MEMORIA DE ACTIVIDADES

Marisa Naveiro López
Nunha
data especial, o
50
aniversario da morte de Ramón Súarez Picallo
,
xuntámonos no cemiterio de Fiunchedo o grupo de amigos que unha vez máis
queremos lembralo, intervindo varios membros da asociación así como Xesús
Torres da Asociación betanceira Eira Vella. Pon a nota musical o gaiteiro Raúl
Galego

Na
capela de San Roque
preséntase o
nº 9 da revista
Areal, dedicado esta vez a Ramón Súarez Picallo.
Escoitamos unha gravación do Arquivo Sonoro de Galicia da conferencia que impartiu
falando dos paxaros de Galicia, conferencia de gran beleza que fainos
estremecer oíndo a explicación da vida do carrizo, peizoco, peto, rula, pega,
gaiolo, ou os paxaros de namorar como o pitorei, a laberca… e tantos outros, que
non queda ningún sen nomear. Acompáñannos
Antón Santamarina e Xosé Martínez -Romero, que sendo mozos coñeceron e trataron a Ramón
Súarez Picallo na emigración e falan acerca da súa figura. 


 Ofrenda floral a Suárez Picallo no Fiunchedo
Presentación do nº 9 de Areal, con Antón Santamarina e Xosé Martínez-Romero

O nº 3 dos Cadernos de Estudos Xerais, leva por título “Impresións de Emilia Pardo Bazán sobre a
Primeira Guerra Mundial”
, con texto de Manuel González Prieto e Ricardo Axeitos
Valiño
. Preséntase na capela de San Roque
o 28 de novembro de 2014. 

En xaneiro unha representación da directiva achégase
a Boisaca, onde ten lugar unha emotiva
homenaxe
a Isaac Díaz Pardo
con motivo do seu III
cabodano. 

Coincidindo co 90
aniversario da publicación
da revista
sadense ilustrada
Mariñana, sacamos á rúa un número especial dos nosos Cadernos de Estudos Locais escrito por Xesús Torres, e presentámolo o día 22 de xaneiro na Capela de
San Roque. A presentación faina o compañeiro Manuel Pérez Lorenzo que diserta sobre
a Sada de 1925, e o propio autor, Xesús Torres. Intervén tamén o fillo do
directorpropietario, Eduardo García, que nos achega á figura do seu pai. 

Presentación do caderno Mariñana, unha revista ilustrada na Sada de 1925, de Xesús Torres.
Na imaxe superior da dereita, falando Eduardo García Prieto, fillo do director da revista, Eduardo García Ramos.

A
Residencia de Persoas Maiores de Laraxe (Cabanas) está a acoller no fin de
xaneiro a nosa
exposición
sobre os Irmáns Suárez Picallo
. Con
tal motivo, unha delegación da nosa asociación desprazouse ata alí para
presentarlla a un grupo de residentes, que puideron escoitar ao noso socio, o
historiador Manuel Pérez Lorenzo, falarlles das vidas dos dous irmáns, Ramón e
Xohán Antón. 

O 1º de febreiro na Casa da Cultura Pintor Lloréns, Xosé Abad presenta
o seu documental
A pegada dos
avós
, protagonizado por sete alumnos de secundaria que
investigan pola súa conta o golpe de estado do 36, e no que participan entre
outros Baltasar Garzón e Manolo Rivas. Xulia Lago, unha das protagonistas tamén
está presente no acto, falándonos de como se levou a cabo a realización do
filme. 

Proxección do documental A pegada dos avós, en presenza do director, Xosé Abad, e de Xulia Lago, unha das protagonistas

“O Entroido en Sada: as
comparsas Os Broas e Os Pequeniños”
é o
título do
Caderno de Estudos
Locais
que fai xa o nº 16 e se publica con
motivo destas festas do Entroido de 2015. 

Xurxo Souto volve a
visitarnos o 6 de marzo na capela de San Roque para presentar o seu novo libro
Contos do mar de Irlanda, editado por Xerais. Os mariñeiros galegos vistos
de cerca: “as cousas do mar non se contan na terra”. Fainos cantar a Cantiga de
Periquete e outras máis. Rematamos nunha cea de confraternidade. 

Xurxo Souto na presentación do seu libro Contos do mar de Irlanda

Por último, o 9 de abril tivemos ocasión de escoitar na capela de San Roque ao escritor  Xosé Neira Vilas presentando o seu libro Isaac Díaz Pardo: crónica dunha fecunda
amizade
, que edita Edicións Volanda, nun
acto no que o autor de
Memorias
dun neno labrego
analizou a súa relación
co creador de Cerámicas do Castro. No acto, a A. C. Irmáns Suárez Picallo
fíxolle entrega a D. Xosé, na súa primeira edición, do
Premio Ramón Suárez Picallo, en recoñecemento ao seu traballo en prol da
cultura e da lingua galega. No mesmo acto, a A. C. Irmáns Suárez Picallo
repartiu un novo nº dos
Cadernos
de Estudos Locais
, dedicado
precisamente a Díaz Pardo no III aniversario da súa morte.

Xosé Neira Vilas presentando o seu libro Isaac Díaz Pardo: crónica dunha fecunda amizade.
Na imaxe superior, recibindo o Premio Ramón Suárez Picallo, de mans do escultor Valdi
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *