ANTANO Vs (Á)GORA

Manuel González Prieto

Un macuto adverbio de tempo


disposto a liscar (e)
emporcar as mans (e)
remexer na ferruxe (e)
latricar funesto (e)
tocar a defunto (e)
difundir indiscretamente


E o segundeiro


(a)restora ditoso
(a) rentes do pau está disposto
(a) queimar (a) restreba
(a) todo correr(a) piques está de lograr o barullo e
(a)rremete contra si mesmo


A escasos minutos


deu a rev(i)ravolta e
con destino (i)gnoto
desatendeu a predición da s(i)b(i)la
ela r(i) e,
de novo (i)racunda


Orando as horas


(u)le a barbureta
mentres nós (u)rdimos o complot contra o presidente
a (u)nción dos enfermos e
con (u)nto fervemos o caldo


Impasible e atemporal


(o)ra ela, (o)ra seu pai
(o)ráculo

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará