SONETO ALEXANDRINO PARA O MEU GRANDE AMIGO MANUEL ESPIÑA GAMALLO. IN MEMORIAM

Xoán Xosé Fernández Abella

Era todo nobreza e amizade profunda,
un crente verdadeiro, galego excepcional,
a quen o amor o peito do seu empuxe inunda.
Gran defensor do propio. Aberto ó universal.


Soubo soster verdades fronte á mentira inmunda,
cunha firmeza única, cristiá e colosal.
Foi súa conduta limpa, fraternal e fecunda,
e a súa entrega a Xesús e a Galiza, total.


Pra ti, Manuel Espiña, galego extraordinario,
estes meus pobres versos, de admiración orlados,
por seres máis ca amigo meu irmán solidario.


Son pobres si, son pobres, mais non esaxerados.
Eu son da túa bondade máis ca cantor, notario.
E sei que os teus desvelos por Deus foron premiados.

Os Tilos, 13/02/2.013
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *