MARIÑANA, 90 ANIVERSARIO. A COLECCIÓN COMPLETA DA REVISTA FOI ADQUIRIDA POLO CONCELLO EN 2007

“Sada é a súa cidade e onde debe estar”, así
de rotunda foi M. J. Soto cando se lle preguntou por que se puxo en contacto
coa Biblioteca Municipal de Sada cando decidiu vender a revista Mariñana. 

O
Concello de Sada adquiriu en novembro de 2007 a publicación seriada máis
importante e peza chave para a historia local de Sada. A compra, xestionada nun
primeiro momento pola Biblioteca Municipal, converteu a esta Institución no
único centro depositario da obra completa. 


A revista Mariñana, fonte
imprescindible para os estudosos da nosa historia recente, foi editada nos anos
1925 ata 1926. 

Pero, a quen lle debemos os cidadáns de Sada o seu bo estado de
conservación? Por que se gardaron todos os números dese Recurso con tanto celo? 

José Soto Picos, tío avó de M. J. Soto era xuíz municipal na Coruña e
compaxinaba o seu traballo co de articulista. Entre as publicacións para as que
colaboraba atopábase a revista Mariñana. 

A súa relación con Sada e o porqué da
súa presenza na revista editada nesta Vila, como explica a súa sobriñaneta, vén
polos longos veráns que pasaba a familia en Sada. José Soto e os seus catro
irmás amaban profundamente esta terra e demostrábano ano tras ano visitándonos
e participando activamente da nosa vida social e cultural. 

José Soto Picos
morreu novo e foron os seus catro irmás, esas “mulleres marabillosas” apelativo
que usa M. J. Soto continuamente para referirse a elas, as que conservaron nun arcón
o seu legado documental ata que pasou ás súas mans. 

O persoal da Biblioteca
Municipal, eternamente agradecido a ese correo electrónico que nos chegou o 15 de
outubro de 2007.
Persoal da Biblioteca Municipal
Ramón Suárez Picallo
Dúas imaxes do nº 1 de Mariñana, editado en Sada o 1 de xaneiro de 1925 (Concello de Sada)
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *