Marisa Naveiro López
Acto do 14 de abril
O pasado 14 de abril cumpríanse 85 anos da proclamación da II República, e, como non podía ser doutra forma, conmemoramos a data cunha ofrenda floral e lectura de textos no monumento do paseo marítimo.

O 20 de maio traemos á Capela a Cibrán Santamarina Ríos para impartir unha charla didáctica baixo o título Orixes da materia: O Bosón de Higg no CERN.

Nas imaxes superiores da dereita, charla de Cibrán Santamarina e presentación de Negrúña, de Xosé Duncan. Fotografías de M. Naveiro
Nesta imaxe, reprodución das portadas dos Cadernos de Estudos
O día 29 presentamos outro libro, neste caso o poemario Ollares, de Ricardo Seixo, nun acto con música e lectura de poemas.
A Feira Modernista inaugúrase o 29 de xullo co coa presentación do número especial dos Cadernos de Estudos Locais titulado “As sete terrazas de Sada”. Comeza o acto coa intervención de Manuel Pérez Lorenzo sobre a Sada de comezos de século para, a continuación, abordar a evolución da Terraza e os seus aspectos artísticos nas intervencións do catedrático da Universidade da Coruña José Ramón Soraluce Blond e da arquitecta Laura Bouza Romero,
autores de dita publicación.
Laura Romero, Manuel Pérez e José Ramón Soraluce na presentación do Caderno “As sete Terrazas de Sada”. Fotografía de E. Rodríguez
Tamén no marco da Feira Modernista, a nosa asociación organiza o día 1 de agosto un roteiro por Sada que foi guiado por Manuel Pérez Lorenzo. No transcurso do mesmo realizouse un percorrido pola nosa vila no que se visitaron edificacións significativas con trazos modernistas, como o Moderno, a Terraza, diversas vivendas ou as escolas de Sada y sus Contornos.
Dúas imaxes do roteiro organizado durante a Feira Modernista. Fotografías de M. Naveiro

En setembro morre en Buenos Aires Manolo Couzo Bermúdez, cofundador e presidente do C. E. de Sada y sus Contornos. Era Fillo Predilecto do Concello de Sada e participou activamente na repatriación dos restos de Ramón Suárez Picallo no ano 2008. En agosto do 2013 foi agasallado pola A.C. Irmáns Suárez Picallo nun entrañable acto no que o nomeamos Socio de Honra.
Na imaxe superior da dereita, a filla de A. Carballeira ante o monumento ás vítimas da represión franquista en Sada no 80 aniversario do asesinato do seu pai. Fotografías de M. Naveiro
Nesta imae, Manuel Couzo (1932-1916) coa súa neta nas Cerámicas do Castro na súa última visita a Sada, en 2013. Fotografía de A. López Soto

Por último, o escritor Theodoro Elssaca, poeta, ensaísta, artista visual e fotógrafo antropoloxista chileno que vén de participar no 82 Congreso do PEN Club internacional celebrado en Ourense, é convidado pola A. C. Irmáns Suárez Picallo a visitar Sada. O venres 7 de outubro estivo na Capela de San Roque, onde recitou algúns dos seus poemas e homenaxeou a Cervantes coa lectura dun texto da súa autoría, un “poema polifónico”, que requiriu da participación de varios dos presentes. A charla-recital de Theo Elssaca, unha das principais voces poéticas do Chile actual, constituíu un interesante percorrido pola súa traxectoria vital e pola súa obra.
Na imaxe superior da dereita, Luís Pérez e José-Mª Monterroso na presentación do Caderno
deste último sobre R. Villar Ponte.Fotografías de M. Naveiro
Nestas imaxes, o poeta Theodoro Elssaca (1º pola esquerda) con compañeiros da asociación e co Cónsul de Chile D. Wilson Zambrano Bucarey. Na segunda das imaxes, outro momento do mesmo acto