SUÁREZ PICALLO, FIGURA DO PARLAMENTO

Xesús Torres Regueiro

No número do 19 de agosto de 1931 da revista madrileña Mundo Gráfico aparece Ramón Suárez Picallo entre as “Figuras del Parlamento”, unha sección que escribía o xornalista José Sánchez Rojas. Ramón sae a carón do deputado palentino de Acción Republicana Matías Peñalba y Alonso de Ojeda, pois adoitaban aparecer dúas ou mesmo tres glosas de parlamentarios en cada entrega. Basilio Álvarez, Manuel Martínez Risco e Portela Valladares serán outros deputados galegos que sacará nesta sección Sánchez Rojas. 


Suárez Picallo saíra elixido nas listas da Organización Republicana Gallega Autónoma (a O.R.G.A.) pola circunscrición coruñesa acadando cincuenta e cinco mil cincuenta e catro votos, recén aterrado en Galiza logo dunha ausencia prolongada. No momento da publicación do artigo que estamos a relembrar, a un mes e pico da constitución das Cortes, aínda non tivera tempo Ramón para lucirse e darse a coñecer na tribuna coas súas intervencións, ata o punto de chamar a atención do mesmísimo Ortega y Gasset: “quen é ese home pegado a unha voz?”. Será a partir do 24 de setembro de 1931, ao debaterse nas Cortes o proxecto de Constitución, cando comece a escoitarse no Parlamento español a voz singularísima de Suárez Picallo: “É a primeira vez que falo nestas Cortes e non teño títulos realmente valedoiros, como non sexa o de cidadán da democracia, o de fillo do pobo e do traballo, para manter o ton no que ata hoxe se mantivo a minoría de Federación Republicana Gallega, grazas ao talento e á elocuencia dos ilustres Diputados que me precederon falando no seu nome. A cambio disto, prométovos ser breve, conciso e claro.” 

De aí que na presentación do novo parlamentario coruñés, Sánchez Rojas incida na traxectoria americana de Picallo, vencellada ao devir da sociedade galega contemporánea na procura dun derroteiro propio. E tamén na polémica interesada da súa nacionalización arxentina. 

Curiosamente, nunha reseña que asina pouco antes co seudónimo Jorge de Alba, na revista Crónica do 26 de agosto de 1931, sobre “Los nuevos diputados gallegos”, Ramón, que aínda era un “ninguén” en Madrid e carecía de títulos “realmente valedeiros”, nin sequera é citado na breve reseña pese a aparecer en primeiro termo na fotografía que a ilustra. 

José Sánchez Rojas era un escritor e xornalista salmantino, nado na cidade de Alba de Tormes en 1885 e que irá morrer na súa dourada Salamanca de bronconeumonía apenas catro meses depois de publicarse este artigo, no nadal de 1931, con corenta e seis anos. Publicou algúns libros entre a glosa e a crónica, algúns deles recollendo as súas colaboracións xornalísticas: “Las mujeres de Cervantes”, “Bilbao y Castilla”, “Tratado de la perfecta novia”, “Sensaciones de Salamanca”, “Paisajes y cosas de Castilla”. Como proletario da pluma colaborou en moitos xornais e revistas, incluso nalgúns xornais galegos, sobre todo en El Pueblo Gallego de Vigo entre 1924 (ano da súa fundación) e 1931. Dende a súa aparición en 1915 colabora na importante revista España, o que lle ocasionará pouco despois, en 1917 (quizá cando a folga xeral revolucionaria), o ingreso no cárcere, tal como el mesmo conta neste artigo ao evocar o seu encontro en Palencia co republicano Matías Peñalba, quen estivera oculto para evitar a represión: “Volvo de Asturias perseguido, e maltreito, e enfermo. (…) regreso de Asturias, onde permanecín en Prisións Militares polo terrible delito de colaborar na revista España.” 

Julio Camba, nunha lembranza póstuma na súa liña de humorismo irónico, falaba de Sánchez Rojas como dun xornalista que morreu case na indixencia, pese aos seus merecementos profesionais: “Como escritor tiña un artigo moi bo que, con lixeiras modificacións, publicaba de vez en cando en diarios e revistas: un artigo tan bo coma o de calquera. (…) Qué escritor ten en España máis dun artigo? Pola miña parte, eu intentei algunha vez facer un segundo, pero as empresas rexeitáronmo sempre, sistemáticamente, dicindo que non parecía meu e que o que querería o público era o meu artigo habitual.” 

Hoxe Sánchez Rojas é un personaxe esquecido, incluso na súa terra natal, coa meritoria excepción da páxina web de Gerardo Nieto Arias, www.entreeltormesybutarque.es/, que lle dedica unha sección que recolle numerosos artigos do xornalista salmantino, entre eles este sobre o noso Ramón que recuperamos hoxe. 
Mundo Gráfico, 19/08/1931
FIGURAS DEL PARLAMENTO 
SUÁREZ PICALLO 

Hijo de pescadores1, de niño lleva la aijada, conduciendo bueyes, con rumbo a la ría. A los siete años, Suárez Picallo —ojos azules, pelambrera rubia, ademanes vivos, vehemente, listo rapaz— tiene que caminar unos cuantos kilómetros para asistir a la escuela2. A los quince, coge su hatillo de emigrante al hombro y embarca en Vigo para la Argentina. 

Son los años románticos de Galicia aquellos años de 1909, de 1910. El regionalismo es un ensueño de poetas. Las dulces trovas de Rosalía, de Manuel Curros Enríquez, de Pondal, están en todos los labios. El emigrante, que lleva los ojos velados tristemente por las lejanías del paisaje natal, hace de todo en la urbe y en la provincia: vende dulces por la calle, machaca sobre el mostrador como mancebo de botica, llega de mozo de comedor a primer repostero en la línea de barcos del rey de la Patagonia, José Menéndez. El galleguiño Suárez añora cada vez la dulce tierra lejana: La Coruña y su calle Real, y las lindas coruñesas —elegantes y parlanchinas—, y los maizales, y el ruido de los pinos, cara al mar. De un cabo al otro de la Argentina, Suárez organiza sindicatos obreros, periódicos donde se exalta el alma de la tierra, sociedades de socorros para el emigrante. A Galicia llegan siempre buenos pesos para una escuela o para una biblioteca. En los años indignos de la Dictadura, Suárez mantiene el fuego sagrado de la rebeldía, y en cierta ocasión solemne interrumpe y desmiente a Ramiro de Maeztu desde una butaca del teatro. 

Suárez Picallo, desde Buenos Aires, asiste al despertar de Galicia. ¡Bravo rapaz! El ansia de libertad, el gesto de rebeldía, el odio al cacique, ya no son anhelo de poetas, sino pretensión, exigencia de aldeanos. 

Las «irmandades d´a fala»3 han creado un malestar colectivo. La O.R.G.A. trata de articular la protesta y de hacerla efectiva y eficaz. Estos hombres que se llaman Castelao, Paz Andrade, Otero Pedrayo, Risco, Villar Ponte —estos hombres que hoy son diputados en las Cortes Constituyentes4— formulan un Estatuto desde el Seminario de Estudios Gallegos. Suárez Picallo, en nombre de los emigrantes, viene a España para participar en su discusión. El 4 de Junio llega a Vigo; el 10 es proclamado candidato; el 28, la circunscripción de La Coruña lo trae al Parlamento. 

Ahora nos dicen que Suárez Picallo se ha nacionalizado en la Argentina. Podrá ser; pero no por eso ha dejado de ser gallego. El que se nacionaliza en otra parte para ganarse la vida, sin olvidar nunca el rincón nativo, no pierde su calidad de español. Suárez Picallo, del otro lado del mar, escribiendo, discurseando, enviando pesos para su tierra y para los emigrados de Hendaya, es un trozo vivo de Galicia que vale tanto como decir un trozo vivo de España. Este problema concreto de ciudadanía doble yo lo resolvería no con discursos, sino con abrazaos. Este rapaz jamás dejó de oír la música de sus pinos ni de añorar la placidez de sus rías. ¿Quién es el osado que habla de extranjeros entre nosotros? 


José Sánchez Rojas 

Sánchez Rojas (Jorge de Alba) ao fondo con gravata entre Castelao e Antón Villar Ponte. Suárez Picallo en primeiro plano á esquerda. 
1. No orixinal aparece por erro “pescaderos”. 
2. En realidade, sería algo menos de un quilómetro e medio a distancia que percorrería dende a casa de Veloi á escola de Sada. Tres quilómetros, como máximo, entre a ida e a volta. 
3. No orixinal aparece por erro «irmandades d´a falla». 
4. Otero Pedrayo aparece como Otayo, por erro tipográ-fico. Paz Andrade, candidato galeguista por Pontevedra, non chegou a ser deputado por poucos votos, mediando o roubo das papeletas dunha mesa de Lalín e a denuncia e reclamacion conseguinte, que remataría sendo desestimada pola comisión de investigación. Risco parece referirse ao científico e catedrático Manuel Martínez Risco, do partido Acción Republicana e deputado por Ourense.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *