José Martínez-Romero Gandos
Francisco Regueira no 1º Congreso da Emigración Galega Bos Aires, 1956 (primeiro pola dereita, logo o fillastro de Manuel Puente, Rodolfo Prada, Martínez Suárez (México) e Ramón Suárez Picallo, último pola esquerda)
Nada
máis fermoso que lembrar a relación de
dous verdadeiros amigos. Mais tamén lembrar
que eses amigos tiveron que deixar a súa
terra e morar até a morte na emigración nese Bos Aires onde desenvolveron unha grande
actividade nos eidos da política, da
cultura e da dirección de institucións
senlleiras da nosa historia común,
accións que non debemos esquecer.

A
Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo,
na súa páxina web, publica cinco cartas que Ramón envía a Francisco Regueira entre marzo de 1932 e xullo do 1938. Nelas transmite
novas da situación na Terra e un fondo e
forte sentimento de amizade. Di Ramón
Suárez Picallo: “Y porque tus cartas me
son necesarias como el pan. Traen aires
de fe y de optimismo, que han de ser la
tónica de nuestra política creadora. Creadora
de un pueblo, nada menos que de un pueblo.
Y porque nuestra amistad, más allá del
bien y del mal, y por encima de todas
las pequeñas cosas, es inmortal. Muchas
cosas me dices, amigo mío, para
contestarlas así de un tirón. Veremos si
contesto a las más importantes”.1

Cando Ramón recibe a acta como deputado relata nunha carta ese acontecemento mais insiste nunha outra: “No recibí contestación a ella, a pesar de esperarla con verdadera ansiedad. Recibí otras, cientos de ellas, en todos los
tonos. Pero ni la cantidad ni la calidad
–salvo las tres o cuatro excepciones del
grupo– sirvieron ni sirven para cubrir
el vacío de unas líneas personales tuyas.
¿Qué te ocurre? Te conozco mucho. Te sé
capaz de desfogarte valientemente cuando las actitudes y las actuaciones te ofrecen reparos. ¿Es que defraudé la gran fe que en mí habías
puesto?”.2

Francisco Regueira era un home intelixente, moi activo, moi traballador mais un pouquiño despistado. Nunca saberemos se tiña reparos ou extraviara a carta. Coñecín a este
emigrante na cidade de Bos Aires sendo
eu mozo e participante da Asociación
Arxentina de Fillos de Galegos. Merece
figurar nesta sección da revista Areal pois
o enorme labor desenvolvido por el
figura apenas nas crónicas da emigración.
Sería do meu agrado inserir aquí datos
biográficos máis precisos. Non os atopo. Nin eu nin historiadores os que consultei.

Semella que no ano 1964 xa houbo voces que saíron publicamente na loubanza e defensa do noso personaxe motivadas polo que moitos consideraban un ataque persoal e divulgación de mentiras.
O periódico Orientación
Gallega3 dedica
o seu número 20 a unha edición especial
de homenaxe a Francisco Regueira. Dúas
páxinas dedicadas á descrición e
loubanza da súa personalidade e acción comunitaria.
Unha columna á esquerda sobre “La
verdad, la mentira y la calumnia” e dúas
columnas para unha editorial na que
lemos: “Francisco Regueira por su inquebrantable
lealtad en todo tiempo y en toda hora a
la causa de Galicia, de la República y
de la Democracia, por su entrega,
siempre noble y generosa a la vida
social, cultural y patriótica, sobresaliendo
entre los mejores a lo largo de
una trayectoria de más de 45 años en la
pródiga acción colectiva. Francisco
Regueira por su integridad moral como
amigo, como ciudadano, como hombre de
ideales y de principios, siempre inquieto
por el éxito de las causas nobles pero nunca
por personal lucimiento”.

¡Que máis pode
agregar este autor, mozo naqueles anos,
que non dixeran nin Ramón Suárez Picallo
nin os seus coetáneos! Podo afirmar que así
era, colocado nun segundo plano, moi activo e
calado. Podo afirmar que é un outro galego na emigración esquecido. Tamén podo agregar
datos da súa actividade societaria e
periodística.

Segundo Hernán Díaz,
historiador4,
en maio de 1929 creou con Antón Zapata
García a Institución
Cultural Gallega, protectora do
Seminario de Estudos Galegos. A recadación
de cartos para concretar este apoio
non ficou exenta de polémicas por parte de opositores á idea.

Tamén participa no Comité pro Residencia de Estudiantes en Compostela nos anos 30. Participa na Xunta Executiva da Federación de Sociedades Galegas por eses anos e mais tarde no Comité de Prensa do periódico Galicia (1931
e 1932), aceptando tamén quedar a fronte
do periódico federal por uns meses en
1947.
e 1932), aceptando tamén quedar a fronte
do periódico federal por uns meses en
1947.
O día 17 de nadal de 1930, día do asasinato do Mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo no 1483, asina en Buenos Aires, xunto a Suárez Picallo, E. Blanco Amor, Emilio Pita, A. Alonso Ríos, Avelino Díaz e moitos outros galeguistas, o Segundo Manifesto dos nacionalistas galegos.
En 1956 formou
parte da Comisión Organizadora do
Primeiro Congreso da Emigración Galega.
Nunha entrevista que realizaramos a Xosé
Neira Vilas para o noso blog que na páxina
web de Praza Pública levara adiante baixo o título de “Galicia nas dúas beiras” dicíame con relación a este Congreso e a participación de Regueira: “No Congreso da Emigración de 1956 eu estaba na Secretaría. O secretario
designado era Francisco Regueira, pero
era un home moi maior e ademais non
escribía a máquina. Eu era pro-secretario,
pero de feito levei a secretaría toda”5. Certo isto
último mais non era tan maior e dáballe
á maquina con un dedo de cada man. Seguramente
a visión dun mozo activo como foi o noso
amigo Pepe Neira Vilas nese Congreso.

Logo de tres anos da presenza de todos os galeguistas activos en América nese 1º Congreso da Emigración Galega, intégrase a Comisión Organizadora da publicación das importantes actas do devandito congreso. Editorial Nós, baixo o coidado de Ramón Suárez Picallo, Francisco Regueira, Rodolfo Prada e Manuel Porrúa presentan para a posteridade o libro respectivo.
Os últimos anos da súa vida
dedícaos principalmente ó periodismo. O
3 de outubro de 1965 Manuel Puente crióu
o Correo de Galicia, periódico
editado en Bos Aires dirixido polo xoven
avogado Perfecto López Romero6. José González
Ledo chamou a Francisco Regueira, participante
activo dese proxecto “obstinado animador
de todo empeño cultural”. Na súa propaganda
dicían: “Gran periódico para los 500 mil
hogares gallegos de la Argentina”. Esta foi
a cuarta época. En anteriores períodos Ramón
Suárez Picallo foi Secretario de Redacción
e tiña unha sección fixa.

Atopabamos
a Regueira traballando sempre na
redacción dese periódico. A residencia de Manuel Puente en Buenos Aires converteuse na sede da redacción nese espacioso piso da Rúa
Rivadavia 3760, en Bos Aires. Manuel
Puente tamén cedera esa casa para as
xuntanzas do Consello de Galiza, nos
anos 40. A pegada de Castelao está moi
presente na casa. Entre outras cousas poden
verse diversas fotografías, unha serie de debuxos e o exemplar número 0 da primeira edición d’As cruces
de pedra na Galiza, asinado polo propio Castelao poucos días antes de morrer.

Francisco Regueira morre en Bos Aires no ano 1978.
______________________________________
1. http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/index.php?cat= 12056.
Carta de Ramón Suárez Picallo a Francisco Regueira do 28 de marzo de 1932.
Carta de Ramón Suárez Picallo a Francisco Regueira do 28 de marzo de 1932.
2. Op.cit. Carta de Ramón Suárez Picallo a Francisco Regueira do 30 de xaneiro de 1932.
3. Orientación Gallega, Bos Aires, nº 20, 01-02/1964.
4. Díaz, H.: Historia
de la Federación de Sociedades gallegas:
identidades políticas y prácticas militantes, Bos Aires, Fundación Sotelo Blanco e Editorial Biblos, 2007.
de la Federación de Sociedades gallegas:
identidades políticas y prácticas militantes, Bos Aires, Fundación Sotelo Blanco e Editorial Biblos, 2007.
5. Galicia nas dúas beiras: “Entrevista a Xosé Neira Vilas: a xuventude no alén-mar dos anos 50”, http://arxentina. prazapublica.com/post/19176477735/entrevista-a-xoseneira- vilas-a-xuventude-no.
6. Perfecto
López Romero foi activo integrante da Asociación Arxentina de Fillos de Galegos. Fillo de
Perfecto López, emigrante que tivera
fortuna coa comercialización de coches
dunha marca internacional.
López Romero foi activo integrante da Asociación Arxentina de Fillos de Galegos. Fillo de
Perfecto López, emigrante que tivera
fortuna coa comercialización de coches
dunha marca internacional.