MEMORIA DE ACTIVIDADES

Marisa Naveiro López
Proxección do filme Conversas con Jesús Castro. Na seguinte imaxe, actuación posterior a cargo de alumnos e alumnas do IES Isaac Díaz Pardo
No 51 cabodano de Ramón Suárez Picallo hai a ofrenda floral no cemiterio de Fiunchedo, onde damos lectura a textos
na súa memoria.

O día 21 de outubro na Casa da Cultura, con motivo da presentación do número 11 de Areal, proxéctase o audiovisual de Moucho Producións Conversas con Jesús Castro, de Xosé Seoane e Javier González, pechando o acto unha actuación musical dos alumnos do IES Isaac Díaz Pardo.


En Boisaca, convidados pola Academia Real Isaac Díaz Pardo, levamos unha comunicación para o Homenaxe a Isaac
no seu 4º cabodeano.

Intervención de Paco Pita na homenaxe a Isaac en Boisaca

O día 13 de xaneiro, ás 20:00 horas en Portas Ártabras, coa Comunidade Cristiá do Home Novo, presentamos o Caderno de Estudos Xerais Evocación e lembranza de Manuel Espiña Gamallo. Acompáñannos na mesa Rubén Aramburu, Victorino Pérez Prieto, Felipe Senén, Luís Pérez, e outros membros da Comunidade.

Presentación do Caderno sobre Manuel Espiña
A revista Guieiros, que publica a Asociación Xermolos, dedica un monográfico ao noso compañeiro Xosé Val Díaz, Valdi. Con este motivo facemos un acto na capela de san Roque o día 29 de xaneiro no que interveñen Valdi, Alfonso Blanco Torrado, Rubén Aramburu e Manuel Pérez Lorenzo. Mini e Mero, ademais de falar, volven a deleitarnos coa súa música.

Homenaxe a Valdi

Nas festas do antroido publicase un novo Caderno de Estudos Locais, co título: O entroido en Sada, Comparsas do ano 1929. É xa o número 19.

El espejo de la memoria é o título do documental de Pablo Alonso sobre a querela arxentina contra o franquismo. Foi presentado polo compañeiro Xaime Rodríguez.

Un membro da compañía teatral ArtesaCía e socio da nosa Asociación convídanos a acudir o domingo día 13 de marzo á Casa da Cultura para ver a representación da súa obra sobre a emigración galega en New York e a creación da escola Sada e Contornos: Balor na acción dunha cadeira. Aínda que este acto non o organizamos nós, si asistimos gran parte da directiva polo seu interese

A exposición Heroínas (mulleres republicanas) da pintora Marta Paz pecha este semestre. No acto de inauguración interviñeron, ademais da artista, Paco Pita, Presidente da A. C. Irmáns Suárez Picallo, o Alcalde de Sada, Lola Ferreiro, doutora en Medicina e activista feminista, Manuel Rodríguez Viqueira, fillo de Luisa Viqueira, e o Concelleiro de Cultura. Cunha importante afluencia de público que escoitou con interese todo o que alí se falou, manifestouse a necesidade de facer visibles ás mulleres que destacaron polo seu heroísmo en situacións límite, así como as que agora seguen a loitar polos seus dereitos. Nese acto presetouse o Caderno de Estudos Xerais nº 6“Luisa Viqueira Landa, unha heroína republicana”.

Nas duas imaxes superiores, de arriba a abaixo, proxección de El espejo de la memoria e Inauguración da exposición Heroínas, de Marta Paz.
Nesta imaxe, Reprodución de varias das obras que compoñen a exposición Heroínas. Retratos de Federica Montseny, a Corales e Luis Viqueira.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *