras de gravados de Picasso e Miró e cine documental de artistas da Bauhaus.

ORIXES

Atopamos as primeiras referencias nunha carta do 1/VII/ 1969, no Epistolario entre Isaac Díaz Pardo en carta a Luis Seoane coméntalle: “(…) iniciar los preparativos para las obras de la Sala Carlos Maside.” En resposta, Seoane contéstalle:

En cuanto al pequeño Museo del Castro, de
entrada hay que llamarle museo de arte contemporáneo
Carlos Maside (…). Debe estructurarse
como museo con las siguientes secciones:
pintura, escultura y grabado, expuestos
permanentemente; Archivo de dibujos y grabados.
Sección bio-bibliográfica de artistas
gallegos contemporáneos. Biblioteca de arte
gallego y de arte en general. Y en cuanto a la
reconstrucción del piso cuidar del clima interior,
aparte, naturalmente del color de la pared,
un gris casi blanco, neutro, y hacer mamparas
móviles (…). Debe el Museo garantizarle
al donante de obras por medio de documento
adecuado y en el acta de constitución
del museo, que las obras, archivo, etc., pasarán
a ser, en caso de cierre del museo, propiedad
de un museo municipal o provincial gallego.
Pienso que hay que estudiar muy bien
todo esto para conseguir donaciones importantes
que estoy seguro que pueden conseguirse.
Vamos a tener de inmediato unas diez
obras, de Buenos Aires, aparte de las donaciones
que se pueden conseguir ahí y los depósitos
(carta nº 57, en Luis Seoane, Notas ás súas
cartas a Díaz Pardo, 1957-1979, de Díaz Pampín,
María América. Ed. do Castro, 2004).
En carta a Díaz Pardo (8/VIII/1969), Seoane
engade: “Debemos crear un museo de obra
muy seleccionada y que sea útil para quién desee
consultar libros gallegos a partir de Castelao.”


PRIMERAS DOAZÓNS:

Ata chegar a converterse na colección actual, estes pequenos movementos iniciaron o proceso: Luis Seoane dona obra e libros; Álvaro Gil dona un Frau e un Grandío; Felipe Armesto unha caricatura de Prudencio Canicrot feita por Castelao.


INAUGURACIÓN

O 18 de maio de 1970 inaugúrase o Museo, situado por aquel tempo no que comprendía os comedores do complexo de Cerámicas do Castro (que era o estudio de Seoane no Castro ). O acto correu a cargo de Rafael Dieste, e provocou por parte de xornais coma A Nosa Terra de Buenos Aires duras críticas ao escritor por dicir o seu discurso en castelán.


PADROADO

Ricardo García Suárez, Ramón Piñeiro, Domingo García Sabell, Rafael Dieste, Sebastián Martínez – Risco, Álvaro Gil, Isaac Díaz Pardo, Francisco Fernández del Riego, Eduardo Blanco Amor, Ramón Otero Pedrayo, Luis Seoane, Valentín Paz Andrade, Marino Dónega, Andrés Fernández Albalat, José Luis Vázquez Freire e Manuel Chamoso Lamas.


COLECCIÓN

Castelao, Luis Seoane, Maruja Mallo, Francisco Lloréns, Xesús Corredoira, Francisco Asorey, Arturo Souto, Laxeiro, Colmeiro, Carlos Maside, Eugenio Granell, Urbano Lugrís Asorey, Federico Ribas, Julia Minguillón…

Pode contemplarse ademais obra de artistas do grupo Atlántica. Finalmente, a última planta está dedicada ao debuxo humorístico.


PROGRAMACIÓN CULTURAL

− EXPOSICIÓNS
Destaca:
• Primeira mostra : “Picasso Grabados. Miró Grabados”. Do 20 de agosto ao 10 de setembro, 1971.
• “Solana”, outubro-novembro, 1971.
• “Guinovart”, abril 1973.

Cartel da mostra de grabados
de Picasso e Miró do ano 1971


− SESIÓNS DE CINE DOCUMENTAL
Perseguindo o obxectivo de converter o Museo nun centro de divulgación e debate de arte e cultura de vangarda –algo descoñecido en Galicia neses anos-, Seoane pensou que unha das ferramentas máis valiosas para tal función era o cine. Por esta razón, unha das primeiras compras foi un proxector de cine sonoro de 16 mm para levar a cabo sesións de cine documental, programadas por Xosé Díaz, fillo de Díaz Pardo, que se programaron ininterrompidamente desde setembro de 1970 ata xuño de 1972. Coa colaboración das Embaixadas de Francia, Italia, Países Baixos e Canadá, así como o Instituto Alemán e o British Council. Foron un total de 21 sesións. Coma exemplo, recordemos:

• 1ª sesión, 26 de setembro de 1970: “As experiencias cinematográficas de Hans Ritcher e os ballets de Oskar Schlemmer”(Era a primeira vez que en Galicia se proxectaba algo sobre a Bauhaus. Xosé Díaz recorda: “A sá do Museo enchíase sempre, e en ocasións, había xente que tiña que ver as películas de pé. Para as función, que anunciábamos na prensa local con dous días de antelación, imprimiamos uns programas que ás veces alcanzaban os 11 folios en formato A4.”
• Derradeira sesión: xuño de 1972. Con título “Catro meses da arte contemporánea” e incluía catro documentais adicados a Van Gohg, Emil Nolde, Max Ernst e Wassili Kandisnsky.

Esperamos que esta declaración BIC devolva ao museo eses tempos de plenitude cultural e volva a ser una referencia na rede de museos de Galicia.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *