A FEIRA DE ED‐MUNDO. VALLE‐INCLÁN, AUTOR, PERSONAXE E XENIO (28.10.1866, VILANOVA DE AROUSA – 05.01.1936, SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Edmundo Moure Rojas

Na nosa casa da infancia e a primeira mocidade, coñecemos esas tres facetas do excelso escritor da Xeración do 98, don Ramón María del Valle-Inclán Peña y Montenegro, alter ego do Marqués de Bradomín, manco do brazo esquerdo nunha célebre e dramática liorta co escritor Manuel Bueno, acontecida o 24 de xullo de 1899, no Café de La Montaña, Madrid. 
Dende aquel suceso, cando o mozo das barbas de chibo tiña trinta e dous anos, tecéronse numerosas lendas respecto da manquidade de don Ramón. Algunhas delas contábaas padre Cándido, con graza parecida á do seu admirado paisano. As historias daquela agresión física, perpetrada por Manuel Bueno en resposta ás afiadas descualificacións verbais que lle inflixira Valle-Inclán, medraban alentadas pola curiosidade morbosa de reporteiros (isto non cambiou en século e medio) que exercían o seu oficio nos cafés, e dos propios compañeiros de faladoiro, pois nos albores do século XX, as mellores conversas intelectuais e de rodas literarias, tiñan lugar nos cafés, bares e baiucas do bulicioso e cosmopolita Madrid. 
Ante unha de tantas preguntas sobre a veraz orixe da súa manquidade, don Ramón contou a seguinte historia: 
“Durante mi viaje al sur de México, en la zona de Yucatán, me adentré una mañana en la selva; no llevaba yo más armas que mi pipa de Kif y mi bastón de cedro. Cuando me acercaba a un claro, iluminado por los implacables rayos del sol tropical, escuché el quejumbroso llanto de una fémina. Aceleré mi paso viril y hube de apelar a todo mi coraje para superar los temblores de aquella visión trágica: una bella mujer nativa yacía sobre la hojarasca, amarrada a un poste, mientras un enorme jaguar se aprestaba a devorarla… Corrí en su auxilio, me interpuse ante la fiera, con mi bastón alzado. El jaguar saltó sobre mí, cercenándome el brazo, para huir luego con aquel despojo del miembro siniestro. Supe luego que aquella hermosa mujer era una princesa maya… No padecí entonces otro dolor que la imposibilidad de consumar un amor idílico”. 
Hai outras moitas versións. Quizá a máis rotunda fose a respondida a un impertinente reporteiro santiagués, nas últimas horas de vida de don Ramón: 
-“¿Quiere saber la verdad de mi condición de manco? Pues bien, el brazo que me falta fue obra de la voracidad de un periodista como usted”. 
Las Sonatas del Marqués de Bradomín foron unha desas lecturas predilectas que constituían o pan dos libros, na Casa, que enriquecían a atmosfera familiar dende a dicción clara da miña nai. Deseguido, había que coller o libro da biblioteca do salón, e devoralo a soas, como corresponde ao rito de todo lector amante, pois a temperá lectura posúe parecido morbo ao do amor furtivo. 
Viva mi dueño, Gerifaltes de Antaño, Cara de plata, Águilas de blasón, Divinas palabras, Luces de Bohemia… Pero o libro que máis me impresionou, da súa prolífica obra, foi, e segue a ser, Tirano Banderas, a xenial novela que inaugura a saga narrativa acerca dos sátrapas, caudillos e tiranuelos que pariron as nosas turbulentas repúblicas latinoamericanas, romance do que son tributarias, sen dúbida, El señor presidente, de Miguel Ángel Asturias; Yo, el supremo, de Augusto Roa Bastos; El otoño del patriarca, de Gabriel García Márquez, por sinalar as máis representativas do xénero. 
Non canso de recomendar aos meus amigos escritores, aos discípulos do meu obradoiro literario e a todo lector sagaz que se me cruce no camiño, a lectura de Tirano Banderas, a través de cuxas páxinas podemos apreciar tamén aspectos estéticos e características estruturais dun auténtico “realismo máxico”, moi anterior ao que se atribúe como “descubrimento orixinal” a algúns autores do noso “boom” dos 60, como Alejo Carpentier, Juan Rulfo ou o propio García Márquez, sen esquecer a José Lezama Lima, na súa magna novela Paradiso. 
Nese aspecto, Valle-Inclán é precursor, dende o seu principal estro creativo, que foi o modernista, malia que evolucionara tamén cara o surrealismo, coa incorporación lúcida e fascinante dos seus esperpentos, sobre todo nas súas obras teatrais. 
Hoxe en día apréciase unha notable recuperación en España do teatro de Valle-Inclán, coa posta en escena das súas obras máis coñecidas, como as Comedias Bárbaras. A propósito, escribe Ernesto Caballero: 
Las Comedias bárbaras narran el esplendor y la decadencia de una estirpe galaica de altivos y despóticos señores feudales encarnados en la figura de Don Juan Manuel Montenegro. Nuestra versión arranca con las primeras escenas de Romance de lobos cuando el Caballero, atormentado por la culpa y funestos presagios de muerte, decide embarcar hacia Flavia Longa, donde acaba de morir su esposa Doña María. Durante la travesía evocará su desenfrenada historia en un recorrido retrospectivo por las más destacadas escenas de Cara de Plata y Águila de Blasón. Escritas bajo los presupuestos de la estética simbolista plantean retos de puesta en escena imposibles para la realidad teatral de su tiempo que aún siguen suscitándose con el controvertido asunto de cómo llevar a las tablas estos textos rebosantes de complejas e irrepresentables acotaciones. Ahora bien, si por un lado don Ramón escribe estas obras fundamentalmente para la ensoñación del lector, en sintonía con las tesis idealistas que consideran como mejor representación aquella que cada cual imagina cuando lee, su condición de hombre de teatro confiere a estos textos una extraordinaria e inspiradora potencialidad escénica que provoca, ¡y de qué modo!, la imaginación creadora de sus eventuales intérpretes. 
Isto faise igualmente patente na narrativa valleinclanesca, onde nada queda resolto de xeito definitivo, considerando ao lector como quen complementa o quefacer do escriba, para pechar así o ciclo creativo en comuñón necesaria e indisoluble entre o artista e o seu anónimo destinatario. Concepción da súa moderna e anticipada ao seu tempo a de don Ramón, signo dun vangardismo que vai máis alá de pretensións vacuas de orixinalidade, sen ese arresto van que adoita tornarse dubidoso na literatura, mundo no que todo –ou case todo- parece que foi dito e intentado en materia de novidades estéticas e xogos amigos da sorpresa. 
Don Ramón é personaxe principal da súa profusa lenda, como tantos escritores o foron e o serán, algúns en desmedro da súa obra, transformándose o protagonista existencial nun ser que opaca ou desvirtúa a súa propia escritura. No caso de Valle-Inclán, os seus variados retratos ou mitos ou caricaturas, non lograron diminuír a importancia das súas creacións, a cento cincuenta anos do seu pasamento, logo de sete décadas de frutífera vida. 
Rubén Darío dedicoulle este soneto que é un retrato inesquecible: 
Este gran don Ramón de las barbas de chivo, 
cuya sonrisa es la flor de su figura, 
parece un viejo dios, altanero y esquivo, 
que se animase en la frialdad de su escultura. 
El cobre de sus ojos por instantes fulgura 
y da una llama roja tras un ramo de olivo. 
Tengo la sensación de que siento y que vivo 
a su lado una vida más intensa y más dura. 
Este gran don Ramón del Valle-Inclán me inquieta, 
y a través del zodíaco de mis versos actuales 
se me esfuma en radiosas visiones de poeta, 
o se me rompe en un fracaso de cristales. 
Yo le he visto arrancarse del pecho la saeta
que le lanzan los siete pecados capitales. 
En xullo de 1985, con ocasión do Congreso Rosalía de Castro e o seu tempo, en Santiago de Compostela, fun testemuña dalgunhas disputas que aínda hoxe parécenme tan inútiles como estériles. Novos estudantes de literatura, enxebristas acérrimos, de posturas tan rotundas como agresivas, sostiñan a viva voz, nas rodas do memorable congreso, que Ramón del Valle-Inclán non era un escritor galego, dado que toda a súa obra estaba escrita na lingua imperial de Castela, polo que debera considerárselle, simplemente, como un escritor “castelán”, isto é, español. E eu, galego indiano ou converso, segundo se mire, inmiscinme na disputa, preguntándolles, a contrapelo: 
-Segundo as vosas conclusións, os nosos grandes poetas, Gabriela Mistral e Pablo Neruda, serían escritores “casteláns”, porque de Castela recibimos esta lingua que a propia Gabriela e o mesmo Pablo eloxiaran, escribindo este último, nas súas memorias, Confieso que he vivido: “Se llevaron el oro y nos dejaron el oro; se llevaron todo y nos dejaron todo: nos dejaron las palabras”… 
A propiedade identitaria do galego –ou do chileno–, pois, está máis alá da lingua en que expresemos as súas esencias e particularidades, máxime de considerarmos os catrocentos cincuenta anos de diglosia e menosprezo da lingua vernácula, en proceso de recuperación académica dende a década dos 80 en Galicia… Por outra banda, o castelán de don Ramón está conxugado en galego, atributo que o fai incomparable entre os seus contemporáneos. 
Ese día de xullo, de modo providencial quizabes, levaba eu no meu maletín un exemplar de Divinas Palabras, que extraín como un espadachín dialéctico, para ler a aqueles rapazolos iracundos –que con seguridade leran escasamente ao xenial manco de Vilanova de Arousa-, unha pasaxe de “La Adoración de los Reyes”: 
Después se levantaron para irse, porque ya rayaba el alba. La campiña de Belén, verde y húmeda, sonreía en la paz de la mañana con el caserío de sus aldeas dispersas, y los molinos lejanos desapareciendo bajo el emparrado de las puertas, y las montañas azules y la nieve en las cumbres. Bajo aquel sol amable que lucía sobre los montes iba por los caminos la gente de las aldeas. Un pastor guiaba sus carneros hacia las praderas de Gamalea; mujeres cantando volvían del pozo de Efraín con las ánforas llenas; un viajero cansado picaba la yunta de sus vacas, que se detenían mordisqueando en los vallados, y el humo blanco parecía salir de entre las higueras… Los esclavos negros hicieron arrodillar los camellos y cabalgaron los tres Reyes Magos. Ajenos a todo temor se tornaban a sus tierras, cuando fueron advertidos por el cántico lejano de una vieja y una niña que, sentadas a la puerta de un molino, estaban desgranando espigas de maíz. Y era éste el cantar remoto de las voces: 

Camiñade Santos Reyes 
por camiños desviados, 
que pol’os camiños reales 
Herodes mandou soldados. 
Por obra do artista que isto escribiu, Belén de Xudá é a Galicia profunda, volta universal no milagre (sexamos ou non crentes) desa epifanía que encheu milleiros e milleiros de páxinas, sexan narracións profanas, esexeses evanxélicas ou haxiografías mesiánicas. 
Unha bisbarra verde e húmida, con xugadas de vacas marelas pacendo entre o fume que brota dende as casas de pedra e o cantar dunha copla campesiña. Como Tolstoi, Valle-Inclán volve universal a aldea, a través da linguaxe, e neste relato, superpona con mestría poética e emotiva, a unha paraxe remota dos Santos Lugares, outorgándolle a paisaxe e o rostro social e milenario de Galicia. 
E ao concluír a lectura, manifestei aos atolados oíntes: 
-Se isto non é fondamente galego, eu non estou de pé ante vostedes e Santiago de Compostela é un soño sen sentido… 
E así como amo o galego que aprendín a escoitar na afastada infancia, no lar dos meus avós lucenses, ao norte de Santiago do Novo Extremo, en terras austrais de América, aprendín a querer este hirsuto castelán que adozamos e enriquecemos os falantes americanos, para reafirmar nas súas conxugacións e renovadas prosodias a nosa identidade, pois cando os nosos poetas nativos cantan, nas súas voces tanxen as sílabas do Mío Cid e os ecos anovan os seus matices, incansablemente, en cada un dos fíos vocálicos deste infinito tear que só completaremos coa última sílaba creadora. 
Cada vez que entro nun café o nun bar (adoito facelo decote), busco de xeito inconsciente a figura quixotesca e esperpéntica de don Ramón María del Valle-Inclán, nalgún recanto onde xurdan, airosas e certeiras, as mellores palabras. Alí, como dixera un poeta saxón, “partiremos o pan cos nosos mortos”, que non é outra cosa o espírito fraterno da literatura… 
E se ese encontro imaxinado co fillo ilustre de Arousa chegase a ocorrer, sentareime ao seu carón, en absoluto silencio (contra o meu costume), tan só para escoitalo, porque precisarei de moitas vidas para aquilatar como se debe o renovado tesouro do seu xenio. 
Imaxes (por orde):
Caricaturas de Valle-Inclán en Revista Popular,
15/02/1927 e Madrid Cómico, 11/12/1897
Fantasmagoría, gravado de Vivanco,
en La Pluma, 01/01/1923
Retrato de madurez en La Esfera, 15/12/1928

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará