Rafael Carballeira Coego
O
estudo dos poríferos de auga doce na Península Ibérica iniciouse a partir das
últimas décadas do século XIX e incrementouse durante o século XX, aínda que de
forma dispersa e limitada a citas presenciais, ata a gran revisión e síntese do
seu coñecemento realizada por Traveset (1985, 1986).

O achado da especie Racekiela ryderii (Potts, 1882) no lago de Doniños (Ferrol)
constitúe o primeiro rexistro e a única poboación coñecida desta especie na
Península Ibérica. Esta poboación sitúase no límite meridional da distribución
da especie no continente europeo, e a súa rareza xustifica a incorporación no
catálogo galego e nacional de especies ameazadas. Neste pequeno artigo
adiántanse algúns resultados que serán publicados proximamente nunha revista
científica internacional sobre Racekiela
ryderii (Potts, 1882) na Península Ibérica,
onde se demostra o carácter autóctono da mesma en base aos datos
paleoecolóxicos (Carballeira, enviado para a súa publicación). Material de
referencia foi depositado no Natural History Museum of London (NHMUK POR 2017.4.5.1-2)
e o Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid (MNCN 1.01/1008-1011).

Racekiela ryderii (Potts, 1882) forma colonias de cor amarelo
crecendo sobre a vexetación acuática sumerxida no lago de Doniños (Fig. 1a). O corpo
da esponxa está composta de megascleras (175.6-421.7 μm) de tipo oxea
lixeiramente curvas e coa superficie cuberta de pequenas espiñas (Fig. 1b-c).
As microscleras están ausentes. As xémulas (187.4-425.5×10.0-21.3μm), formas de
reprodución asexual, son subesféricas co foramen do micrópilo pouco aparente
(Fig. 1d). A teca (cuberta exterior) das xémulas está composta por xemoscleras
de dúas tipoloxías (Fig. 1e): xemoscleras birotuladas (34.2-60.5×3.2-10.4μm)
(Fig. 1f -h), e xemoscleras pseudo-birotuladas (36.2- 62.4×6.0-12.1 μm)
provistas de ganchos recurvados (Fig. 1i-l). En relación á identidade desta
especie poden confrontarse os resultados obtidos (Fig. 1) consultando Potts
(1882), Stephens (1920), Penney e Racek (1968), Oakland e Oakland (1989, 1996),
Pronzato e Manconi (2001).

Figura 1. Fotografías da especie Racekiela ryderii (Potts, 1882) atopada no lago de Doniños: a) Imaxe macroscópica (escala = 1 cm); b-c) Megascleras (escala = 20 μm); d) Xémula,vista superior (micrópilo e foramen) ao microscopio electrónico de varrido (escala = 50 μm); e) Detalle da cuberta exterior das xémulas; f-g) Xemoscleras birotuladas; h) Vista superior das rótulas das xemoscleras birotuladas; i-l) Xemoscleras pseudo-birotuladas (escala = 10 μm).
A distribución da especie é anfiatlántica, a súa presenza
é ampla no leste de Norteamérica mentres en Europa é unha especie de
distribución pouco frecuente ou rara (Penney e Racek, 1968; Pronzato e Manconi,
2001), claramente restrinxida á franxa atlántica europea: Noruega, Illas Feroe,
Escocia, Irlanda, e actualmente tamén en Galiza (Figura. 2).A bioxeografía da
especie está determinada pola afinidade das súas características ecolóxicas e
as ambientais, e que reflicte a vinculación entre a área atlántica europea e
Galiza.Esta especie é propia de sistemas acuáticos tanto lénticos como lóticos
de augas ácidas, pouco mineralizadas, con niveles medio-baixos de calcio e
baixos niveis de nutrintes (Jewell, 1935, 1939; Harrison, 1979; Oakland e
Oakland, 1989, 1996), o que se corresponde en boa parte coas características
químicas xerais das augas continentais galegas e concretamente coas do lago de
Doniños (Ferrol).

Figura 2. Distribución da especie Racekiela ryderii (Potts, 1882) en Europa.
Agradecementos
O estudo sobre
esta especie en Galiza foi financiado na súa maior parte polo autor.Grazas ao
Dr. Roberto Pronzato (Professore de Zoologia, Università di Genova) e a Dra.
Renata Manconi (Investigadora da Università Sassari), especialistas a nivel
europeo en poríferos de auga doce pola confirmación do diagnóstico desta
especie. Á Dra. Anna Traveset Vilagines (Mediterranean Institute of Advanced Studies,
CSIC-UIB) pola súa axuda na achega de información sobre os poríferos ibéricos.
E grazas aos Prof. Roberto Bao Casal (UDC), Xosé Lois Otero Pérez (USC) e Ramón
Blanco Chao (USC) pola súa inestimable axuda no seguimento ambiental, ecolóxico
e estado de conservación desta especie en Galiza.

Referencias
Harrison F.W. 1974.Sponges (Porifera: Spongillidae). In: Hart C.W. Jr.,
Fuller S.L.H., Eds. Pollution ecology of freshwater invertebrates, Academic Press,
New York, pp. 29-66.

Jewell M.E. 1935. An ecological study of the freshwater sponges
of Wisconsin. Ecological Monographs, 5(4): 461-504.

Jewell M.E. 1939. An
ecological study of the freshwater sponges of Wisconsin, II. The influence of Calcium.
Ecology, 20(1): 11-28.

Kalff J. 2003. Salinity and Major Ion Composition of
Lakes and Rivers. In: Kalff J. editor. New Jersey: Pretince Hall. pp. 592.

Okland
K.A., Okland A. 1989. The amphiatlantiv freshwater sponge Anheteromeyenia
ryderii (Porifera: Spongillidae): taxonomic-geographic implications of records
from Norway. Hydrobiologia, 171: 177-188.

Okland K.A., Okland A. 1996.
Landsoversikt over funn av ferskvannssv amper (Porifera: Spongillidae) i Norge –
En Database. Laboratorium for ferskvannsokologi og innlandsfiske (LFI),
Zoologisk Museum, Universitetet i Oslo. 30 pp.

Penney J.T., Racek A.A. 1968.
Comprehensive revision of a worldwide collection of freshwater sponges
(Porifera: Spongillidae). Bulletin of the United States National Museum, 272:
1-184.

Potts E. 1882. Three more Fresh-water Sponges. Proceedings of the
Academy of Natural Sciences of Philadelphia, 1882(1): 12-14.

Pronzato R.,
Manconi R. 2001. Atlas of freshwater sponges. Annali Museo Civico di Storia
Naturale Ferrara, 4: 3-64.

Stephens J. 1920. The freshwater sponges of Ireland.
Proceedings of the Royal Irish Academy 35 (B): 205-254.

Traveset A. 1985. Contribució al
coneixement de les esponges d´aigua dolça a la Península Ibérica. Facultad de
Biología. Universidad de Barcelona. pp. 87.

Traveset A. 1986. Clave de
identificación de las esponjas de agua dulce de la Península Ibérica. Claves de
Identificación de la Flora y Fauna de las aguas continentales de la Península
Ibérica. Asociación Española de Limnología. pp. 25.