RAMÓN SUÁREZ PICALLO E A RELIXIÓN

Victorino Pérez Prieto
Ramón falando na cátedra de cultura galega que rexentaba no Centro Lucense en maio de 1964. Fotografía cedida por Ramón Tenreiro Suárez.

Mi reino no es de este mundo’. Lo dijo
Jesús, Rabí de Galilea, Hijo de Dios Vivo,
Redentor del género humano, cuando los
judíos trataron de atribuirle aspiraciones
políticas. Lo reafirmó la Iglesia en sus primeros
tiempos, cuando el supremo galardón
de sus apóstoles y de sus padres, era
la corona del martirio. Lo desmintió después,
cuando, estrechamente vinculada a los
opulentos de las riquezas y del poder, se
hizo institución humana con Administradores,
Visitadores, Gerentes y Banqueros,
como una Sociedad en Comandita, expuesta
a todas las humanas debilidades.


UN CRISTIÁN CRÍTICO

Ramón Suárez Picallo, galeguista e republicano, foi repetidamente alcumado de ateo e antirrelixioso. Pero as verbas que encabezan este artigo, e moitas máis dos seus numeroso artigos publicados en xornais,onde fala constantemente con gran agarimo da súa fe no “rabino de Galilea”, desmenten tal afirmación, e manifestan que era unha persoa fondamente relixiosa. Foi tamén o caso do noso Castelao, como tiven que mostrar e demostrar nos meus libros A xeración Nós. Galeguismo e Relixión e Galegos e cristiáns; ambos foron grandes amigos. As afirmacións de ser os dous xente antirrelixiosa, é froito tanto de acusacións fascistas por ser eles homes de esquerdas, como dunha opinión infundada por parte dos seus mesmos camaradas; pero molestaban ao mesmo Suárez Picallo e non lle fan en absoluto xustiza a Castelao. Este chegou a escribir en Sempre en Galiza unhas verbas nas que se ten reparado pouco: “Ai, cando xurdirá unha relixión que nos dea azos para ascendermos e achegármonos a Deus!”. E Picallo ten escrito expresamente profesar “la sencilla fe de Jesucristo”. Ambos eran cristiáns críticos cunha Igrexa acochambada co poder que saíu vitorioso na Guerra Civil, ou cunha postura morna na Segunda Guerra Mundial, pero tiñan unha experiencia relixiosa máis autenticamente cristiá que a de parte do seu clero, e arelaban unha Igrexa máis comprometida co seu pobo, na liña evanxélica de Xesús de Nazaret, o Cristo.

Castelao fala nos Albumes de guerra contra os que: “Queiman, rouban e asesinan no teu nome [o de Deus]”, e fala en Sempre en Galiza da Igrexa española como “a menopausia defendida polo histerismo… Os cregos eran prófugos do sacho… agachaban os Evanxelios, bulrábanse das encíclicas e botaban das eirexas ó pobo traballador”. Suárez Picallo facíao, a súa vez, contra a postura covarde do Vaticano na Gran Guerra: “La Iglesia Católica y su Cabeza Visible, perdieron, en la lucha que actualmente libra la Humanidad, una de sus mejores oportunidades… Ha protegido a todas las corrientes reaccionarias de Europa, a pretexto de oponerlas al comunismo, como muralla y como dique”, pero recoñecendo que: “es cierto también, que hay miles y millones de católicos y de cristianos, que ven con repugnancia, las concesiones que hace la Iglesia a la barbarie nipona y al furioso anticristianismo de los nazis… Cristo Jesús y sus Apóstoles, no transigieron jamás, con las fuerzas del mal, cuando luchaban con las del bien”.

Non son eu o primeiro en facer tales afirmacións, xa o dixera hai anos o coñecido xesuíta galego P. Seixas:

Non se pode separa-la historia de Galicia da
relixión porque sempre foi moi relixiosa:
foino cos celtas, foino no mundo romano e co
priscilianismo… con Brañas, Lousada Diéguez…
Outras persoas de movementos máis
esquerdistas ou eran profundamente relixiosos
ou cando menos eran moi respectuosos
coa relixión: Suárez Picallo, Castelao…

E tenmo comentado tamén hai anos o cura galeguista Antonio Rodríguez Fraiz; un pioneiro da Liturxia en galego, que celebrou o 25 de Xullo de 1961 unha Misa en memoria de Castelao, en Buenos Aires, introducindo o galego en tódalas partes da celebración onde non era preceptivo o latín. Así o recollo no meu libro Galegos e cristiáns: “Os textos das lecturas daquela histórica Misa, foron traducidos polo deputado galeguista Ramón Suárez Picallo, que representaba a liña máis esquerdosa do galeguismo, e era considerado un anticatólico, aínda que non pasaba de ser un xustificado anticlerical”. O mesmo cura contoume: “Suárez Picallo díxome antes da Misa no cemiterio da Chacarita: – Cura, se me deixa tradúzolle as lecturas da Misa do Apóstolo, pois aínda que alá me teñen por herexe, eu de herexe non teño nada; pero dóeme moito a campaña que fixo a Igrexa contra min”.

Ramón Suárez Picallo gañouse o pan no exilio sobre todo publicando artigos nos xornais (todos aos que se fai aquí referencia son de La Hora de Santiago de Chile). Artigos en castelán, como era obrigado, intelixentes, ben informados, con boas reflexións, ademais de ser uns traballo ecuánimes, evidentemente desde a súa perspectiva ideolóxica de home de esquerdas, antifranquista e antifascista. Neles fala repetidamente con agarimo non só de Xesús de Nazaret e das doutrinas comprometidas dos Santos Padres da Igrexa, senón dun papa e algúns bispos e algúns curas que se opuxeron valentemente ao réxime franquista por coutar as liberdades e oprimir ao seu pobo. Manifesta a súa fe cristiá, ao mesmo tempo que critica unha liña antievanxélica de Igrexa, que tamén moitos criticamos abertamente, sobre todo desde os comezos da democracia española.


2. DEFENSOR DE XESÚS DE NAZARET E DE CRISTIÁNS AUTÉNTICOS DESDE OS SANTOS PADRES ATÉ LEÓN XIII E OS CURAS COMPROMETIDOS CO SEU POBO

Para Suárez Picallo, Xesús de Nazaret é o “dulce gran Rabí de Galilea”, “sencillo, humilde y pobre de solemnidad; que amaba a los niños y a los pobres, mientras despreciaba a los que se vestían de seda por fuera, teniendo por dentro el alma envuelta en los sucios harapos de la codicia, la envidia y la soberbia”. Pero “no transigió jamás, con las fuerzas del mal”. “Apóstol, de la fraternidad, de la tolerancia y de la convivencia humanas… quiso redimir al mundo, con su vida y con su sangre”. Este Xesús proclamou o Sermón da Montaña, un verdadeiro “texto subversivo… contrario a la propiedad privada adquirida en el origen por el despojo y por la fuerza”.

Sobre as doutrinas sociais dos Santos Padres (s.IV-V), di Suárez Picallo: “Clamaron, contra la injusticia de los débiles, y mandaron combatirla” e predicaron “doctrinas socialistas proletarias”; máis aínda: “S. Jerónimo, S. Juan Crisóstomo o S. Agustín fueron precursores de la Internacional Comunista”. Desgraciadamente, logo “la Iglesia se hizo… imperial y burguesa, identificándose, plenamente con las instituciones de la sociedad profana”.

Verbo dos papas, o político e xornalista de Sada, aínda que critica a Pío XII e outros, fala de León XIII como “el más cristiano y humano de los pontífices que ocuparon la Silla de Pedro”(); “el buenazo de León XIII, a quien tienen arrumbado y en olvido porque no quiso cubrir su ficha de ingreso en ningún partido político reaccionario!”. Fala do “talento esclarecido y viva emoción cristiana de León XIII, ante el desarrollo de las ideas y de las luchas sociales del s. XIX, que tendieron a recuperar y remozar las viejas doctrinas ‘proletarizantes’ de la Iglesia”. Máis aínda, “el ‘Papa de los obreros’… declaró solemnemente que el capitalismo obtiene sus ganancias a costa de la explotación de los trabajadores asalariados… además de pauperarlos físicamente, les impide vivir una vida cristiana”.

Tamén hai bispos que contan co aprezo de Suárez Picallo. Coma o bispo de Tucumán: “su actuación en los medios obreros… lo colocó muchas veces frente a la Iglesia fría, pragmática y cancilleresca”. Ou Monseñor Nollans, en Holanda, de quen loa ter chegado a ser elixido Presidente da X Conferencia Internacional do Traballo, co apoio de socialistas como Largo Caballero. Pero, o bispo a quen máis alude nos seus artigos é Vidal y Barraquer, arcebispo de Tarragona, que se negou a acatar a ditadura franquista:

Tienen sobrados motivos
los catalanes, los demócratas
españoles y los católicos
liberales del mundo
para sentir y llorar la
muerte del Ilustre Príncipe
de la Iglesia, pastor
bondadoso, prelado ejemplar,
sabio ilustre y esclarecido
ciudadano… alzó su
voz, recordando los principios y las premisas
del Maestro de Judea… hizo valer, en Roma,
los derechos inalienables de su pueblo catalán,
a veces frente a intereses de Estado y
de Dinastía… Y cuando el Episcopado Español
cometió el horrible pecado político y religioso
de apoyar a quienes lanzaron a España
en los trágicos abismos de la guerra civil…
Monseñor Vidal negó rotundamente su firma,
a la Pastoral colectiva, en la que se proclamaba
la beligerancia de la Iglesia en una
lucha fratricida entre españoles cristianos.

O persoeiro de Sada ten defendido a moitos curas pola súa honestidade e autenticidade evanxélica. Particularmente aos curas pobres do medio rural, “que desempeñan una función espiritual, moral y cultural entre las capas populares de la población”. Pero tamén ao clero vasco -“el más virtuoso y cristiano del mundo, con su Obispo a la cabeza”-, os curas represaliados na Guerra Civil “que el Vaticano dejó desamparados en la hora de su lucha, y protegió, en cambio, con bendiciones a granel, a los nazis alemanes y a los fascistas italianos, que bombardearon el Santuario de Guernica”; e os católicos republicanos españoles, que defenderon a República: “el Vaticano apoyó la insurrección totalitaria de los curazos zafios que no creen en Dios, y censuró acremente a los creyentes que no consideraban incompatible con las doctrinas de Cristo la existencia de un régimen de Libertad, Democracia y Justicia, emanado de la soberana voluntad del pueblo, que es la voluntad del mismo Dios”. Particularmente, resulta emocionante a súa defensa dun cura chileno [subliñado meu]: “bondadoso, comprensivo, con manga muy ancha para los pecadillos de la carne débil y mortal, tenia en cambio, acentos catonianos para otros pecados capitales… Ante su muerte, quienes nos hemos acordado de él muchas mañanas, con el alma cargada de angustia, de desesperanzas y pecados, y hemos recibido su bendición a modo de supremo consuelo, sentimos mucho su ausencia y le dedicamos la mejor de las oraciones… para quienes profesamos la sencilla fe de Jesucristo era… un santo sacerdote que administraba los Sacramentos con voz impregnada de amor paternal bendecida con mano temblorosa de emoción”.

Picallo tamén defendeu ao clero intelectual progresista da Universidad de Lovaina, “un baluarte espiritual y cultural contra la barbarie neo-pagana del Tercer Reich, aún a costa del martirio, levantado sobre las fuerzas imponderables de una cultura prócer, y de una espiritualidad secular, imposible de derribar con la fuerza bruta de las armas… La de Lovaina escribió uno de los más bellos capítulos de la Cultura europea… Hoy, cuando se habla de una Democracia social nueva, capaz de armonizar la solución de los problemas contemporáneos mediante una simbiosis entre socialismo y cristianismo… hay que ir a Lovaina en busca de referencias… un catolicismo Jesucristiano, abierto a todos los vientos nuevos, en lo social, en lo político y en lo intelectual.




3. DÚAS MANEIRAS DE SER CATÓLICO. TOLERANCIA, ECUMENISMO E INTERRELIXIOSIDADE


En fin, para Ramón Suárez Picallo hai dúas maneiras de ser católico, que quedaron de manifesto no debate das Cortes da República sobre a cuestión relixiosa e a laicidade do estado (1936): Os católicos que, sen deixar de manifestar a súa fe, son demócratas e republicanos (como algúns nacionalistas vascos, cataláns e mesmo galegos; o caso de Bóveda ou Otero Pedrayo, aínda que non os nomee) e os católicos conservadores que apoiaron o levantamento fascista.


Para o sadense, o totalitarismo é claramente inimigo da fe cristiá: “La idea del hombre para el Estado que el nacifascismo trató de imponer a sangre y fuego en el mundo, es antítesis bien clara de la que informa la doctrina cristiana, que concede al hombre responsabilidad y libre albedrío… Los ejemplares sacerdotes vascos… sentían, amaban y servían a Cristo, oponiéndose a los bombardeos de sus pueblos y de sus gentes… Si todos los caminos no conducen a Roma, por todos ellos se puede llegar a Dios y al cumplimiento de sus mandatos espirituales. Esta guerra es una revolución social, política y espiritual; y entre sus consecuencias inmediatas no será la de menor volumen, la aparición de nuevas maneras para que la criatura pueda entenderse con su Creador, sin que lo divino dé con lo humano”.


Pero vemos tamén en Suárez Picallo, polo que vimos católico practicante, unha verdadeira actitude tolerante, reflectida en artigos como “Sentido de la tolerancia”, contra o fanatismo antirrelixioso e a prol do “indiscutible derecho del hombre a creer en la Divinidad y el derecho también, a ser indiferente, pero, tolerante frente al misterio de la vida”; máis aínda: “el ateísmo es una forma de fanatismo. Absoluta y totalmente despreciable, significa hacer de la lucha contra las religiones, otra religión. El ateísmo sólo es comparable con el fanatismo católico que hiciera posible la Inquisición. El uno y el otro, son los más grandes enemigos de la Cristiandad”.


Ademais, a súa actitude é ecuménica no aprecio polos cristiáns doutras confesións, e aínda interrelixiosa no aprecio polos crentes doutras relixións. Así, artigos defendendo a existencia e o valor de grupos protestantes coma o Exército de salvación: “Es tan admirable, tan cristiana, tan generosa y tan desinteresada la obra del Ejército de Salvación, que no resistimos al deseo de echar en su favor nuestro modesto cuarto a espadas. Somos viejos amigos de los soldados del Ejército de Salvación”. Ou sobre a boa relación cos musulmáns: “En España hay un saludo clásico y hermoso que abre todas las puertas, reducido a unas breves palabras: ‘A la Paz de Dios’… proviene de la salutación ‘As salamaleikum’… a la vez, latino, español y árabe… Es un llamado a la hospitalidad, síntesis eterna de la hombría de bien”.


* * *



Certamente, polo visto nestas páxinas, parece evidente que Ramón Suárez Picallo era un un cristián confeso, un home relixioso, comprometido e progresista, até niveis impresionantes. De profundo respecto no só polo admirado Xesús de Nazaret, senón mesmo pola eucaristía, que chama “uno de los más hermosos y significativos ritos de la Iglesia, prolongado a través de los siglos: El Hombre-Dios, dado a sus criaturas como alimento eterno del espíritu”. Xusto é reparar nisto e noutras moitas cousas a súa memoria.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará