INUNDACIÓNS EN SADA ‐ CONSECUENCIAS LOCAIS DE FENÓMENOS CLIMÁTICOS GLOBAIS ‐ RESUMO

Rafael Carballeira Coego (Departamento de Botánica. USC)

Ante a grave situación a que se enfrontan boa parte dos veciños de Sada, a A.C. Irmáns Suárez Picallo dedica por completo un Caderno de Estudos Locais a detallar exhaustivamente as causas que provocaron as inundacións o pasado día 30 de marzo de 2016. Coa finalidade de facer accesible a información dispoñible a cidadanía, para que por ela mesma poida ter o criterio máis adecuado en base a realidade imperante. A modo de síntese expóñense aquí as principais claves. 

As inundacións vividas nunha serie de localidades da provincia de A Coruña foron ocasionadas por un fenómeno climático coñecido como río atmosférico, sendo Sada unha das localidades máis afectadas. 

Con todo, se ben as intensas precipitacións foron a causa última na suba do caudal dos ríos e o seu desbordamento, o lugar no que ocorreu a inundación é función da xeomorfoloxía da conca hidrolóxica de Sada. Pois é a propia morfoloxía do terreo a que predispón a confluencia dos ríos e a súa desembocadura no punto no que se dá, e que actualmente está integrado no casco urbano. 

É por esta razón, que a situación agravouse polas reiteradas deficiencias históricas na ordenación urbanística no casco urbano, e a desestimación de Sada coma área de risco potencial de inundación polos organismos autonómicos, o que expuxo a un alto risco a un importante número de veciños. E se ben a posibilidade de predición dos fenómenos meteorolóxicos pode ser dificultosa, non o é en base a xeomorfoloxía e a hidroloxía da conca a determinación dos puntos de maior risco de inundación podendo ser obxecto de planificación e prevención. 

Por último, é de especial interese o seguimento deste tipo de fenómenos climáticos polas súas consecuencias, non en balde, as inundacións son a catástrofe natural que máis danos xeran en España.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *