Manuel Pérez Lorenzo
Sadenses na Festa da Flor, celebrada por Sada y sus Cotornos en New York no ano 1933. Vida Gallega, Vigo, 10/07/71933
COMPROMISO
IDEOLÓXICO E ACTIVIDADE POLÍTICA
IDEOLÓXICO E ACTIVIDADE POLÍTICA
Os nosos emigrantes chegaban ao continente americano animados por múltiples
expectativas, pero tamén acosados por
todos os problemas que se derivaban
dunha economía atrasada e profundamente desigual
no que ao reparto da riqueza se refire.
A estadía en América levaraos, en moitos
casos, a se integraren en organizacións políticas, sindicais e culturais nas que tomarán
conciencia de todas estas problemáticas
e adoptarán unha determinada definición
ideolóxica.

Nos EEUU, nomeadamente
durante a Guerra Civil, os emigrantes de
Sada e outros concellos da comarca
desenvolverán un papel activo en
entidades cunha marcada compoñente ideolóxica:
as Sociedades Hispanas Confederadas
(SHC), unha plataforma creada para apoiar a República, e o Frente Popular Antifascista
Gallego (FPAG)1. Á súa fronte
estarán sadenses como Domingo Alonso
(secretario xeral das SHC) Emilio Flórez
(moi activo no FPAG) ou Ramón Mosteiro
(secretario xeral do FPAG). Este último,
“de gran prestixio entre a comunidade
galega”, segundo González López, nacera xa nos EEUU, estudara medicina en Santiago de Compostela e retornara a New York no transcurso da guerra. Mosteiro sería o
responsable da chegada aos EEUU de Ramón
Suárez Picallo, como o propio Ramón
relataba:

O Fronte Popular Galego de Axuda
a República Española da gran urbe
norteamericana chamábanos aos dous para
que foramos a dar alí un ciclo de
conferencias. Firmaba Ramón Mosteiro, un
veciño meu de Sada […]. Iste Ramón Mosteiro
estivera con nós en Cataluña darredor da
Noite Boa, cando a guerra estaba a punto
de rematar, co resultado que todos xa
prevíamos. Fíxose gran amigo noso e
díxonos que en chegando a Nova York ocuparíase
da nosa situación. Eisí o fixo aquel
gran galeguista e republicán sadense; e cando leu na prensa norteamericana a noticia do gran éxodo o 10 de febreiro de 1939,
mandounos o telegrama. Decíanos nel que
nas oficiñas da “Cunard Line” de París,
tiñamos a nosa disposición un pasaxe en
clase “turista” e 50 dólares en efeitivo
para cada un.2

A FPAG e as SHC organizaban xiras polos EEUU, celebrando mitins a cargo de figuras como Castelao, Basilio Álvarez, Luís Soto ou
o propio Suárez Picallo e recadando
apoio económico para a República e para
conducir a América aos exiliados retidos
en campos de concentración franceses.
Finalizada a Guerra Civil, o FPAG
transformaríase, baixo a inspiración de Castelao,
en Casa Galicia (Unity Gallega of de U.
S.), un centro galego con outras finalidades
pero que, non obstante, non cesaría nas súas reivindicacións políticas democráticas,
opoñéndose á ditadura de Franco e
agrupando aos exiliados radicados en New
York3. O papel dos
nativos de Sada na xestión de Casa
Galicia sería protagonista e
determinante: Salvador Galán foi o seu
primeiro presidente; Ramón Seijo, de Soñeiro,
seríao en catro ocasións; e Emilio Flórez,
de Sada de Arriba, presidiría a entidade en cinco etapas desde os anos 40 ata os 70.
Flórez, afervoado demócrata e
galeguista, impediu mentres viviu o uso
da bandeira franquista4.

O peso
dos mariñáns nestas institucións correspóndese
co volume do continxente migratorio
procedente daquela comarca nos EEUU.
Precisamente serían os antifascistas sadenses os que celebrarían unha homenaxe de despedida ao seu paisano Suárez Picallo antes da súa
partida cara Santo Domingo, en xullo do
1939:

Cupo el honor de organizar
aquella humilde cena de despedida, a un
grupo de buenos antifascistas nacidos en
Sada. Se le ofrecían al compañero que
también nacido en Sada, partía, como el
eterno caminante, hacia otras latitudes.
¡Siempre, -como Dn. Quijote- rompiendo
lanzas por la justicia y la dignidad humana…! Fueron las palabras más notables de Picallo, aquellas en que afirmaba que en
la lucha por la Libertad, su soñada
Dulcinea, comenzaba siempre por apoyar
su cayado en Sada, y marchar siempre
tras el Sol, en el ansia eterna de los
gallegos de saber dónde se ponía el
astro rey, cubriendo así, sin darse cuenta,
la redondez de la tierra.5

Como
curiosidade cabe destacar nos EEUU a pertenza
sadenses á masonería. Os casos máis interesantes
son os dos directivos de Sada y sus Contornos
Ramón Mosteiro Calza e Antonio Calza
Tíe, que exercen en diferentes etapas dos
anos 30, 40 e 50 o cargo de Gran Venerable da loxia La Fraternidad 387, a máis importante
de fala hispana dos EEUU6. Esta
militancia masónica impregnaría á propia
sociedade de Sada y Contornos e
manifestaríase nas súas iconografías.

A
OBRA DOS AMERICANOS EN SADA
OBRA DOS AMERICANOS EN SADA
A actividade
das organizacións de emigrantes deixará
unha forte impronta sobre as comunidades
de orixe. Unha pegada que é fundamental
para comprender a historia contemporánea
de Galicia7.
das organizacións de emigrantes deixará
unha forte impronta sobre as comunidades
de orixe. Unha pegada que é fundamental
para comprender a historia contemporánea
de Galicia7.
A
introdución de capitais resultou fundamental
como complemento da economía labrega
e mariñeira familiar para a redención de foros, logo dos decretos promulgados na ditadura de Primo de Rivera. Os cartos de América eran
tamén destinados á remodelación e
construción de vivendas e, en non poucos
casos, á adquisición de embarcacións
pesqueiras que ofrecesen un medio de
vida ao retorno. O cese da entrada de divisas
logo do crack do 29 orixinaría unha profunda
crise, da que se facía eco o xornalista Xohán A. Suárez Picallo en 1934, cando identificaba como un dos principais motivos da difícil
situación económica “a falla do xiro de
América, enviado a costa de mil
privacións, e lenitivo doutras tantas
que viña a remediar”8.

Por outra parte, non son menos significativas as aportacións á comunidade de orixe a través de bens materiais e de novos servizos. En Sada non se dan casos de doazóns particulares de indianos ricos, como si se dan en moitos outros lugares. Será a acción conxunta dos emigrantes, reunidos en entidades como as que xa temos estudado, a que achegue ao municipio determinadas prestacións das que antes carecía.
A
entidade máis relevante neste sentido sería
Sada y sus Contornos, en New York, que, como vimos, establecía na creación de escolas
neutras no termo municipal de Sada a súa
principal aspiración, para así dotar ás
novas xeracións daqueles medios dos que
os creadores da sociedade careceran.
Tratábase de axudar a “propagar y dar a
conocer los fines y principios del raciocinio
natural por medio de un sistema educativo y neutro, el cual estará basado en un plan de
enseñanza moderno, verdadero y natural,
libre de errores y prejuicios dogmáticos
y sectaristas”9.

Para estes fins, crearíase unha delegación da sociedade en Sada, constituída en 191810. Sería quen vertebraría as relacións entre ambas
beiras do Atlántico, así como a
encargada de pór en práctica os
proxectos da sociedade homónima neoiorquina
cos fondos que esta aportaba. As súas
aspiracións veranse culminadas no ano 1927,
cando se inaugure o moderno e hixiénico edificio
e se comecen a impartir aulas seguindo aqueles
innovadores preceptos pedagóxicos11.

Fóra do
que é a creación e sostemento de centros
educativos, os emigrantes de Sada en América
tamén realizaron outras aportacións materiais
ao desenvolvemento dos seus respectivos lugares
de orixe. Unidos de Sada, no 1929, coa
colaboración de destacados elementos e
por iniciativa, unha vez máis, de Ramón Suárez
Picallo, doaría ás escolas de Sada y sus
Contornos un completo fondo bibliográfico duns 800 volumes, a biblioteca “República
Argentina”, coa súa propia vitrina na
que lucía o nome da sociedade e o escudo
arxentino. Desde New York remitiríanse
varias caixas máis de libros que
completarían a colección12.

Tamén
desde estas sociedades téñense remitido achegas
económicas concretas destinadas a
labores humanitarios en momentos de crise,
para realizar repartos de comida entre os
máis desfavorecidos. É o caso de Sada y sus Contornos, que no 1924 remitía 2000 pesetas para a compra de víveres logo do último
temporal, repartíndose pan e patacas
entre 75 familias sen recursos durante 5
semanas13. Entre outras achegas singulares destacaría a lápida dun mestre de Sada falecido no 1927, José
María Golán, sufragada por “un grupo de
exalumnos residentes en Nueva York”14.

NOVAS IDEAS QUE CRUZAN O ATLÁNTICO
Tamén no plano ideolóxico se percibe a influencia de América, introducida a través
de diferentes vías nas localidades de
orixe dos emigrados.
de diferentes vías nas localidades de
orixe dos emigrados.
As
revistas publicadas pola colectividade galega
de Buenos Aires chegaban periodicamente á
Sada. No ano 1926, a agrupación xuvenil Mareiras
estaba subscrita á revista Céltiga, de
marcada tendencia nacionalista15. Do mesmo xeito,
a prensa local atopaba un importante mercado
entre as colectividades emigrantes. Así,
a revista Mariñana, publicada en Sada entre os anos 1925 e 1926, tiña puntos de venda en New York, Boston, La Habana e Buenos Aires.

Mais a vía principal de penetración destas influencias son os propios emigrantes
retornados que, como vimos, en América
adquiriran unha certa bagaxe tanto
ideolóxica como na praxe sindical ou
dentro dos colectivos galegos.
retornados que, como vimos, en América
adquiriran unha certa bagaxe tanto
ideolóxica como na praxe sindical ou
dentro dos colectivos galegos.
A
incidencia dos emigrantes retornados no movemento
obreiro foi significativa, nomeadamente no
anarquismo, que foi a corrente de maior
implantación en Sada. Non poucos cadros sindicais
procedían dos EEUU, como é o caso de
José Monzo Ríos ou de Emilio Amor, ambos
presidentes do Sindicato de Oficios Varios
de Sada, da CNT.

Por outra banda,
os principais dirixentes republicanos
que á altura do 1931 militan na ORGA
proceden da emigración norteamericana, como
Justo Rodríguez Pérez (primeiro alcalde da
República) e Antonio Fernández Pita (segundo
alcalde e fundador de Sada y sus Contornos).
Influintes sobre o republicanismo local
serían tamén os irmáns Villacampa Méndez.

Pedro, retornado de New York a finais dos
anos 20, exercerá como concelleiro na
corporación republicana entre 1931 e
1936, e Juan será obxecto de diversos
recoñecementos na vila, que visitaba
periodicamente malia seguir residindo en
América. Directivo de Sada y sus Contornos,
presidente de Casa de Galicia de New York nos anos 30 e presidente tamén dun Comité pro- Autonomía de Galicia, será o portador da
bandeira tricolor na manifestación
celebrada con motivo da proclamación da
II República, o 14 de abril de 1931, e
en agosto de 1932, será homenaxeado pola
corporación municipal:

Ha tenido
lugar el pasado domingo una comida íntima
con que un grupo de amigos ha obsequiado
a don Juan Villacampa, recién llegado de
Nueva York, en donde residía. El señor
Villacampa es un fervoroso republicano que,
meses antes de proclamarse el régimen ofreció
sus dineros para la causa. El Ayuntamiento,
durante el homenaje, le hizo entrega
de una pequeña pañoleta de seda con los colores de la bandera nacional […].16

Tamén en New York residía o influente republicano José Casal Pallares, retornado a Sada no 193617. Pola mesma cidade pasara o principal dirixente de Izquierda Republicana e natural de Veigue Eugenio Pazos Pereiro. A incidencia da emigración deixarase sentir tamén na implantación en Sada do nacionalismo galego.
Cabe mencionar a dúas figuras eminentes,
como foron Lugrís Freire e Suárez Picallo,
ambos de Sada, e que se formaron politicamente
na emigración, o primeiro deles na
Habana finisecular e o segundo no Buenos Aires dos anos 10 e 20. Os dous teñen unha enorme influencia no desenvolvemento de prácticas e agrupacións de carácter galeguista nas
Mariñas, a través da súa popularidade e
dos seus vínculos familiares. Nos anos
20, Manuel L. Freire-Calvelo, curmán de
Lugrís Freire, artellaba e presidía a
agrupación xuvenil nacionalista Mareiras.
Cando Ramón Suárez Picallo visita a súa
vila natal en 1926 é recibido polos rapaces
de Mareiras:

Cando souperon
quen eu era, puxéronse de pé e
relixiosamente, cantaron o Hino Galego […].
Despois, un neniño de 11 anos rezou
-está é a espresión- “Galicia” de Cabanillas
con tanta enerxía e propiedade, que
de atoparse alí o Poeta da Raza houbérao
apreixado. Eu, pola miña parte, confeso
que non trocaría o máis apoteósico homaxe, por este sinxelo, emocionante, que me tributaron os rapaces mariñeiros do meu pobo natal.18

Na II República, o principal expoñente do Partido Galeguista en Sada sería Xohán Antón Suárez Picallo, irmán de Ramón.
Logo
da sublevación militar do 1936, o “americano”
sufriría unha caracterización negativa, como
home arrogante e inmoral que ven a rachar
coa harmonía, introducindo ideas “malsanas”.
O cóengo compostelán Manuel Silva Ferreiro,
no 1938, exemplificaba á perfección este
discurso no seu libro Galicia y
el movimiento nacional. No capítulo referido a Sada, líase un texto que merece ser reproducido:

Una parte de las ideas malsanas y revolucionarias, tuvieron sus más eficaces propagadores y panegiristas en los gallegos
americanizados. […] Muchos son los pueblos de la Región Gallega que pueden señalar uno de esos tipos, como causante de sus desventuras. Uno de ellos, es sin duda alguna la villa de Sada, pueblo
laborioso, trabajador y pacífico, hasta
que, de Norte-América, llegó José Monzo
dispuesto a sembrar entre los suyos las
doctrinas anarquistas y anarquizantes de
que traía henchido el corazón, ayudado
por Justo Rodríguez, tan malo como él,
aunque más recatado y más zorro sobre
todo. De allí arranca la organización
obrera en Sada […].19

Aqueles emigrantes que souberon roubar espazos ao seu tempo e sacrificios ás súas forzas para dotar aos seus conterráneos de todo aquilo do que eles careceran, verían a súa obra soterrada baixo o novo réxime. Mais legaron ás xeracións futuras un exemplo de traballo en común para construír un mañá máis xusto fundado no coñecemento e na razón.
________________________________________
1. Do
FPAG afirma Emilio González López que nel
“estaban integrados os galeguistas de Nova York, que eran os contertulios de Castelao. A maioría
eran das Mariñas coruñesas, de Sada,
Oleiros e Bergondo” (González López, E.:
Castelao, propagandista da República en Norteamérica, Ediciós do Castro, Sada, 2000).

2. Suárez
Picallo, R.: “Mister Coirós en Cleveland”,
Coirós, 07/1957.
Picallo, R.: “Mister Coirós en Cleveland”,
Coirós, 07/1957.
3. Zapata,
M.: “La historia de Casa Galicia”, http:// www.casagaliciany.com/historia%20de%20casa% 20galicia.pdf, consulta de 10/10/2015.
M.: “La historia de Casa Galicia”, http:// www.casagaliciany.com/historia%20de%20casa% 20galicia.pdf, consulta de 10/10/2015.
4. González López, op. cit.
5.
Frente Popular, New York, 14/07/1939, en González López, op. cit.
Frente Popular, New York, 14/07/1939, en González López, op. cit.
6. Vid. http://lafraternidad387.org/index.php?option=com
_con tent&view=article&id=11:pasados-venerables&catid=2:lafraternidad- lodge-387-faam, consulta do 01/10/ 2015.
_con tent&view=article&id=11:pasados-venerables&catid=2:lafraternidad- lodge-387-faam, consulta do 01/10/ 2015.
7. Peña Saavedra, V.: Éxodo, organización comunitaria e intervención escolar. La impronta educativa
de la emigración transoceánica en
Galicia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991; Núñez Seixas, X. M.: Emigrantes,
caciques e indianos, Xerais, Vigo,
1998; e Cagiao Vila, P. (coord.): Galegos en América e americanos en Galicia, Xunta de
Galicia, Santiago de Compostela , 1999. 8. Suárez
Picallo, X. A.: “Fame no agro e nos portos do
mar”, A Nosa
Terra, nº 346, 1934.

9. Sada y sus Contornos. Estatutos Generales, New York,
1918. Edición facsímil ao coidado de Miguel Gayoso Barreiro, Xunta de Galicia, 2008.
1918. Edición facsímil ao coidado de Miguel Gayoso Barreiro, Xunta de Galicia, 2008.
10. Arquivo do Reino de Galicia, Fondo Goberno Civil, G-2552.
11. Sobre
a construción e inauguración das escolas vid.
Gayoso Barreiro, M.: 1928-2008.
Sada y sus Contornos. 80 aniversario da
escola, Deputación Provincial da
Coruña, A Coruña, 2008.
a construción e inauguración das escolas vid.
Gayoso Barreiro, M.: 1928-2008.
Sada y sus Contornos. 80 aniversario da
escola, Deputación Provincial da
Coruña, A Coruña, 2008.
12. “Sada. Biblioteca escolar”, El Correo de Galicia, Buenos Aires,
27/11/1927 e “Los hijos de Sada en Buenos
Aires donan una biblioteca a su pueblo natal”, El Correo
de Galicia, Buenos Aires,
13/10/1929.
27/11/1927 e “Los hijos de Sada en Buenos
Aires donan una biblioteca a su pueblo natal”, El Correo
de Galicia, Buenos Aires,
13/10/1929.
13. Gayoso
Barreiro, op. cit.
Barreiro, op. cit.
14. Na
lápida pode lerse: EL PROFESOR / D. JOSÉ Mª
GOLÁN / FALLECIDO / EL 13 DE DICIEMBRE DE 1927
/ A LOS 74 AÑOS. / TU ESPOSA É HIJOS JAMÁS TE OLVIDAN. / RECUERDO / DE UN GRUPO DE EXALUMNOS / RESIDENTES EN NUEVA
YORK / 31–10– 1929.

15. Suárez
Picallo, R.: “Os novos. Manoel L. Freire-
Calvelo”, Céltiga, Buenos Aires, 25/11/1926
Picallo, R.: “Os novos. Manoel L. Freire-
Calvelo”, Céltiga, Buenos Aires, 25/11/1926
16. “Sada. Un banquete”, El Pueblo Gallego, Vigo, 18/08/1932.
17. “Viajero”, Eco
de Galicia, La Habana, 30/01/1936.
de Galicia, La Habana, 30/01/1936.
18. Suárez Picallo, op. cit.
19. Silva Ferreiro, 1938.