Vanesa Santiago Vázquez
O ceo está cuberto
O sol brilla sobre o mundo enteiro
Que ía importar
A guerra estalou en Iraq
Hai xa tempo e tempo
e días e días
o ceo está cuberto
e o sol brilla
E os furacáns e terremotos
e a fame negra e núa
e unha semente de odio
sementada en terra húmida
que os xardineiros enchoupan
todos os días
As mans claman xustiza
As tristes nais
soñan co paraíso
Elas queren estar alí
a carón dos seus fillos
O ceo está cuberto
O sol brilla sobre o mundo enteiro
E penso: que problema hai?
Todos estamos tolos
Todos ficamos sós
E todos os pequenos paraísos
agardan por nós
e esperan cada día
a nosa chegada