A FEIRA DE ED‐MUNDO. VIAXE AO ENCONTRO COA MEMORIA

Edmundo Moure Rojas
Edmundo Moure en Sada no ano 2008. Falando na casa natal de Ramón Suárez Picallo. Fotografía de Marisa Naveiro
Van cumprirse, en maio de 2018, dez anos dunha das miñas máis importantes viaxes ao encontro coa memoria; un suspiro no fluír misterioso do tempo, mais un lapso significativo para este escriba transeúnte, procurando sen cesar as proxeccións das raíces galegas, a través do tronco do meu pai emigrante, ese neno que abandonara a súa aldea lucense hai noventa e catro anos, para fundar unha estirpe que hoxe integran case dous centenares de individuos. Como afirmei moitas veces, a herdanza do noso proxenitor consistiu en traspasar aos seus oito fillos o amor pola Terra Nai, pero, sobre todo, pola súa lingua e a súa cultura.

Esta viaxe da que falarei aquí foi a Sada, A Coruña, Galicia atlántica, en maio de 2008, con ocasión de presentar o libro La Feria del Mundoescolma de crónicas de Ramón Suárez Picallo, escritas en Chile entre 1942 e 1956. A obra, publicada polo Consello da Cultura Galega, en coidada e fina edición de 410 páxinas, era a culminación dun traballo de longos anos, na hemeroteca da Biblioteca Nacional de Santiago de Chile e no seo do Instituto de Estudios Avanzados da Universidade de Santiago, baixo a iniciativa e supervisión da súa directora, Carmen Norambuena Carrasco, destacada especialista en temas migratorios, historiadora e académica, quen concorrera a un Congreso Migratorio efectuado na Coruña, a inicios da década dos 90 do pasado século. Carmen viaxou entón a Sada, para coñecer a patria de nacenza de Ramón Suárez Picallo, ese ilustre político inmigrante do forzoso exilio español provocado pola Guerra Civil e a derrota da República.

Nesa ocasión, ela manifestou a súa vontade de recuperar a extraordinaria obra xornalística de Ramón, producida durante dezaseis anos en Chile, da que tiña noticia nas súas permanentes indagacións sobre a pegada cultural dese puñado de galegos que escolleron como destino o país máis austral do mundo. No medio deses mesteres, iniciados por ela en 1985, coñecémonos, precisamente na sede do Lar Gallego, onde eu oficiaba como director de cultura e encargado da biblioteca institucional.

Fun convidado por ela a sumarme ao proxecto, en 1998, cando levabamos adiante as xestións para artellar, baixo a tutela do IDEA (Instituto de Estudios Avanzados), un centro de estudos de lingua e cultura galegas, xunto ao por entón novo estudante de Historia, Álex Cornejo Serrano. A tarefa significaba un gran desafío: recuperar dos arquivos virtuais as crónicas, artigos e viñetas que Ramón Suárez Picallo publicara nos xornais La Hora, La Nación e La Opinión, medios de prensa da capital chilena, de El Sur, xornal da cidade de Concepción, e da revista Ercilla. Logo, o lento e meticuloso labor de extraer e fotocopiar o material, clasificalo e levar a cabo unha selección cronolóxica e temática. Culminamos esa etapa no 2005. En forma paralela, a través do desenvolvemento do Programa de Estudos Galegos, establecemos numerosos contactos con amigos e coñecidos de Galicia, con funcionarios da Xunta, como Fernando Amarelo de Castro, Celso Currás, Manuel Regueiro; escritores, profesores e investigadores, algúns deles vencellados ao Consello da Cultura Galega, como Ramón Villares, Xosé López García, Rosa Aneiros, Anxos Sumai, Xosé María Palmeiro; outros, como Luís González Tosar (este poeta arxentino-galego, foi peza chave no propósito de fundar o centro de estudos en Chile), Xulio López Valcárcel, Xavier Alcalá, Ana Miranda, Manolo Beiras, Luís Vaamonde (pido escusas polos nomes omitidos).

Dicíndoo cunha imaxe moi galega: claros afluentes que nos levarían a canalizar o río voluminoso da prosa viva de Ramón Suárez Picallo nun belo libro. Pechabamos así un longo periplo andarego de Ramón, iniciado para nós os chilenos en 1940, e culminado en 1956, recibindo del, con humildade e paixón, a testemuña dunha existencia entregada, sobre todo, ao galeguismo, unha causa de amor pola historia, a lingua e a cultura de Galicia que asumín como tarefa propia, como causa luminosa e motivación cotiá.

Na patria de Breogán atopei sempre os ecos rumorosos de sincera acollida e entendemento, pero en ningún sitio produciuse iso coa intensidade afectiva dos meus amigos e compañeiros de Sada, a quen querería lembrar aquí, na sinxela evocación dos seus nomes: Paco Pita, Lito Pérez, Abel López, Amable Caño, Marisa Naveiro, Rexina Basadre, Xosé Val Díaz, o escultor, Manolo Cotos, Ramón, bisobriño do ilustre cronista Suárez Picallo, e outros que quixese lembrar, aos que expoño as miñas escusas pola involuntaria omisión. Sada é para min, como a bauticei en segredo, “vibrante recuncho republicano”. Alí puiden compartir, á calor dunha nidia amizade, o entusiasmo
e o empeño, sen claudicacións, por facer advir a auténtica democracia, nacida no respecto á diversidade das diversas nacións que integran o Estado Español. Como non lembrar os
encontros, os diálogos interminables ante unha mesa onde gustabamos os incomparables viños e primicias da cociña galega; a faísca retranqueira de Amable, a cordialidade de Paco, o incansable prurito intelectual do mozo Lito, a hospitalaria xenerosidade de Abel, a cálida amizade de Valdi, a solicitude cordial de Marisa e de Rexina…? É imposible, para este escriba, facer debida honra ao recibido na pequena patria de Ramón Suárez Picallo.

Paco Pita e Marisa Naveiro leváronme a coñecer os múltiples recunchos da mariña de Sada, as aldeas veciñas, os lugares dende onde emigraron tantos fillos de Galicia para espallarse polo mundo, pola nosa Sudamérica. Foron días intensos para unha breve e inesquecible estada. Lembrei entón que vinte e tres anos antes tiven a oportunidade e o privilexio de asistir, en Santiago de Compostela, ao Congreso “Rosalía de Castro e ou seu Tempo”, que conmemoraba o centenario do pasamento da excelsa poeta. A exaltación do meu ánimo era agora parecida en Sada, aínda que percibía nela unha especie de maduración reflexiva ante certos resultados tanxibles da miña permanente procura, plasmándose nunha vella e indeleble sentenza: “Non son eu quen vive, son todos os que viven en min”.

Agora, como chileno fillo de pai galego, debo manifestar neste escrito que esta colleita comezou a xestarse hai oito décadas. Para deixalo así establecido, recorrerei a ese mozo amigo con quen comparto as indagacións que ben garda a memoria sobre o fillo pródigo de Sada, un chileno sen raíces xenéticas coñecidas en Galicia, pero quen se namorou dela a través do coñecemento da súa riqueza cultural: Álex Serrano
Cornejo…

…Hoxe académico de Historia e especialista en estudos migratorios, realizou un significativo labor de investigación respecto ao galeguismo en Chile e as súas estreitas relacións coa achega de Ramón Suárez Picallo, considerando as características da emigración galega neste recuncho do mundo e o seu carácter minoritario, en relación co resto das colectividades hispanas. Do seu ensaio “O Galeguismo en Chile, 1940 – 1950”, extraio para os lectores de Areal parágrafos de gran interese e de actualidade na hora presente, cando unha especie de velada ditadura dos medios de expresión peninsulares, coludidos cun sistema socioeconómico nefasto, baixo unha monarquía pseudodemocrática que constrinxe calquera expresión política disidente (caso de Catalunya), pretende impoñer en toda España un criterio de conformismo ideolóxico e social, mediante cortinas de fume legalistas que afoguen as brasas dunha memoria cuxos dilemas e contradicións continúan latentes e sen auténtica solución:

La emigración en Chile, a lo largo de su trayectoria
histórica, nunca superó el 5% de la
población total del país. De ese pequeño
número de inmigrantes, la comunidad que
alcanza la mayor cuantía es la hispana… Al
analizarla, resulta evidente el predominio de
vascos, catalanes, andaluces, extremeños y
castellanos, siendo los gallegos una minoría
que no supera el 10%. En ese sentido, cabe
preguntarse si existieron en Chile manifestaciones
ideológicas o políticas del galleguismo
después de la Guerra Civil española, y cuál fue
el nivel de apoyo de los gallegos residentes.

La comunidad gallega de Chile siguió los patrones
asociativos de sus congéneres an la diáspora,
como Cuba, Argentina y Uruguay, aunque
en menor escala. Las organizaciones generadas
fueron estableciendo una corriente de opinión
favorable a la construcción de una Galicia diferenciada
de la comunidad hispana, pero que
nunca llegó a postular tendencias separatistas.
Es más, sus entidades se declaran hispanistas,
aun cuando escasos elementos individuales optan
por una posición regionalista o nacionalista.

Pero el galleguismo no se hará sentir en tierra
chilena hasta 1940, con la llegada de Ramón
Suárez Picallo y Manuel Celso Garrido, los
cuales, desde la trinchera periodística de diarios
como La Hora y La Opinión, mostrarán a la
sociedad chilena un concepto y una idea de Galicia
absolutamente nuevos para ella.

En el momento del arribo de Suárez Picallo a
Chile, a finales de 1940, los gallegos residentes
sólo contaban con una pequeña organización
llamada Lar Gallego, presidida por Antonio
Pérez González, que reunía a un reducido grupo
de amigos que realizaban parladoiros en el
restaurante La Bahía. Ramón se dio a la tarea
de organizar el galleguismo, el cual nunca se
desarrolló en Chile de manera mayoritaria…
Esto se debió a que los gallegos eran una minoría
dentro de los españoles radicados en el
país… Los éxitos económicos –también circunscritos
a una minoría-, acercaban a la mayor
parte de los hispanos y gallegos “acomodados”
a los grupos dirigentes conservadores de la
sociedad chilena, simpatizantes y colaboradores
con el franquismo…

Pero, que era?, que significaba aquel galeguismo, liderado sen dúbida por Alfonso Rodríguez Castelao, desde o seu exilio en Buenos Aires? Nin máis nin menos que a defensa das particularidades históricas e culturais de Galicia, a preservación comunal e o pleno desenvolvemento literario da súa lingua, a despeito do unitarismo ditatorial de Francisco Franco; en suma, a loita secular pola identidade.

Oitenta anos despois, isto mantense como postura xeral e política subrepticia en todas as institucións hispanas que se acubillan baixo o beirado de Estadio Español de Santiago de Chile. Só os cataláns ostentan unha posición diferente, sendo fieis ao legado da súa historia particular. Hoxe, eles son obxecto de mofa e escarnio polos “ españolistas” sen concesións, fillos, netos e bisnetos da emigración, debido a que sobrevive apenas un puñado de vellos emigrantes, mentres os seus descendentes, xordos ás voces da memoria, viven nunha sorte da burbulla, máis ou menos confortable, que lles depara o sistema.

Suárez Picallo asumió la tarea de generar un
discurso que resaltase las realidades regionales
españolas, en especial la de Galicia, ya sea a
través de sus cotidianas crónicas periodísticas,
o profiriendo conferencias para difundir el conocimiento
de la patria gallega en la sociedad
chilena, especialmente para conmemorar el Día
de Galicia, como la célebre alocución pronunciada
en el Centro Republicano Español (hoy
desaparecido), en 1942, titulada “Estampas de
la Leyenda Jacobea”. En esta labor, su éxito fue
consolidándose poco a poco, llegando a ser reconocido
por la prensa galleguista de Buenos
Aires, que permanentemente publicaba notas
encomiásticas respecto al trabajo de Suárez
Picallo en Chile: ‘…Brillante labor de galleguidad
la que desarrolla Suárez Picallo en aquel
ambiente. La colectividad gallega se hallaba
desorientada, políticamente hablando, y con la
conciencia patriótica adormecida. Y Suárez Picallo,
con artículos y crónicas en los periódicos
chilenos y con su palabra elocuente, obró el
milagro de encender el sentimiento galleguista’

E rematamos esta breve referencia ao ensaio de Álex Cornejo Serrano, con reflexións que ben sintetizan a achega do xenio de Suárez Picallo e a entrega de toda a súa existencia á causa dunha Galicia ceibe, dona en plenitude da súa historia e da súa cultura:

Su labor quedará complementada con su monumental
trabajo en la prensa chilena, que durante
más de una década lo tuvo como columnista
en diferentes medios de la capital y de la provincia.
Al conocido trabajo en La Hora, se agregan
las columnas en los periódicos La Opinión y
El Sur de Concepción, y también en la revista
Ercilla. El denominador común es el carácter
progresista de esas publicaciones, durante una
década favorable a esta tendencia, como fue la
de los 40’, de vocación democrática y humanista,
impulsada de manera significativa por tres
sucesivos gobiernos del Partido Radical chileno,
a cuyo alero se llevaran a cabo epopeyas
notables como la del Winnipeg, el barco de la
esperanza que trajera desde Francia a dos mil
trescientos refugiados españoles.

La segunda gran aportación al galleguismo
realizada por Ramón Suárez Picallo fue la de
constituir, junto con las colectividades vasca
y catalana, la sección chilena de Galeuzca, en
la que participa como delegado chileno junto
con el poeta Manuel Celso Garrido, hecho
que se legitimó con su incorporación al Consejo
de Galicia… Los actos que celebraban
las tres colectividades se hacían con la presencia
conjunta de sus regiones…

Por los éxitos obtenidos en la creación de Galeuzca
en Chile y tras la visita del Gallego Rodolfo
Prada Chamocín, brazo derecho de Alfonso
Castelao en la capital del Plata, en diciembre
de 1944, comienza a destacarse la labor galleguista
desarrollada por Suárez Picallo en tierra
chilena, de la cual se hace eco, desde Buenos
Aires, A Nosa Terra.

Teño nas miñas mans un exemplar de La Feria del Mundo, editado a comezos do 2008 polo Consello da Cultura Galega, escolma debida á certeira selección de Rosa Aneiros e Xosé López. Na primeira anteportada destacan tres dedicatorias que me honran e emocionan: as de Xosé Neira Vilas, Avelino Pousa Antelo e Isaac Díaz Pardo, cuxo facsímile inclúo neste artigo. Avelino escribiu a data, 30 de maio de 2008, en que os tres ilustres galegos rubricaron o libro.

Exemplar de La feria del mundo dedicado a Edmundo Moure por X. Neira Vilas, A. Pousa Antelo e I. Díaz Pardo (fotografía cedida por E. Moure) e unha imaxe do momento en que a dedicatoria foi escrita (fotografía de M. Naveiro)

Ese día presentamos a obra no Centro Cultural de Sada. Concorrín, xentilmente convidado por Abel López Soto, naquel momento alcalde da vila, e por Paco Pita, directivo da Asociación Irmáns Suárez Picallo. Ademais dos xa nomeados, estaban Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e outros distinguidos representantes da cultura galega e das forzas vivas da comunidade de Sada,

Que máis podería agregar este viaxeiro do Último Reino? A palabra “grazas” e o propósito de volver a Sada, cos meus recordos, as miñas palabras e os meus libros debaixo do brazo. Xa non será unha travesía máis, senón o regreso dun fillo que fixo súa a pequena e doce patria de Ramón Suárez Picallo.

Que así sexa.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará