Donde cayó Camilo
nació una cruz,
pero no de madera
sino de luz.
Lo mataron cuando iba
por su fusil,
Camilo Torres muere
para vivir.
Cuentan que tras la bala
se oyó una voz.
Era Dios que gritaba:
¡Revolución!
[…]
Camilo Torres muere
para vivir (Daniel Viglietti/Víctor Jara)
Na imaxe, Victorino Pérez con Camilo Torres
CAMILO TORRES, UNHA REFERENCIA NA RENOVACIÓN DA IGREXA
Camilo Torres exercía unha gran fascinación nos mozos e non tan mozos da Igrexa progresista galega e española dos anos 70. Noscuras, frades, monxas, seminaristas e laicos, comunidades cristiás de base e parroquias comprometidas, que buscabamos daquela un novo modelo de Igrexa que saíse das cavernas do franquismo e superase o vergoñento papel xogado pola igrexa española na Guerra Civil e nos 40 anos de franquismo, con honrosas excepcións. Unha Igrexa que buscaba ardentemente colaborar na construción dunha sociedade democrática, máis xusta e solidaria, e unha igrexa popular cunha teoloxía que estivese á altura dos tempos, e non ancorada no pasado. Non coñeciamos moito de Camilo; apenas tiñamos a imaxe romántica do cura comprometido,cos pobres e coa liberación do seu pobo. Pero éranos suficiente. Sabiamos moi pouco da súa presenza activa e a súa relación coa cultura universitaria e a política institucional colombiana. Sobre todo, estaba gravada en nós a imaxe de Camilo que nos deixaron os versos de Daniel Viglietti cantados por Víctor Jara.
Para nós, Camilo pertencía a un país afastado do que sabíamos pouco en España naqueles anos: Colombia. Apenas sabiamos algo da clamorosa situación de inxustiza e represión do pobo colombiano por parte da súa oligarquía, do mesmo xeito que tantos outros países da América Latina, e dunha guerrilla ao estilo doutras guerrillas latinoamericanas, que acaba de asinar a paz despois de máis de cincuenta anos de loita.Coñeciamos máis a situación doutros países como Brasil, Arxentina, Chile, Nicaragua ou O Salvador. Pero de Colombia tiñamos tamén moi presente un nome xa entón tan mítico para nós como o de Camilo: Medellín. O encontro do episcopado latinoamericano nesta cidade colombiana, era o engaiolante punto de partida da Teoloxía da Liberación, co apoio do episcopado das igrexas latinoamericanas; aínda que pouco sabiamos do feito de que fora precisamente a xerarquía da Igrexa colombiana a que menos apoiou este evento fundamental, malia ter sido no seu territorio.
Camilo era un símbolo: unha referencia e un ideal para uns, e un demo para outros. Non nos fascinaba o Camilo co fusil, pois moitos pensabamos que a inxustiza e a violencia institucional non se ían a cambiar coas armas, do mesmo xeito violento, e pensabamos que había que romper a espiral de violencia sen métodos violentos. Pero fascinábanos o Camilo do compromiso de liberación radical, antiburgués, que falaba de revolución sen perder a tenrura –como escribiu o Che Guevara–; o Camilo da fe evanxélica e da súa identidade sacerdotal renovadora. O seguidor dun Xesús revolucionario; un radical coma el, que vai á raíz e non se anda con componendas, que critica os sepulcros branqueados e está claramente cos máis pobres.
Tardamos en coñecer o proxecto de “amor eficaz” de Camilo –chave do seu pensamento- e os seus escritos; pero estabamos convencidos de que a súa aposta radical, revolucionaria, era un dos xeitos máis honestos de seguir a Xesús de Nazaret e vivir o espírito do Evanxeo: cambiádeo todo, buscade o imposible. Estabamos convencidos de que –como elaboramos mellor anos despois- non só outro mundo, outra sociedade e outra igrexa, “é posible”, senón que este mundo, tal como o estabamos a facer, “é imposible”, pois non ten futuro para a maioría da xente, para a maioría dos fillos e fillas queridos de Deus.
Camilo Torres, cura comprometido, activo profesor da Universidade Nacional de Colombia, activista social e político, e finalmente, por moi breve tempo, membro do Ejército de Liberación Nacional (ELN), chega a escribir: “Tuve que despojarme de la sotana, para poder ser un verdadero sacerdote; el deber de un católico es ser revolucionario y el deber de cada revolucionario es hacer la revolución”. Un anónimo prologuista das súas obras escribe:
Contra lo que pretendía la prensa reaccionaria
de Colombia, que respiraba a fondo sobre
el ‘ex-cura bandolero muerto’, Camilo Torres
no es un pasado bajo una tierra anónima sin
flores… Camilo Torres es una causa, la causa
de América Latina.
De xeito semellante, Castelao escribira a finais dos años 30, ao pe dun dos seus impresionantes debuxos de Atila en Galicia: “Non enterran cadavres, enterran semente”.
O anónimo prologuista, segue:
Camilo Torres sucedió en el país y en la Iglesia
de Colombia. Alguien dijo que sólo en Colombia
podía suceder. Por la compacta e inmovilista
tradición católica de aquella nación; por la
sumisa dependencia que esa tradición ha venido
imponiendo sobre las clases desposeídas;
por el rotativo juego de poderes, siempre oligárquicos,
de las manos de los liberales para
las manos de los conservadores; por la consustanciada
apariencia de democracia en que vive
Colombia, justificando la situación de penuria
en que malvive el pueblo colombiano.
CAMILO TORRES RESTREPO, UN CURA QUE FIXO UNHA OPCIÓN DE CLASE
Camilo Torres (Bogotá 1929), de extracción social burguesa, unha boa familia dun medico e profesor da Universidade, foi nos primeiros anos -como Carballo- un sacerdote privilexiado polos seus superiores, profesor universitario formado en socioloxía e teoloxía en Europa, creativo e solicitado periodista, orador de masas… pero Camilo traizoa abertamente a súa clase, deixa a sotana e pásase ao lado do pobo dos suburbios e fábricas de Bogotá, que fora coñecendo a fondo con visitas e traballos de campo cos seus estudantes da universidade, e as “veredas” campesiñas (coma as nosas aldeas e parroquias rurais), en fin, a carón das forzas da revolución. E morre na montaña, extra muros, coma un excomungado, baixo as balas do orde “lexitimamente establecido”, coma o Nazareno. Camilo fixo un amplo e severo diagnóstico da Igrexa e da sociedade colombiana: a xerarquía e o clero colombiano -alleos segundo el ás esixencias da xustiza social e a demanda evanxélica do Mestre, e que el chega a cualificar logo como “a máis atrasada del mundo”-,e as “25 familias millonarias” da oligarquía colombiana, que nunca poderían perdoar a traizón de clase dun fillo da burguesía bogotana (o seu pai era un reputado médico e profesor da Universidade).
Tras dos anos de estudio no seminario de Bogotá, que seguiron á súa carreira de Dereito abandonada polos estudos de Filosofía e Teoloxía, Camilo ordénase sacerdote en 1954 e vaise á reputada universidade de Lovaina (Bélxica), onde fai a licenciatura en Socioloxía (1954-1958); a súa tese de grao levaba por título Una aproximación estadística a la realidad socioeconómica de Bogotá, publicada pouco despois no seu país De volta ao seu país en 1959, a súa rexa fe cristiá converterase en urxencia práctica, en tarefa histórica de militante, que o levará a un compromiso cada vez máis radical. Apoia activamente a causa dos pobres e da crlaicalase traballadora; capelán e profesor da Universidade Nacional en Bogotá, é cofundador con Orlando Fals da súa Facultade de Socioloxía en 1961, da que é nomeado para o Consello Directivo e encargado das cátedras de Socioloxía Urbana e Metodoloxía do Traballo. É tamén membro fundador e presidente do Movemento Universitario de Promoción Comunal (MUNIPROC), que segundo a súa intención pretende vincular aos estudantes coa realidade dos sectores máis deprimidos da sociedade. Realiza, xunto con profesores e estudantes, programas de acción comunal en barrios populares de Bogotá. En xaneiro de 1962 é nomeado tamén Profesor-Decano do Instituto de Administración Social da Escola Superior de Administración Pública (ESAP).
Pouco a pouco, Camilo vai crendo e manifestando que para asegurar a xustiza social, os cristiáns teñen a obriga de participar na política, e aínda máis na loita armada. Funda o “Frente Unido del Pueblo”, un movemento de oposición á coalición dos partidos Liberal e Conservador, que busca ser unha Plataforma para un movemento de unidade popular que una ás esquerdas para ser verdadeira alternativa de cambio á coalición conservadora. O movemento elabora e edita unha publicación semanal co mesmo nome: Frente Unido, que acada unharan difusión. Camilo encabeza marchas pacíficas cos estudantes, e colabora como brazo político do ELN, ao contactar cos líderes do movemento guerrilleiro, que iniciara as súas actividades en xullo de 1964 e fixera a súa aparición en publico a comezos dese mesmo ano de 1965.
Finalmente, tras moitas discrepancias co seu bispo, solicita a súa redución ao estado laical en xullo de 1965; aínda que el insiste en entrevistas e nos seus últimos escritos que se sinte sacerdote, e que “sempre será sacerdote”. Logo renuncia tamén ao seu traballo como profesor na Universidade, disolve o Frente Unido, vaise á montaña de Santander e enrólase na guerrilla en outubro dese ano. Camilo participa nela coma un membro de baixo rango, dándolle asistencia espiritual e ideolóxica á xente. Morrerá na súa primeira experiencia en combate, o 15 de febreiro de 1966 en Patiocemento (no Magdalena Medio, departamento de Santander); seguramente sen dar un só tiro, pois levaba ó uns poucos meses na guerrilla e era moi malo coas armas, como confesou o seu instrutor. Hoxe sabemos que estaba gravemente ameazado de morte xa antes de irse a guerrilla, e circulaba a idea de que lle planeaban unha morte menos honrosa que esta, un xeito que acabara co súa memoria e o mito que se fora forxando nos últimos anos.
CAMILO TORRES, UN SEGUIDOR DE XESÚS CRISTO E UN HUMANISTA INTEGRAL
Camilo era un humanista integral. Ten dito: “Sen o home, Cristo sería un redentor inútil”; a súa foi unha “encarnación consecuente”. No contacto coa realidade do seu país decátase que “os que aman non teñen fe [relixiosa] e os que teñen fe [relixiosa] non aman”, como chegou dicir. Era a gran contradición do seu país, profundamente relixioso e profundamente inxusto e violento a un tempo; ben pouco fiel ao espírito de Xesús de Nazaret. Por iso, escribe, o sacerdote debe ser “un profesional do amor, a tempo integral”:
Descubrí el cristianismo como una
vida centrada totalmente en el
amor al prójimo; percibí que valía la
pena comprometerse en este amor,
en esta vida, y por eso escogí el sacerdocio
para convertirme en un
servidor de la humanidad.
Si proclamaba que “soamente mediante a revolución é posible realizar ese amor ao próximo”, era porque el esixía un amor eficaz, expresión clave no pensamento de Camilo “A revolución – repetía Camilo- é un imperativo cristián”.
El problema para el cristianismo se presenta
en términos de caridad eficaz; o sea, en términos
de aquello que constituye la primera
prioridad del apostolado en el mundo moderno
y de los países subdesarrollados…
Comprendí que en Colombia no se podía realizar
este amor simplemente por la beneficencia
sino que urgía una revolución con la cual
este amor estaba íntimamente vinculado.
A teoloxía do evanxeo do amor eficaz está nabase do pensamento de Camilo, e é o fundamentoe a motivación do seu radical testemuñocristián. O teólogo colombiano Mario Peressonsinala como aspectos característicos da súa reflexión
teolóxica:
– Unha teoloxía encarnada na realidade histórica
e social, e existencia como amor.
– A Palabra de Deus, inspiración e guía da
súa praxe e da súa teoloxía. Lectura profética
da Biblia, que leva a Camilo a redescubrir
a esencia do cristianismo como
amor eficaz ao próximo.
– A mediación interpretativa e práxica das
ciencias sociais; que el realiza en basea os
seus estudios (cualificación científica) e mediante
o contacto coas realidades socioeconómicas,
aplicando métodos obxectivos. O
cristianismo debe ter a eficacia como parte
dos seus principios, xa que o amor ineficaz
non é máis que unha hipocrisía.
– A praxe política-revolucionaria: encarnación
histórica do amor que busca facerse eficaz.
O amor faise historicamente eficaz mediante a praxe política revolucionaria até as últimas consecuencias. O propio Camilo Torres escribe no primeiro número do xornal que fundou:
Después de la revolución los cristianos tendremos
la conciencia de que establecimos un
sistema que está orientado sobre el amor al
prójimo.
“¡Camilo Torres vive!”, proclaman desde hai anos moitas pintadas en Bogotá e noutros lugares do país. O espírito de Camilo Torres segue ben vivo despois de décadas na Igrexa de base e no pobo colombiano; pero tamén en todo o cristianismo liberacionista latinoamericano. Así o puiden comprobar no ano 2016, nos 50 anos da súa morte, celebrado con numerosos congresos e eventos no país, nos que finalmente se recoñeceu a importancia da súa persoa e do seu legado.