MEMORIA DE ACTIVIDADES

Marisa Naveiro López
O
día 14 de outubro reunímonos como ven sendo habitual no cemiterio de Fiunchedo con
motivo do 52 aniversario do pasamento de Ramón. O mesmo día presentamos na
capela o número 13 da revista
Areal, que homenaxea ao noso amigo e Socio de Honra
Manuel Couzo, falecido na Arxentina no pasado mes de setembro. A nota lúdica do
acto pona o grupo Os Parabéns de A Coruña con un repertorio de música
tradicional. 

Actos celebrados o 14 de outubro no Fiunchedo e na capela de San Roque

No mes de novembro presentamos o libro Querido Eduardo, coordinado polo periodista e poeta Antón Lopo, e
que recolle as cartas que Ramón Suárez Picallo lle remitiu a Eduardo Blanco
Amor. Tamén Esperanza Mariño Davila achegou o seu estudio a dita
correspondencia. 

Antón Lopo e Esperanza Mariño na presentación de Querido Eduardo. Fotografías de M. Naveiro


Así mesmo, en novembro fomos coñecer o Mosteiro de Bergondo,
nunha visita guiada por Rubén Aramburu, o párroco. Foi un enorme pracer escoitar
a historia de forma tan amena e rigorosa nese marco inigualable. 

A praia de Sada, a súa orixe, natureza e características, é o título da charla na que presentou tres Cadernos de Estudos Locais o seu autor Rafael Carballeira Coego, que traballa
no departamento de Botánica da USC: “A praia de Sada-1: area, fango e orixe
xeomorfolóxico”, “A praia de Sada- 2: Evolución histórica recente da praia de Sada
(1910-2016)” e “A praia de Sada-3. Natureza”. Moi interesante e de máxima actualidade. 

En decembro, na OMIX, presentamos o libro Vinte fragmentos de mocidade voraz, co seu autor Tito Pérez, e a participación de
José Erre, funambulista da conversa. 

Ao cemiterio de Boisaca achegámonos unha
vez máis para lembrar ao ilustre Isaac Díaz Pardo con motivo do V aniversario do
seu pasamento. Dito acto, organizado pola Academia Real Isaac Díaz Pardo, conta
coa participación e lectura de textos e poemas de distintas personalidades e
artistas. A nosa Asociación súmase a acto e tratará como 
outras veces de recoller
as intervencións e publicalas nun
Caderno
de Estudos Locais
. 


En febreiro falamos
de viño con Germán Rodríguez Salgado, e achegámonos aos factores que determinan
a súa calidade. Foi na Capela de San Roque. 

Tamén en febreiro ten lugar a
asemblea xeral da nosa asociación, o día 17 na OMIX. Dáse conta da memoria de
actividades do ano que pasou, das finanzas, subvencións, dos proxectos, así
como das modificacións na directiva, novos membros, etc. 

Nos actos do Día da
Muller 2017 en Sada, colaborando coa Concellaría de Igualdade, ten lugar unha
mesa redonda na que participan, ademais de Ana Sastre que inaugura unha
marabillosa exposición de mulleres na Historia: “Matriarcas”, Lola Ferreiro,
activista feminista, e representantes dos grupos políticos municipais. Polo PP,
María García Freire, polo BNG, Laura Rodríguez, polo PSOE, Raquel Bolaño e por
Sadamaioría, Rexina Basadre. 

Arriba: Ana Sastre presnetando a súa exposición Matriarcas e Isabel Reimúndez abrindo o acto. Participantes na mesa redonda posterior en torno ao Día da Muller.


Continuando cos actos en torno ao día da Muller, e
tamén colaborando coa Concellaría de Igualdade, organizamos un acto no que se deu
a coñecer a figura de Mimina: Carmen Arias de Castro, e no que interviñeron
Isabel Reimúndez (concelleira de Igualdade), Paco Pita (en nome da Asociación),
Carolina Díaz (neta de Mimina), Carmen Blanco (escritora) e o alcalde Benito
Portela, que lle entregou á familia o título póstumo de Filla Adoptiva de Sada,
cumprindo o acordo da Corporación anterior que por unanimidade aceptou a
proposta de Manuel Pérez Lorenzo, cando era concelleiro do BNG. O Salón de
Plenos do Concello de Sada, acolleu o acto, que resultou moi solemne. Ao remate
do acto repartiuse o
Caderno
de Estudos Locais
nº24: “Mimina: Unha
vida ao servizo da Cultura Galega”.


Acto de entrega a Carmen Arias do título póstumo de Filla Adoptiva de Sada. Carolina Díaz, neta da
homenaxeada, coa escritora Carmen Blanco e o alcalde Benito Portela con Camilo Díaz, fillo de Mimina e Isaac. Fotografías de M. Naveiro
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *