A IMAXE COMENTADA

José Mosquera Meirás, “El Marino de Riobao”
José Mosquera Meirás naceu en Riobao (Sada). Era fillo de José
Mosquera Sánchez e Perpetúa Meirás Sánchez. Os Mosquera eran oriúndos de Riobao
e aquí viviron os seus pais e dous fillos. Casou con Dolores Yáñez de Osedo e
tiveron dous fillos: Daniel e José. O Sr. Mosquera era mariño. Emigrou aos
Estados Unidos e alí foi capitán dun barco mercante americano. 

Nunha das moitas
viaxes que realizou, sufriu unha enfermidade tropical que orixinou a morte da
maioría da tripulación e tamén a do seu capitán o 14 de novembro de 1922. Tiña
38 anos. Os seus restos están enterrados en Bluefiels (Nicaragua), cunha lápida
con simboloxía masónica que foi colocada polos seus compañeiros de loxia (na
foto). A súa esposa faleceu pouco despois e os seus fillos foron vivir a Osedo
cos seus tíos, Manuel Mosquera e Eduarda Yáñez. Eran tíos tanto por parte de
pai como de nai. Tomarían diferentes camiños: o maior, Daniel, loitou na Guerra
Civil e logo ficou no exército. Estivo destacado en diferentes puntos de España
e en África. Casou e tivo fillos. O seu irmán José viviu en Osedo, casou e o
matrimonio marchou a Buenos Aires. Ambos irmáns volveron a Sada varias veces,
pero están enterrados nos lugares nos que viviron. 

Esta historia envíanola unha
bisneta, Silvia Mosquera, desde Madrid, e nós recollémola para lembrar a un
veciño do noso pobo que, malia que repousa moi lonxe de aquí, sempre será un
sadense. 

memoriadesada.com

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *