ACHEGAMENTO A VIDA E INVENCIÓNS DE RAFAEL DIESTE

Patricia Varela Cano

Rafael
Francisco Antonio  Olegario Dieste
Gonçalves,  era o último de sete irmáns e  o único nacido na vila de  Rianxo, da que sempre falou  con agarimo e respeto. Naceu  o 29 de xaneiro en 1899, un  ano antes do seu ben querido  amigo o poeta Manuel Antonio,  co que se pode dicir, compartiu  o amor pola literatura e  co que entrou en contacto co federalismo e o  nacionalismo a través de Vicente Risco e o
seu  ilustre veciño, de porta con porta,
Castelao.  

Membro dunha familia acomodada
de emigrantes  galegos e brasileiros. A
súa nai, Olegaria  Gonçalves Silveira,
era natural do Río do  Sul (Brasil) e
asentada en Rocha (Uruguai).  Era ben
comentado, entre as súas cualidades,  que
era unha grande conversadora e narradora, 
arte que notablemente herdou Rafael. Seu 
pai, Eladio Dieste Muriel, tiña un cargo importante  na vila, como xuíz municipal e repartidor  de consumos. Naceu en Padrón e era fillo do  maxistrado don Antonio Dieste e dona María  Muriel. Apelido familiar, este último,
utilizado  por Rafael na súa obra
literaria. Antes ca él xa  naceran:
Enrique, Eladio, Eduardo, Antonio,  Olegaria
e Manuel, que tamén se converteron  en
emigrantes. Eduardo como Cónsul uruguaio, 
e Antonio viaxará a México. Será un apoio  para Rafael coñecer mundo gracias á axuda da  familia, quen o acollerá no principio do seu
exilio  en América.  

Dende novo colabora, xunto co seu irmán  Eduardo, e Castelao, na revista anticaciquil
de  temática satírico-humorística :
El Barbero Municipal.  Semanario
fundado por Ramón Rey Baltar,  que se
editou en Rianxo, como órgano do  Partido
Conservador local e que criticaba á política 
do liberal Manuel Viturro Posse, secretario  da Deputación Provincial da Coruña e do  cacique local, o alcalde Manuel Pérez. Razóns  polas que se exerceron presións sobre o seu  irmán Eduardo, que verase  obrigado a exiliarse.  

Pasan os anos, e en Santiago  Rafael comeza o servizo militar  que se prolonga dous anos  en África, debido ó desastre de  Annual, polo que vivirá de  preto a guerra que España  tivo en Marrocos. De regreso  a Galicia, colabora en diferentes  periódicos: Faro de Vigo,  Diario
de Galicia
, El Pueblo Gallego, onde senta 
as bases da renovación do antigo xornalismo,  contribuíndo a fixalo como xénero literario.  Será nesta época cando máis se aproxima ó
nacionalismo,  por influencia de Castelao
e outros  moitos intelectuais galeguistas
do momento. A  pesar de que manifestou a
súa preferencia polo  bilingüismo,
escribe en galego obras tan relevantes  como:
Os Arquivos do Trasno (1926) onde 
recolle o seu pensamiento sobre a teoría do  conto, de gran importancia e sen precedentes  na literatura galega. Un ano despois, publica
A  fiestra
Valdeira
, comedia teatral inspirada na  vida mariñeira de Rianxo, ca que plantexou  por primeira vez a noción dun teatro popular  galego. Nos artigos de Faro de Vigo, fala da  importancia
da creación dunha gramática galega,  como
por exemplo:
Escrito e
Fala
, artigo  recollido
Antre a terra e o ceo por Edicións do 
Castro, no que expón:
“pra
depuralo galego non  abonda adeprender
verbas e xiros. Hay que adeprender  tamén
‘acentos’.”  

Ademais das xa citadas obras, entre o resto  da súa bibliografía en galego, está: A vontade de 
estilo na fala popular
que
foi o seu discurso de  entrada na Real
Academia galega, publicado  tamén por
Edición do Castro con resposta de  García
Sabell.  

Outro libro en galego foi Viaxe e fin de Don  Frontán publicado
en 1982, un año despois do  seu
falecemento, onde hai resonancias de Valle- 
Inclán, autor moi admirado e respectado por
 Dieste
e que, como o primeiro, intenta esclarecer 
temas humanos. Na obra compara a vida co 
teatro, entendido como a escenificación da nosa  existencia como unha forma de entendela.  

O teatro ocupou unha parte fundamental da  súa vida. En 1932 dirixe e anima As Misións  Pedagóxicas, teatro guiñol grazas o cal
coñece  a súa dona Carmen Muñoz e
percorre diferentes  localidades do
territorio peninsular, comunicando  ás
xentes da cidade coas do campo
.
Tivo  un
papel relevante na renovación e vigorización 
do teatro de guiñol hispano. Tamén interesouse  pola teoría dramática dando obras como: 
Revelación
y rebelión del teatro
(1935) onde  abordou as ideas do británico Edgard Gordon  Craig,
destacando igual que este, o uso de elementos  escénicos (escenografía, vestiario,
iluminación,  etc.) de forma que
transcenda a realidade,  incluso
aplicando o concepto de  “supermarioneta”,
polo que se consideraba o  actor como un
elemento plástico máis con capacidade  de
movemento. Como dicíamos, deu un  paso á
renovación da escena teatral contemporánea 
que él consideraba imprescindible para 
superar ó Realismo escénico. En 1936 é nomeado  Director do Teatro Español de Madrid,
dirixindo  o grupo de teatro
Nueva Escena, mentres  foi
posible, xa que estala a guerra civil. Pasa a 
formar parte da Alianza de Intelectuais Antifascistas.  E continúa escribindo obras dramáticas  combativas como:
Al amanecer (1936) e Nuevo  teatro de las maravillas (1937).  

Trasládase
a Valencia, onde colabora na  revista
El buque rojo e forma parte da fundación  da revista Hora de España,
onde escribe  baixo o heterónimo Félix
Muriel. En febreiro  de 1939, ten lugar o
seu exilio, despois da caída  de
Barcelona e o seu encerro no campo de  concentración
de Saint Cyprian, localizado este,  nunha
praia onde os presos permanecían  hacinados
en barracóns en condicións insalubres  e
sen auga potable. Moitos morreron, por  sorte,
o poeta Pablo Neruda, entonces cónsul  de
Chile en París, conseguiu a súa liberdade. 
Rafael viaxará ata Holanda e no porto de Rotterdam  embarcará, xunto coa súa muller, rumbo  a Arxentina.  

No libro 2666, do chileno Roberto Bolaño, o protagonista pasa horas contemplando o Testamento geométrico de Dieste, que na novela aparece colgado do tendedeiro a modo de obra de arte.

Comeza unha etapa transatlántica de compromiso  e traballo. En Bos Aires asume a dirección  literaria da Editorial Atlántica e máis tarde  funda xunto con Luis Seoane, Arturo Cuadrado  e Lorenzo Varela, a Editorial Nova, máis  a Editorial Emecé, onde crea a colección
Dorna,  na que elabora unha lista de
libros a publicar: 
De Catro a Catro de Manuel Antonio e Rojo  farol
amante
, o seu único libro de poesía que  publicará.  

Preparará unha das súas obras máis importantes  e coñecidas: Historias e Invencións de Félix  Muriel,
libro nacido por petición de Seoane e  que
Dieste comezou a ler cada sábado no café 
Toltoi, lugar de reunión para os refuxiados españois,  sobre todo para os galegos. Xa que como  apunta o seu biógrafo Luis Rei Núñez, Rafael é admirado como dramaturgo, novelador, 
 poeta,
tradutor, pensador, e por enriba de todo 
como bo conversador.  

Unha vez
rematada a guerra, volta a Europa.  Viaxará
a Italia e Francia, como na súa xuventude. 
Tamén a Londres onde contacta ca  dirección
do programa en galego da BBC e consegue  as
lecturas de textos para as emisión radiofónicas 
dirixidas a España. Da paso a súa 
etapa en Cambridge ata 1952, onde senta as bases  do seu pensamento matemático, que dará  como resultado o seu
Nuevo tratado del paralelismo  (1955),
o que denota a grande cultura de Rafael  Diste,
que non só fica no plano das letras,  senón
nas ciencias e na música, pois tamén toca 
o piano. Poderíase dicir que é un Humanista  contemporáneo, que trata de darlle sentido á  vida a través da súa creatividade
inesgotable.  

Un ano máis tarde
afincarase en México  como profesor de
lingua e literatura no Instituto  Tecnolóxico
de Monterrey, onde escribirá  en
principio para os estudantes:
Pequeña
clave  ortográfica
, para perseguir radicar a mala ortografía  dos seus alumnos.  

Logo da súa longa etapa no exilio, volta  por fin a Galicia. Chega o tan merecido
recoñecemento.  E en 1970, é nomeado
membro da  Real Academia Galega, e
considerado unhas  das figuras máis
destacadas das letras contemporáneas.  Segue
publicando obras:
¿Que es
un  axioma?,
distribuído por Galaxia, Filosofía e xeometríaEl alma y el espejo, reedita Os
Arquivos  do trasno
onde revisa a obra e cambia títulos  dos seus contos. Atópase nun momento da súa  vida moi creativa na que continúa
enfrontándose  ó misterio. En 1975
publícase:
Testamento  geométrico obra
na que da resposta a problemas  matemáticos
estudando a autores como Euclides,  Lobatchevski
e Rieman. Na súa nota preliminar  escribe:
“Tres libros compoñen esta  obra, cada
uno con su propia unidad, pero funcionalmente 
correlacionados por el destino del 
conjunto…” a característica da estrutura do libro  influirá na concepción de
2666,
obra póstuma  de 2004 de Roberto Bolaño,
dividida en  cinco partes e publicadas por
separado. Na segunda  parte, do libro do
escritor chileno, chamada 
La parte de Amalfitano o protagonista pasa  horas contemplando o citado libro de Dieste,  que na novela aparece colgado do tendedeiro a  modo de obra de arte (“ready-made”), como
homenaxe  ó autor galego.  

Estelle Irrizary, estudosa da obra de Rafael, destaca do escritor a súa admiración polos enigmas da vida, a firmeza do seu paso polo mundo e o seu valor ante o misterio. El mesmo declarou que a súa escritura torrencial responde ao seu desexo de esclarecer temas humanos, e ao seu propio sentir de problemas relativos ao tempo e ao ser. Por todo isto, cabe dicir que despois de ler a Dieste ninguén fica indiferente.


Obras publicadas:  

En
galego  
O drama do cabalo de xadrez (1925)  
Dos arquitos do trasno (1926)  
A fiestra valdeira (1927)  
A vontade de estilo na fala popular (1975)  
Viaxe e fin de don Frontán (publicado póstumamente  en 1982)  

En castelán  
Juan
de Luz
(1929)  
Rojo
farol amante
(1933)  
Quebranto
de doña Luparia y otras farsas
(1934)  
La
vieja piel del mundo
(1936)  
Promesa
del viejo y la doncella
(1938)  
De
cómo vino al mundo Félix Muriel
(1942)  
Historias
e invenciones de Félix Muriel
(1943)  
Viaje,
duelo y perdición
(1945)  
Luchas
con el desconfiado
(1948)  
Nuevo
tratado del paralelismo
(1955)  
Pequeña
clave ortográfica
(1956)  
Diálogo
de Manuel y David
(1965)  
¿Qué
es un axioma?
(1967)  
Testamento
Geométrico
(1975)  
Viaje,
duelo y perdición: tragedia, humorada y comedia 
(1979)  
El
alma y el espejo
(1981)  
Camino
de Santiago y otros relatos
(1981)  

Bibliografía:  
REI
NUÑEZ, LUIS, (1987)
A
travesía dun século
.  A Coruña: Edicións do Castro  
GURMENDEZ, C. (1978) “Mi escritura torrencial  intenta esclarecer temas humanos”  El
Pais  
IRIZARRY,
E. (1982) “El valor ante el misterio  en
la obra de Rafael Dieste”
El
Pais
 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *