Xesús Torres Regueiro
Comecemos
por dicir, como aviso para lectores despistados ou desorientados polo título,
que o que aquí tratamos non ten nada que ver coa emigración mais si,
unicamente, coa literatura.

Grecia
foi unha revista de literatura, así dicía o seu
subtítulo, que apareceu en Sevilla o 12 de outubro de 1918. De orientación
modernista nun principio, foi pouco a pouco acollendo á maioría dos poetas
vangardistas de entón, converténdose nunha precursora do movemento ultraísta,
chegando a proclamarse “órgano del movimiento ultraísta español”.Este movemento
estético deixou a súa pegada en revistas que floreceron (e axiña murcharon)
entre os anos 1920 e 1925, antecedendo á chamada Xeración do 27: Cervantes,
Reflector,
Ultra, Tableros,
Horizonte,
Plural,…
son algunhas das máis importantes. Algunhas achegas nesa liña estética tiveron
tamén acollida nalgunhas revistas galegas como Alfar e
Ronsel.

O fundador e director de Grecia
foi o poeta Isaac del Vando Villar e o redactor
xefe o tamén poeta Adriano del Valle, sevillanos ambos os dous.

A revista
publicou fundamentalmente poesía, pequenos ensaios, traducións de franceses e ingleses
e de clásicos latinos e árabes. Na revista colaboraron moito, ademais dos
citados director e redactor xefe, César A. Comet, Rivas Panedas, Gerardo Diego,
Cansinos-Asséns, P. L. Gálvez e nos últimos números os irmáns Norah e Jorge
Luis Borges, a primeira como estupenda gravadora.

Grecia acadou
un total de cincuenta números publicados (a numeración da revista é en números
romanos), desaparecendo cando cumpre o segundo aniversario, nunha interrupción anunciada,
e cun número dedicado, curiosamente, a Sevilla. Semella como se os promotores sufriran
morriña, logo de ter trasladado a revista a Madrid dende o número XLIII.

A
estética da portada da revista, unha Minerva encaixada nun pórtico grego, de
primeiras, trocada logo por unha ánfora helenística, non encaixaba ben co cariz
que foi adoptando a revista. Quizá por iso, a partir do número XIX, e segundo a
publicación foi entrando nunha órbita máis vangardista, incluíron a carón da ánfora
unha lata de aceite de automóbiles, que co tempo decidiron darlle máis destaque
incorporándolle un fondo negro.

Nos últimos números publicaba esta especie de
aviso para navegantes, todo en letras maiúsculas: “En Grecia no colabora ningún
académico de la lengua ni ningún comentarista de Cervantes”.

As vangardas, en
xeral, trouxéronlle aire fresco á literatura, aínda que houbo casos e achegas
que resultan graciosos e mesmo patéticos vistos hoxe. E en Grecia hai
varios destes.

Foron varios os galegos que colaboraron, alomenos unha vez, na
revista Grecia: Goy de Silva, Evaristo Correa-Calderón, Xavier
Bóveda, Eugenio Montes, Álvaro Cebreiro, Valle- Inclán e Vicente Risco.

O
primeiro galego que atopamos en Grecia
é Ramón Goy de Silva (Ferrol, 1888-Madrid, 1962),
quen no número VI publica o seu único e breve poema nesta revista:

INVIERNO
Con
su carga de nieve
su carga de nieve
ha llegado el invierno…
¡SOLO HAY CALOR EN EL
[CEMENTERIO!
Sen
comentarios.
comentarios.
Goy de Silva foi autor teatral con certo éxito a comezos do século
XX, poeta que cantou a “las viejas rameras”, a Judith, a Salomé, e ata ás vítimas
de Monte Arruit.

Evaristo Correa-Calderón (Neira de Xusá, 1899-Póvoa de Trives,
1986) polos anos vinte, mentres estivo vencellado ao galeguismo, publicou algunhas
obriñas en galego: “Luar (contos galaicos)” (1923), “Conceición sinxela do ceo”
(1925), “Margarida, a da sorrisa de aurora” (1927) e “Ontes” (1928). En 1924
fundou en Lugo a revista de arte Ronsel, da que el era director literario e Cebreiro o
artístico. Abandonaría logo o cultivo do galego, que xa simultaneaba co
español, aparecendo en 1936 como xefe da Falanxe en Lugo1. Logo exerceu o
ensino en Madrid ata a xubilación, dedicándose tamén á edición crítica de
autores españois e á publicación de libros de texto. Segundo Carballo Calero (Historia da literatura galega contemporánea), “a súa carreira de escritor en galego foi
interrumpida a pouco de encetarse” e a maioría das obras citadas están escritas
con “ortografía aportuguesada”.

Correa-Calderón, asinando así sen o nome, comeza
a colaborar en Grecia no segundo número co poema “Motivos sencillos”.
Volve facelo no número VII co poema “El elogio de los senos en flor”, que
comeza deste xeito:

Senos en flor,
yo os amo con fervor
porque sois exvoto en
el altar de Amor.
el altar de Amor.
Despois dunha definición do amor, escasamente espiritual: “El
Amor no es más que eso:/ la caricia y el beso/ y el ansia del poseso”; Correa continúa
a cantar os seos fragantes, encendidos, agochados, arumados, rosados… No “Envio
final á Traviata gentil” pídelle o poeta que desate “con ritmo, en mi honor, /
tu veste y muestra el albor/ de tus senos en flor.”

No número IX dedícalle o soneto
“El nocturno lírico” “A Cansinos-Asséns, Sacerdote y Maestro de normas”, quen
xa as estaba a impoñer na revista dende a súa primeira colaboración e
decantándose cara o ultraísmo, movemento que logo abandonará.

Outros dous
textos publicará Correa- Calderón na revista: “Los poemas inconscientes” no
número XIV, onde o poeta se pon filosófico, e no número XXI o contiño “La
hetaira loca”.

O poeta ourensán Xavier Bóveda (Gomesende, Ourense,1898- Madrid,
1963), que nunca publicou unha liña en galego, colabora en Grecia con vinte
anos, reclamándose ultraísta. Así, é un dos asinantes do manifesto a prol do “ultraísmo”
que aparece na revista xa no número XI do 15 de marzo de 1918.

Antes, no número
V publica o poema “El alma y el nocturno” con este comezo: “Alma, / ten calma,
/ espera; / el dolor no es eterno, /¡que aún después del invierno / torna la
Primavera!”.

Bóveda é protagonista do relato que Pedro Luis de Gálvez publica
en Grecia no
número XII (1 abril 1919), “Cansinos-Asséns, Xavier Bóveda y la domadora de
leones”. Disque Bóveda, “el poeta de más luminoso talento de que podamos
ufanarnos hoy”, segundo este excéntrico personaxe, presentaralle unha domadora de
leóns que Xavier coñecera en Ourense e coa que Gálvez finalmente non conxeniou
porque créndose un león, a domadora tratouno “como a un tití”. Xavier
devólvelle a Gálvez o detalle co poema “A Pedro Luis, en Sevilla” no número XVI,
pois “Pedro Luis, que ya no bebes, / que escribes mucho, y que ya / haces todo
cuanto debes, / hoy mi alma hacia ti va.”

Gálvez, que estivera en Sevilla na
festa do Ultra que organizaron os de Grecia
e remataba de ter unha “cuestión de honor” cun
xornalista, dedícalle con humor a Bóveda un poema “Para su libro ´Los poemas de
los pinos`/ (¿Me das un poco de resina, Xavier?)”. Este, xunto cun poema de
Bóveda, dun libro próximo a publicarse, aparecen compartindo páxina no número
XXII.

O libro de Xavier, o máis coñecido dos seus, aparecerá en 1920. Antes,
moi noviño, xa publicara un par de poemarios. No número XXV o mesmo
Cansinos-Asséns publica un texto “Para Los poemas de los pinos, de Xavier Bóveda”.

Xa afiliado ao novo movemento estético, os poemas de Bóveda aparecen baixo o
rubro “Poemas del Ultra”. No número XIII publica “Un automóvil pasa”, con moita
onomatopeia: Trrrrrrrrr Trrrrrr, Po-po-po-pöe, Ro-ro-ro-roro, íííííííí, e así.
Nesta liña aparece no número XXIII “La plástica del ambiente”, de comezo
onomatopeico: “R-r-r-r-r-r-r-r-r-r…. Tranvías, coches autos…”

Bóveda
emigrou a Bos Aires en 1923 e continuou dedicándose á poesía e publicando
diversas obras, ademais de colaborar en varias revistas.Durante un tempo foi un
poeta “social”: frecuentador de salóns e moi de escribir e asinar en abanos de
señoras.

Eugenio Montes (Bande, 1897-Madrid, 1982) comeza a colaborar en Grecia no
número XVI: “Ultra Poemáticas esquematizaciones fantasistas. Atardecer en New-York”
e vai dedicado ao seu paisano Vicente Risco. A ritmo de DO RE FA remata “Ante
la indiferencia de los espectadores, las trompas epilépticas insisten: -DO RE
FA”. E os lectores rematamos a lectura tamén indiferentes.

As Poemáticas
esquematizaciones fantasistas continúan no número seguinte, un conxunto de frases
soltas sen conexión, e no XIX co poema “Noviembre”. No XXIV asina Montes dous
poemas: “Noche” e “La luna”.

“Poematizaciones ultraicas. Paisaje versiespacial”,
no número XXVI, de carácter caligramático, ou o “Poema N espacial”, no número seguinte,
son máis atrevidos na forma, empregando frases en letras maiúsculas,
disposicións inclinadas das frases…

No número XXXV publica “Paisaje”, que nos
deixa esta incríbel imaxe atlética: “¡Qué músculos los del discóbolo / que
arrojó al cielo el Sol!”. No número XL dous poemas curtos: “Mañana de sol”,
cando “El jardín taciturno es de clases pasivas”, e “Tarde de otoño”.

No número
XLI publica “Gavilla lírica”, dedicado ao chileno Jacques Edwards e no que
especula con “El día del triunfo del bolcheviquismo…” Mais o que trunfou
nesta España lacerante foi o franco-falanxismo e Montes xa estaba anotado dende
primeira hora para portar a camisa azul, botando cara ao sol o resto da súa
vida.

Pódese dicir que Montes seguiu a colaborar en Grecia ata
o final da revista. No nº XLII, no que perde a lata de aceite de automóbiles, aparecen
dous pequenos poemas: “Ella” e “Pueblo” e no seguinte outros dous: “El día redondo”
e “Hoy leí la copa de una acacia”. Por último, no número XLIX, Montes publica
outro pequeno poema que comeza: “Yo recogía plumas de canciones heridas”.

No “Álbum
de retratos Madrid- París” que foi publicando Guillermo de Torre (impulsor,
teórico e historiador dos vangardismos literarios) nos números finais da revista,
aparece retratado o ourensán deste xeito:

«EUGENIO MONTES.– Muy atmosférico, este
futbolista verbal actúa también, como prestidigitador ideológico en las noches de
gala de nuestro gran circo ultraísta. Y lanza cohetesseñales entre el brumario
intelectivo zodiacal. Su temperamento, de voluble enamoradizo, le hace aparecer
hoy como el amante de corazón de Dadá.»

Nos
anos de achegamento ao galeguismo, Montes publicou un libriño de contos (“O
vello mariñeiro toma o sol e outros contos”, 1922), un de poemas (“Versos a tres
cas o neto”, 1930) e un ensaio (“Estética da muiñeira”, 1923), os tres en
lingua galega, que logo abandonaría definitivamente.

Do mesmísimo Vicente Risco
(Ourense, 1884 – 1963), que viña de abandonar a teosofía polo nacionalismo das
Irmandades da Fala, publícase no número XXXV un pequeno texto en prosa, “El
anticuario”. A seguinte e derradeira entrega de Risco é o poema “Bambalinas”,
que dedica “A mi entrenador Eugenio Montes”.

O mesmo Risco contraditorio que
uns meses despois aconsellaba ao mociño Manoel Antonio sobre os diferentes “ismos”,
dicíndolle que a revista Grecia
“Vale ben pouco” e cunha curiosa xustificación da
súa dedicación a estas cousas:

Eu non son partidario de ningunha d´estas escolas.
Fago poemas d´estos “pour l´Espagne et le Maroc” e mándoos â revista Grecia
porque son amigo do Direitor, Ysaac del Vando-Villar, un rapaz andaluz, de raza
xudía, que non entende de nada d´esto, senon que se dedica â compra -venta
d´antigüedades… Hoxe, os galegos escribindo no noso idioma, principiamos a
nos abrir camiño no mundo, sen necesidá d´andar buscandolle cinco pés ô gato
con ismo de ningunha clás. Mais como compre qu´esteamos enterados de todo, que
non sexamos alleos ô mundo d´afora, por iso me teño dedicado a espallar isas cousas
na nosa Terra (Carta datada en Ourense o 15-X-1920. Manoel-Antonio: III
Correspondencia. Edt Galaxia, Vigo, 1979, páx. 76).

Cando se cumpre o I aniversario da revista (nº
XXIX, 12-X-1919) publica un novísimo Álvaro Cebreiro (A Coruña, 1903-1956) – quen
daquela alternaba debuxos e poemas– o seu “Ensayo” poético, cun comezo e remate
onomatopeico:

Tit-tat-, tit-tat, tit-tat…
ES EL TIEMPO QUE PASA!
Cebreiro
tiña apenas dezaseis anos e resulta curioso que a isa idade estivese preocupado
polo tempo. Este, que nós saibamos, foi o único poema que publicou en español.
Nese mesmo ano as súas preocupacións vanse dirixir cara o nacionalismo das
Irmandades da Fala e a plástica, publicando algunhas caricaturas en A Nosa Terra e realizando unha precoz exposición que lle
patrocina a Irmandade da Fala na Coruña. Co tempo consagraríase como grande
caricaturista e debuxante humorista.

Valle-Inclán (1866 – 1936), a quen César
A. Comet lle dedicara un soneto iconográfico de escasa calidade, aparece cunha
única colaboración cara o final da vida da revista: o poema “Estética de la
mujer de color”, no número XLVIII do 1 de agosto de 1920.

Nun apartado de
noticias refírense a esta colaboración:
noticias refírense a esta colaboración:
«El mágico príncipe de la lírica novecentista, el
sutil y hechizado Ramón María del Valle- Inclán, espontáneamente y sin
requerimiento ninguno, avalora hoy las columnas de GRECIA con la publicación de
su poema ultraísta, “Estética de la mujer de color”.

Aunque un poco rezagado y
tardío, Valle- Inclán ha sido siempre simpatizante y uno de los pocos espíritus
que nos han comprendido y que han tenido para nuestro apostolado palabras
alentadoras y una sonrisa amable…

Los ultraístas, persuadidos de la importancia
y trascendencia que, para nuestra causa, simboliza el gesto del señor del
Caramiñal, colaborando con nosotros, iconoclastas y rebeldes, le reconoceremos
siempre como a un contemporáneo y magnífico poeta del ultra.»

No seguinte número, e derradeiro, Francisco Vighi
remata o seu poema “Tertulia” aludindo precisamente ao don Ramón das barbas de
chivo:

Discusión sin fin
Sobre si es ultraísta Valle-Inclán
que si patatín
que
si patatán.
si patatán.
____________________________________
1. En plena guerra civil, apareceu
en Nova Galiza, “boletín quincenal dos escritores galegos
antifranquistas”, nº 5, Barcelona, 15-VI-1937 a seguinte referencia aos Correa
Calderón con durísimas acusacións:

«Los
hermanos Evaristo y José María [sic, por Juan Antonio] Correa Calderón. – En
Lugo como en en el resto de Galicia, la mayor parte de los asesinatos corrieron
por cuenta de las cuadrillas de Falange Española. Pues bien, los jefes de FE,
en Lugo, son los hermanos Correa Calderón. Evaristo es profesor de Literatura
en el Instituto, gracias a los esfuerzos de elementos galleguistas, hoy
víctimas suyas, a quienes les debe cuanto aparenta ser. Escribió unas cuantas
cursilerías y trató de ser afiliado a partidos de izquierda, galleguista,
comunista e IR. No fue aceptado en ninguno por sus coqueteos con el famoso cacique
Pepe Benito. Su hermano José María [sic, por Juan Antonio] es un señorito que
se dedicaba a hacerle el amor a las niñas cursis en el paseo de la Reina, en
busca del “braguetazo”. Idiota perdido, no podía tener otro fin.

Tales son los
inductores (no ejecutores, por cobardía) de los asesinatos efectuados en Lugo.»