Xosé Anxo Seoane Cao
A
perda do modelo tradicional de transmisión de coñecementos, isto é, de xeración
a xeración a través da palabra e da experiencia directa, é cada vez máis
evidente. Xa non escoitamos os nosos maiores. E un pobo que non escoita, que non
asenta os seus pés nas súas raíces, na súa tradición (para engrandecerse e
progresar), perde todo aquilo que mellor o caracteriza e define. E morre como
tal. Temos un enorme patrimonio que estamos a perder: os nosos maiores.

Todas
as persoas atesouran historias e anécdotas que debemos coñecer de primeira man.
O noso presente está determinado por un pasado inmediato. Coñecelo, comprendelo
é vital para encarar con optimismo o futuro, un futuro no que debemos
manter (non podemos renunciar) a identidade peculiar que como galegos posuímos.

Xunto
cos grandes personaxes da nosa historia, son as persoas sinxelas, humildes,
honestas, traballadoras, comprometidas…, as que construíron o que agora
temos. Jesús Castro Vidal, como tantos outros, constitúe parte importante desa “humilde
grandeza do noso”. Recuperar esa esencia, a cerna do “sermos galegos” a través da
palabra é o obxectivo fundamental do proxecto “Conversas”.Este proxecto inclúe
un documental de 19’ 30’’ e este pequeno artigo complementario publicado en “Areal”,
a revista cultural da AC Irmáns
Suárez Picallo que vostede está a
ler neste momento.

Tendo en conta estes principios e como demostración didáctica
do que se quere salientar, Moucho
producións, a aventura
audiovisual creada por Javier González Garrido e mais eu mesmo, realizou o
documental citado anteriormente en torno á vida do noso conveciño Jesús Castro Vidal,
un dos personaxes que constitúen a memoria viva da historia sadense, quen
amablemente foi contándonos os pormenores da súa longa experiencia vital.

Jesús
naceu en Riobao o catorce de xullo de 1927. Era o máis pequeno de cinco irmáns,
un deles morreu prematuramente e non chegou a coñecelo. Do mesmo xeito,
tampouco chegou a coñecer ao seu pai xa que cando Jesús naceu, o pai estaba
emigrado en EE UU, e máis adiante, faleceu antes de se producir o reencontro
familiar.

Ao cumprir os seis anos entrou na escola “Sada y sus contornos”, logo
de estar un tempo na escola da Recha, unha viúva que daba clase aos máis pequechos
antes de iniciaren os estudos de educación primaria. Curiosamente, o pai de
Jesús formaba parte da xunta directiva da Asociación Sada y sus Contornos,
fundada o 19 de maio de 1913 por sadenses emigrados nos EE UU co obxectivo
fundamental de crear escolas en Sada.

Cando o neno Jesús ingresa na escola
estamos en plena II República. Jesús resalta a laicidade da ensinanza e as boas
prácticas dos mestres. No primeiro curso estaban os nenos
e as nenas xuntos na mesma aula con dona Consuelo, aínda que separados por un
pequeno corredor e colocados en cadanseu lugar: nenos nunha banda e nenas na
outra. Ao pasaren ao seguinte curso, os rapaces ían con don Severino e as
rapazas con dona María Teresa. Cóntanos dúas anécdotas desa época. A primeira cando
se coloca a primeira pedra da construción do dique do porto de Sada, pouco
antes do inicio da guerra civil. No acto participaron, entre outras
autoridades, o alcalde republicano Antonio Fernández Pita e o párroco Juan
Villanueva; tamén todos os nenos e as nenas da escola. Nese acto depositáronse
unhas moedas e unha bandeira republicana no burato escavado para tal fin (cando
a guerra se iniciou, misteriosamente desapareceu todo). A outra correspóndese
coa inauguración das escolas de Bergondo, feito que se produciu semanas antes
da guerra, e na que participaron tamén os nenos e nenas de Sada e Contornos.

O estoupido da guerra tirou ao traste todas as
esperanzas de mellora e fíxolles ver, incluso aos máis novos, a violencia
extrema da represión. Un día, cando regresaban de se bañaren el e os seus
amigos na rampla do Lameiro, atoparon o cadáver dun home moi preto do antigo
aserradoiro que existía na zona. Esa persoa resultou ser José Monzo. Non
soamente el, tamén outros como Antón Suárez Picallo, Xosé Neira, Carballeira, Prego,
o Gerpe, o Pintor… apareceron mortos, “paseados” en diversos lugares de Sada.
Outros, preferiron acabar eles mesmos coa súa vida, como o propio José Monzo.
Lembra tamén como o corpo sen vida deste estivo varios días no cemiterio para a
súa identificación, antes de ser enterrado. O medo caracterizaba aqueles tempos
de escuridade e de represalias, de rapina, impunidade…

No ano 1936 a familia
estaba a preparar a súa viaxe a EE UU para se reencontrar co patriarca. Dese
xeito, o seu irmán maior, Ricardo, ingresou voluntario no exército para facer o
servizo militar e adiantar a viaxe. Precisamente cando ingresa no exército viaxa
en compaña de Ramón Suárez Picallo, naquel momento deputado en Cortes polo
Partido Galeguista, quen viñera pasar uns días de descanso e a visitar a
familia en Beloi. O inicio da guerra frustra os plans familiares. O seu irmán
(formaba parte dunha escuadrilla aérea de combate do bando republicano) morre
na fronte de Teruel e tamén morre en EE UU en 1939 o seu pai.

Despois de saír
da escola de Sada e
Contornos pasou por outras de Sada ata que
en 1939, ano da morte do seu pai, empeza a traballar con Juan Lorenzo, o
ferreiro da Chaburra. De aí pasou a traballar nos talleres da Compañía de Tranvías,
no Carballo, onde exerceu practicamente todos os postos de traballo: axustador,
centro de bobinas, torneiro… Conseguiu unha bolsa de estudos para estudar na
Escola de Traballo, na Coruña, onde completou con éxito a súa formación
profesional.

Dos anos corenta lembra o ensañamento dos fascistas cos familiares
dos republicanos e como os utilizaban para realizaren traballos “case forzados”,
como limpeza de camiños, balados… Tamén recorda a desgraza do “Alegre”, unha embarcación
de Pontedeume que participaba na procesión marítima da Virxe do Carme en agosto
de 1940. O “Alegre” bateu coas rochas da Pulgueira
e encallou botando a un cento de persoas ao
mar. Mariñeiros de Sada non dubidaron en tirarse ao mar e socorrelas. Dentro do
que puido ser unha catástrofe de maiores dimensións, soamente houbo que
lamentar a perda de tres persoas que morreron afogadas.

Por aquel tempo, Jesús
era un mozo divertido e inquedo, e xunto cos seus amigos fundaron o equipo de
fútbol da vila, o Raio (fusionando o Vendaval e o Raio). Como calquera outro
mozo do seu tempo gustaba de ir ao baile e participar nas festas da vila e dos arredores.
Ían á Terraza, ao Moderno… e a tomar “uns chiquitos” para ir “entoados” ao
baile. Sada era por aquel tempo un fervedoiro de xente que buscaba distraerse e
esquecer os malos tempos das tebras. Tamén participou na danza dos arcos, nas procesións
do Carme…

O Sporting Sada a finais dos anos 40. Jesús é o segundo pola dereita dos que están de pé.
O Rayo C. F. no ano 1944. Jesús, de pé, segundo pola esquerda.
Jesús botou moza, Manola, e pasado un tempo os plans de voda
chegaron. O soldo era moi baixo polo que se viu obrigado a emigrar. Conseguiu un
contrato ficticio de traballo para emigrar ao Uruguai. A primeira viaxe que
fixo en tren foi precisamente dende A Coruña ata Vigo, onde embarcou nun barco
italiano, o “Castello Felice”. Chegou a Montevideo uns días antes da Noiteboa
de 1953. Alí o estaban agardando uns amigos. Ao pouco tempo entrou a traballar
no taller “Broklyn”. En canto puido casou coa súa noiva de sempre por “poderes”,
o dez de marzo de 1955. Manola chegou a Montevideo o doce de outubro dese mesmo
ano. .

Alí levaban unha plácida vida. Participaban nas actividades dos centros
galego e ourensán e da Casa de España. Co gallo da viaxe de Ramón Suárez Picallo
a Montevideo (foi dar unha conferencia ao Centro Galego) Jesús foi saudar ao
seu veciño, tamén para saber de primeira man o que pasara co seu irmán morto na
guerra e tamén da morte do seu pai, enterrado en Astoria (EE UU).

En Montevideo
naceron as súas dúas fillas. En 1963, como a tantos outros, éntralle o engado da
Terra, e a familia volve para Sada, o trece de xuño, iniciando unha nova vida. De
novo na vila, Jesús desenvolveu varios traballos. En principio, xunto cun cuñado
e outro socio, de transportista cun camión “Pegaso” que mercaran uns anos
antes. Pero iso non era o seu e tampouco daba para tanto, polo que decidiu emprender
outros proxectos. Durante uns anos embarcouse de camareiro no “San Vicente” e
no “San Roque”, vapores que facían a ruta de España a Brasil, Uruguai e
Arxentina. Tamén algúns cruceiros por Europa. Logo dun incidente laboral coa
compañía, traballou de fontaneiro en varias edificacións de Sada. Máis adiante,
con Juan Arévalo,
Juan Fuentes e Pedro Deus mercou unha lancha en Pontedeume para a extracción de
area. O negocio ía ben ata que pouco a pouco a construción foi esmorecendo.
Logo, acondicionaron a barcaza e cun guindastre empezaron no negocio dos
mexillóns. Despois, o frío industrial e o mantemento dos camións, das bombas
hidráulicas, dos sistemas de depuración das plantas de Lorbé e Esteiro… E así
ata a xubilación no ano 1992. En palabras de Jesús, como traballador el era “como
as funerarias: traballaba as vinte e catro horas do día”.

En Sada participou na
vida cultural e política como o que máis. Durante dez anos formou parte da
xunta directiva da Sociedade
Recreativa, Cultural e Deportiva.
Máis adiante participou na fundación da Agrupación Socialista de Sada para as
primeiras eleccións municipais no ano 1979 (foi de número 2 nas listas). Así
repetiría en todas as eleccións ata que se produciu o “escándalo Santamaría”,
o tránsfuga do PSOE que posibilitou o goberno dos populares, logo da
presentación dunha moción de censura no ano 2004 contra o alcalde nacionalista
Abel López Soto. A partir dese momento, abandona o PSOE e participa na “Plataforma
Cidadá en Defensa da Democracia en Sada”. Foron tempos intensos e de moita actividade.
Un dos legados que a Plataforma deixou foi o monólito en homenaxe a todos os
represaliados polo franquismo en catro décadas de ditadura que se atopa no
paseo marítimo.

Actualmente forma parte da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, asociación nacida en 2007 que promove gran parte
das actividades culturais da vila. En definitiva, oitenta e oito anos de vida
intensa que paga a pena coñecer. Recuperemos a necesidade vital de escoitarmos os
nosos maiores, de seguro que aprenderemos moitas cousas. Ademais, estaremos a
pagar a gran débeda con eles contraída