EMILIA PARDO BAZÁN E O PINTOR JOAQUÍN VAAMONDE NA NOVELA LA QUIMERA

Rubén Anido Regueiro
Nos
últimos anos do século XIX tivo lugar un dos encontros máis chamativos e
interesantes da cultura galega e española: a chegada ao pazo de Meirás do
pintor coruñés Joaquín Vaamonde cunha carta de presentación para lle facer un
retrato á autora de
La
tribuna.
A novela La Quimera relata, mesturando elementos da realidade
histórica con outros propiamente novelescos, dito encontro, despois de que
Silvio Lago (trasunto do pintor Vaamonde) aparecese pola panadería do seu
curmán Sendo, nunha conseguida estampa costumista das postrimerías do século
XIX. É moi destacable, entre outros aspectos, a capacidade da autora para
describir con todo detalle e con trazos moi finos, a Sada do seu tempo:


La playa se
extendía lisa, rubia, polvillada de partículas brilladoras, cuadriculada a
trechos por la telaraña sombría de las redes puestas a secar, y festoneada al
borde por maraña ligera de algas. A la parte de tierra la limitaba el parapeto
granítico del muelle, conteniendo el apretado caserío, encaperuzado de cinabrio

Segundo a
novela, Silvio Lago, despois de desembarcar na Coruña logo da súa viaxe desde Buenos
Aires, vén camiñando desde a capital herculina (“Marineda”) e, antes de chegar
a Sada (“Areal” na novela) detense na localidade de “Brigos”
2 para visitar non
sabemos se un amigo ou un parente, denominado “Moleque” do que nada sabemos; a
continuación, Silvio diríxese cara a Sada para visitar ao seu curmán Rosendo, alcumado
na novela co hipocorístico Sendo, tal e como sinalamos máis arriba. Resulta
curiosa a similitude física de ambos os curmáns, que, porén, representan
valores contrapostos no texto; así, mentres Silvio Lago representa o idealismo,
o desexo por triunfar na súa arte, o curmán encarna os valores do vivir do seu
traballo de panadeiro, coa compaña da súa muller e cargado de fillos:

Apareció el
panadero, sudoroso, empolvado de harina- y no dijera nadie, al pronto, sino que
era el propio Silvio, o un hermano gemelo. La misma finura de tipo; ambos de
ojos azul grasiento, de menudo bigote dorado, de tez blanca, de cara oval, de
pelo alborotado, sedoso, rubio ceniza. Mirándoles más despacio, se advertía
que, bajo iguales máscaras de carne, la cara verdadera, espiritual, era no sólo
diferente: opuestísima.

Temos de ter en conta que La Quimera é unha novela e que, tal e como ten sinalado a súa
autora nalgunha ocasión, non todo o que aparece nela coincide absolutamente co
acontecido na realidade histórica; ao se tratar dunha obra de ficción, polo
tanto, debemos observar que moitas das evocacións que fai o narrador son
simplemente iso, evocacións, que son dunha grande rendibilidade artística e teñen
un papel moi determinado na economía do relato, mais non tería demasiado
sentido caer na obsesión de buscar referentes reais. Así, cando Silvio pide de
comer na casa do seu curmán, a escena que podemos ler serve para contrapoñer as
dúas maneiras de enfrontarse á realidade de Sendo e mais de Silvio, e todo
apunta a que se trate, en maior ou menor medida, dun artificio plenamente
xustificado na concepción da novela. En relación con isto, o narrador incide
nun dos elementos desencadeantes da traxedia persoal de Silvio, relacionado coa
enfermidade que o levará a morrer precozmente: 

Al ver sobre el mantel gordo y
rugoso la fuente de barro llena de sardinas asadas, plateadas y negruzcas,
Silvio sintió que se le henchía de saliva la boca. Su estómago flojo, estropeado
por privaciones y miserias en la primera edad, tenía súbitos antojos de
golosina, como los niños y los enfermos, y le encaprichaban especialmente los
platos ordinarios, los sencillos condumios regionales.

Silvio, como un
peregrino perdido polos camiños, un pouco á procura de si mesmo na Arxentina
traballando en oficios, segundo parece sen ningunha cualificación, chega por
fin ás proximidades de Meirás (na novela, “Alborada”) e Pardo Bazán novela esta
chegada poñendo como protagonista as Torres, o que hoxe sería o pazo. Téñase en
conta que cando Vaamonde vai petar na porta da escritora para lle pedir permiso
para facerlle un retrato empregando a técnica do pastel, a edificación non era
igual que hoxe, e da súa transformación o propio Vaamonde sería testemuña en
primeira persoa. Na descrición do edificio mestúranse o arquitectónico co
paisaxístico, con grande relevancia dos elementos sensoriais: 

A una revuelta
de la carretera empezó a emerger, de la ramazón tupida del castañal, el alminar
de las torres de Alborada. Poco a poco, la mole del edificio entero: parecía ascender,
todo blanco, de piedra granítica; al mismo tiempo olores finos, azucarosos, de
flores cultivadas, avisaron a los sentidos de Silvio.

O narrador
omnisciente é capaz de penetrar no máis profundo de Silvio e nas súas
inquietudes, que teñen a ver co desexo de ser axudado pola escritora (na
novela, Pardo Bazán escóndese baixo a aparencia de Minia Dumbría, unha
importante compositora musical) na súa procura de chegar a ser un pintor de
éxito. Mentres espera á porta do pazo, asáltanlle as dúbidas lóxicas de alguén
que non está contento consigo mesmo, e que, perseguido por mil fantasmas, trata
de encarar o futuro coa mellor disposición posible. Imaxinámonos, pois, un
Silvio Lago empequenecido ante o que ven os seus ollos e ante a presenza
inminente da compositora: 

La aprensión de Silvio creció al dejarle solo el
criado en una sala baja, amueblada de caoba y cretona, cubiertas las paredes de
retratos viejos, bituminosos. En un ángulo aparecía el piano, resguardado de la
humedad por una manta de seda rameada y entretelada. Los objetos ejercían sobre
Silvio sugestión profunda; la sencilla sala, el instrumento confidente de la
inspiración artística, le impresionaron.

Outro aspecto moi destacable de La Quimera é como Silvio Lago se prepara para a realización do
retrato. Minia recoñece non ter saído ben en ningún dos retratos que lle tiñan
feito anteriormente, e é ben sabido que a autora de
La madre naturaleza non era moi afeccionada a ser a protagonista de
ningún cadro, fose da técnica que fose. En
La Quimera reprodúcense
novelisticamente todos os pormenores que precederon a elaboración de dito
retrato, que para Minia tiña todos os visos de saír “desastroso”: 

Silvio
disponía febrilmente sus lápices de pastelista ante el pliego de papel grisáceo
fijo en el tablero con doradas chinches. La prolongada blusa de dril le daba
semejanza con un obrero. Guiñó las pupilas, frunció el ceño, contrajo la
frente, registrando en el modelo con avidez líneas y colores, y valiéndose de las
yemas de los dedos mucho más que de los lápices, principió sin delinear,
aplicando ligeras manchas. Dijérase que era la nebulosa de una cabeza y un
busto lo que nacía, vago y fino sobre el muerto fondo cenizoso 

O resultado do
traballo sorprendeu a Minia -Dona Emilia, quen, logo de que a súa nai, a baronesa
de Dumbría (alter ego da propia nai da escritora) o aprobase, a propia
compositora acabou por recoñecer o talento artístico de Silvio aínda antes de
acabar o traballo: 

Una serie de exclamaciones admirativas de la baronesa de Dumbría, que
acababa de entrar, hizo levantarse a Minia. Se situó ante el caballete. El
pastelista interrumpió su tarea: esperaba ansioso. La compositora, echándose atrás,
dijo solamente: Bien, bien. No tema usted que le diga “¡qué bonito!” Los planos
de la cara son esos: la simplicidad del conjunto me agrada. Y volvió a posar,
arreglándose las gasas medio descompuestas

A partir de aquí comeza a carreira artística de
Silvio Lago. Non tardará en recibir encargos das máis altas personalidades da
aristocracia española do momento, e en todos os “saraos” o seu nome correrá
fácil, cun aquel de admiración que ao propio pintor non parecía acabar de
satisfacer. Sobre este particular, Emilia Pardo Bazán ten falado non pouco, nun
intento por aprofundar na insatisfación tanto artística como persoal de Joaquín
Vaamonde. Neste sentido, o título da novela,
La Quimera, é moi
significativo, e representa a vida dun home que, nun intento de perseguir un
ideal acaba por fracasar tanto nese desexo como na súa propia vida en conxunto,
pois falece antes de poder saber cales son os seus límites. Explica a propia
Pardo Bazán: 

De este pensamiento salió después la novela, cuyo protagonista, Silvio
Lago, padece esa noble enfermedad, el mal de aspirar, propio de su organización
sensible, afinada quizá por los gérmenes ocultos del padecimiento que había de
llevarlo a la tumba. No hubo nadie que con más abandono se entregase a las
garras de la Quimera, que tenía fijos en él sus glaucos ojos 

A mesma idea
esbozouna, pouco despois do pasamento do artista, a escritora: 

No queda,
pues, de Vaamonde sino lo que él deseaba romper y destruir; sus retratos
coquetones, sus cabezas de mujeres guapas y ataviadas por el gran modisto.
Acaso, como Andrés Chenier, se lleva un mundo no realizado a la tumba. Acaso le
esperase, por el contrario, el desengaño de la impotencia artística. Nunca lo
sabremos 
10 

A
morte de Vaamonde é referida por Pardo Bazán empregando o seu mellor estilo
literario, no que se deixa entrever unha sombra de melancolía polo que podería
ter dado a carreira do pintor. Estamos no ano 1900: 

No pasa día
sin que la segadora incansable, la Muerte, reúna en sus gavillas las espigas de
oro con las espigas verdes aún y que esperaban la caricia del sol. Allá van,
juntas bajo el golpe de la afilada segur, verdes con maduras. Así acaba de
confundir ahora la madurez del gran artista Eça de Queiroz, muerto en París, de
una tisis a los intestinos, y la juventud esperanzada de Joaquín Vaamonde, el retratista
de las elegancias, que ha sucumbido a la tuberculosis en nuestra casa de
Meirás, a corta distancia de La Coruña, el pueblo en que Vaamonde había visto
la luz.
 11 

Especialmente
emotivo é o remate da novela que viñemos mencionando ao longo deste traballo,
La Quimera,
desde que Silvio enferma até que, finalmente, morre. Entre as diferentes estampas
que evocan o falecemento do artista, poderiámonos quedar con esta, na que Minia
intenta repasar na súa memoria o que foi de Silvio e o que foi dela mesma,
nunha evocación que ten moito de existencial: 

Ya la otoñada se acerca. Minia, a
las doce de la noche, en el historiado balcón del último piso de la torre de
Levante, está de bruces, recorriendo senda atrás, con la memoria, un ciclo, una
vida. Lo que ve en las lejanías vaporosas, que la luna aviva con toques de gasa
de plata, es un destino humano, corto, intenso, que empezó allí mismo, en
Alborada, y en Alborada vino a concluir. Así sobre el paisaje bordamos nuestra
emoción del momento, y así la materia se transforma, se asimila a nuestro
espíritu y adquiere realidad en él
12 

_________________________________
1.
Pardo
Bazán, Emilia, La Quimera, Madrid, Cátedra, 1991, p. 139. 
2. Para Marina Mayoral, “Brigos” podería ser a aldea de
Castelo, moi cerca de Meirás, mais coido non existir ningunha razón de peso
para tal relación. Quizais teña máis sentido falar de Betanzos, localidade que
visitaría Silvio / Vaamonde antes de visitar ao seu curmán e, posteriormente, a
Pardo Bazán. De todos os xeitos, isto tan só é unha suposición, pois non hai
datos claros que demostren unha ou outra analoxía. 
3. Emilia Pardo Bazán, op. cit. p. 141. 
4. Ibid. p. 143. 
5. Ibid. p. 145. 
6. Idem. 
7. Ibid. p. 147. 
8. Ibid. p. 151. 
9. La ilustración artística, n.º 1585,
1912. 
10. Ibid., n.º 975, 1900. 
11. Idem. 
12. Pardo Bazán,
Emilia, op. cit., p. 561.

Imaxe do artigo: Joaquín Vaamonde. Vida Galante., 02/09/1900

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará