EDUARDO PONDAL, TRADUCIDO Ó CASTELÁN POR EMILIA PARDO BAZÁN

Yago Rodríguez Yáñez

Resulta obvio que a poesía de Eduardo Pondal constitúe un dos cumios da literatura galega, mais quizais sexa menos coñecido o feito de que Emilia Pardo Bazán traducise ó castelán dúas composicións do bardo de Ponteceso, co epígrafe “Baladas gallegas de Eduardo Pondal, libremente traducidas”.

En concreto, dona Emilia decantouse por verter ó castelán os poemas “La doncella” e “La vuelta al hogar” (“A volta ó eido”), os cales foron publicados en El Heraldo Gallego (10-3- 1878: 109) e haberían de recibir unha xenerosa acollida polo seu autor orixinal, segundo sabemos pola epístola de Pondal dirixida a dona Emilia en sinal de agradecemento:

Mi muy distinguida y simpática amiga: quien
así interpreta los sentimientos de los demás,
ciertamente posee un talento y una penetración
no comunes. La traducción que V. ha
hecho de mis efímeras poesías no sólo expresan
perfectamente el espíritu de que están
animadas, sino que (me complazco en decirlo)
sobrepujan al original; pues me hace decir
cosas que he sentido quizás, pero que no he
podido decir por hallar insuficiente la palabra.
(vid. Freire López, 1991: 21)

Recollemos a continuación as dúas baladas do escritor galego, traducidas por dona Emilia, as cales non adoitan reproducirse con asiduidade, e moito menos se sinala a páxina do xornal na que constan:

A maiores, dona Emilia traduciría diferentes seccións das composicións pondalianas ó francés –tal e como recolle no seu estudo adicado ó autor de Ponteceso en Les Matinées Espagnoles (1887: 327)–3, entre as cales se conta o comezo de “Salvage val de Brantoa” (vid. Pondal, 1995: 28).
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará