A FEIRA DE ED‐MUNDO RAMÓN E EDUARDO, IRMANDADE TRASANDINA

Edmundo Moure Rojas
En 1948, Ramón Suárez Picallo vivía en Santiago de Chile e traballaba como cronista do xornal La Hora, o de maior circulación entón, órgano de prensa do Partido Radical, colectividade democrática, laica e republicana que gobernaba desde 1938. Cabe sinalar que os radicais instituíron en Chile un particular estilo de democracia, onde era posible a convivencia harmónica entre diversas ideoloxías. Este espírito republicano, que Ramón eloxiara en moitos dos seus textos, foi para el un espazo de liberdade intelectual e de opinión que se aviña moi ben co seu propio ser e co seu compromiso coa República española. No entanto, o 1 de xaneiro de 1948, escribe: “Para quien ama, como a la propia luz de sus ojos, a la tierra en que nació y sobre la cual hizo su espíritu el primer aprendizaje de belleza y de amor, hay una tremenda y dramática palabra que resume todas las desventuras: desterrado”. É unha dor que non o abandonará xamais, aínda que celebre e agradeza a ampla hospitalidade dunha terra remota, aínda que reciba a visita de queridos compatriotas.

Eduardo e Ramón (ambos en pe) nunha directiva da Federación de Sociedades
Gallegas. Fotografía cedida por L. Pérez Leira

Por aquela época, alén dos Andes, na inmensa e buliciosa Buenos Aires, o seu paisano Eduardo Blanco Amor exercía o oficio de fino poeta, escritor, conferenciante e aínda preceptor literario de dilectos alumnos, como foron os irmáns
Alfonso e Enrique Campos Menéndez, fillos dunha das familias máis adiñeiradas de Arxentina, donos e señores de enormes facendas na Patagonia arxentino-chilena, onde os seus devanceiros habían “pacificado e civilizado” aquelas salvaxes comarcas, contribuíndo á eliminación e virtual xenocidio das etnias aborixes. 

Pero Eduardo foi un home hábil para moverse con vantaxe en augas turbulentas, e soubo sacar partido pecuniario daqueles contactos providenciais, situación que moitos dos seus colegas e intelectuais, arxentinos e galegos, nunca lle perdoaron. Así pois, aceptou a encomenda, co beneplácito do patriarca dos Campos Menéndez, quen lle expresase logo, como elocuente agradecemento: “Usted me hizo un gran favor al recoger mi pedido de que aceptara a mis dos hijos como discípulos suyos. Yo pude apreciar los resultados y ellos también reconocen los beneficios que el contacto con un maestro de verdad, ‘rara avis’, les acarreó”.

Suárez Picallo e Blanco Amor no transcurso da estadía do segundo en Chile. Fotografía cedida por L. Pérez Leira.

En agosto de 1948 xestouse a viaxe de Eduardo Blanco Amor a Chile, cando o maior dos seus discípulos, Alfonso, casa con Silvia González Markman, filla do Presidente chileno, González Videla. Por parte dos Menéndez, o único invitado será Eduardo. Tiña planeado estar quince días en Chile, pero a súa estadía alargouse a pouco menos de dous anos, período no cal escribirá medio centenar de crónicas de viaxe sobre este país que o marabillou, cos seus case cinco mil quilómetros de costa e unha intricada xeografía onde se dan os máis diversos climas, paisaxes, panoramas e topografías. Os textos foron reunidos, en 1951, na forma dun libro, baixo o título de “Chile a la vista”, a instancias do seu amigo chileno, soado crítico literario, Hernán Díaz Arrieta, “Alone”. Como Eduardo afirmara: “Llegué, vi y fui vencido por el encanto de Chile”. Non era para menos, sobre todo si contou como inigualable guía a Ramón Suárez Picallo. Viaxou ao longo e ancho do país dos volcáns”, fixo clases, proferiu conferencias, foi animador de elegantes faladoiros co máis granado da intelectualidade chilena.

E así o declara nunha das súas primeiras crónicas:

…Entre las más fuertes incitaciones de mi
viaje a Chile figuraba la de encontrarme con
este amigo entrañable, al que no veía desde
hace doce años (1936). Somos amigos desde
hace treinta (1918). No hubo discrepancias de
tipo político, de concepción filosófica o estética,
de manera de entender la vida y, como se
ve, de entender la muerte, que fuesen capaces
de separarnos. Hubo un tiempo en que yo era
el gallego mejor vestido de Buenos Aires, y
Súarez, el más bohemio y bandullón… A mi
me reprochaban mis dandys coetáneos que
anduviese con un sujeto incapaz de sostener
la raya del pantalón… Pero nada nos separó.
Él había sido lavaplatos en los barcos que
iban a la Patagonia, y yo, poeta simbolista en
Ourense; yo había dedicado mi adolescencia
al estudio de la arqueología románica y de los
cancioneros medievales, y él a predicar, en el
desierto de las masas obreras de Buenos Aires,
iracundias y reivindicaciones…

E algo que nos soa hoxe como un reproche para quen, en aras dun cosmopolitismo falaz e acomodaticio, esqueceron as súas raíces galegas e o imperativo da lingua, dando as costas á cultura milenaria:

Codo a codo, hemos luchado por imponer, en
la gran urbe argentina el respeto hacia nuestra
raza gallega, basado en el conocimiento
de sus valores, y para ello hemos fundado
periódicos y revistas, hemos hecho viajes,
hemos derrocado juntas directivas y cosechamos
abundantes anginas y ronqueras…

No libro de EBA, “Chile a la vista”, editado no ano 2003 por Editorial Galaxia, a crónica 24 está dedicada a Ramón Suárez Picallo. Escribe Blanco Amor:

Entre mis anticipadas nostalgias de Chile
-hay una nostalgia del futuro del mismo modo,
como señalaba Spengler, que hay un profetismo
del pasado- figuraba la de encontrarme
con Ramón Suárez Picallo. Para las gentes
que le conocen superficialmente, Suárez
es solo un bohemio; una especie de Francois
Villon en prosa y traducido al más insobornable
gallego. Le faltaba consolidar su fama,
como el otro, mediante un testamento literario
y ya lo anda haciendo, en peripatético
grito, por esas calles, tomado de la inocente
manía de que se va a morir en breve plazo,
como si no fuese una verdad de la más depurada
biología aquélla de que muere el que
puede y no el que quiere. De tal modo le ha
cogido esta coquetería letal que, día por medio,
me obliga –según un pacto de discurso
fúnebre mutuo que tenemos, muy de antaño
establecido- a declamar el que pronunciaré
sobre sus restos, para agregarle las oportunas
correcciones. Ya me ha rechazado nueve…
Y lo cierto es que se quedará sin discurso,
y no solo por sus exigencias, ya intolerables,
sino porque, según es notorio, me moriré
antes, porque de los dos soy el que menos
pienso en morirme; y, además, porque
cuando un gallego de tierra adentro y otro
de beiramar pleitean, pierde siempre el ribereño,
aunque al terrícola le cueste la vida.
Por otra parte, si las cosas ocurrieran al
revés, en cuanto Suárez viese ocasión de
pronunciar un discurso, se levantaría en el
acto de la tumba, tal como escribí otra vez
que tuve el honor de enterrarlo, hace un
cuarto de siglo, bajo el siguiente epitafio:

Aquí de Suárez tonante
dio fin de la vida el curso;
apúrate caminante
o te cargas un discurso.

A lo que él contestó con otro fulminante
sepelio, echándome esta lápida encima:

Yace aquí don Eduardo Blanco Amor;
Cualquier poeta enterrado fue mejor.

Humor galego do bo, que unía a estes dous amigos, para cada quen unha expresión ou faceta particular da “retranca” galega, esa forma elíptica de rirse dun mesmo satirizando aos outros, aínda que sen intencionalidade destrutiva.

En xuño de 1956, Ramón Suárez Picallo cruzará, por última vez, a cordilleira de Los Andes, rumbo a Buenos Aires, para participar no Congreso da Emigración Galega, que terá lugar en xullo dese ano na capital do Plata. Volverá reunirse co seu amigo, Eduardo Blanco Amor. Oito anos máis tarde, en 1964, hai xa medio século, Ramón terá o seu pasamento na “quinta provincia”… Contra aqueles prognósticos que barallaran xuntos en 1948, en Santiago de Chile, Eduardo sobreviviralle quince anos. Tamén os epitafios que ambos se dedicaron quedarán como simples brincadeiras do inescrutable destino.

O espírito fundacional dos galegos lévalles a crearse un espazo singular, en calquera territorio onde lles destinou o seu prurito viaxeiro, levantando algo que sempre levará a impronta do lar remoto, aínda que sexa entre catro paredes, nun modesto cuarto de pensión, como o fixera o propio Ramón. Por outra banda, os galegos son capaces de establecer lazos perdurables entre confíns, a miles de quilómetros da pequena patria. Isto aprendémolo, mediante escasas palabras ou só por xestos e ademáns, do noso proxenitor, facendo nosa esa actitude de vencellar mundos tan distantes e tan entrañables, en permanente contrapunto de nostalxia e señardade.

Tanto para chilenos como para arxentinos, os habitantes do outro lado da cordilleira denomínanse “transandinos”, e houbo un tempo non tan afastado en que cruzar a mole de Ándelos constituía arriscada proeza. Hoxe, os avións van e veñen, como virtuais autobuses alados. Polo meu pai coñecín a Eduardo Blanco Amor, cando, a fins de 1951 -tiña eu dez anos- puxo nas miñas mans o primeiro exemplar de Chile a la vista, que levaba unha dedicatoria na páxina de créditos: “Para Cándido Moure, paisano y amigo, con el aprecio de Eduardo Blanco Amor”. Aínda non estaba eu en condicións de lelo, pero catro ou cinco anos máis tarde xa puiden comentar, cos meus pais, de primeira man, aquelas
crónicas apaixonantes.

Pouco despois souben da existencia de Ramón, cuxos artigos de prensa do xornal La Hora o meu pai recortaba, gardándoos nun cartafol, clasificados por temas. Non sabía entón que, corenta e catro anos máis tarde, ía emprender eu o rescate do milleiro de crónicas publicadas en Chile polo noso querido sadense, espalladas en rexistros da hemeroteca da Biblioteca Nacional. E así naceu o libro “La Feira del Mundo”, editada polo Consello dá Cultura Galega, en 2008, que contén tres centenares de crónicas seleccionadas entre o calidoscopio vivo daquel milleiro escrito polo incansable cronista, obra que presentamos na Casa da Cultura de Sada, en maio de 2008. 

Hai outras instancias de vinculación e irmandade sen fronteiras. Está pendente escribir a Memoria da Emigración Galega en Iberoamérica. Unha tarefa xigantesca que poñeremos xa en mans dos nosos descendentes, a quen traspasamos o imperativo dunha herdanza viva e luminosa. Ramón e Eduardo constitúen dous fitos fundamentais do século XX e entregarannos a súa forza transcendente para facela posible.

Podo dicir, sen ánimo pretensioso, que Ramón levoume a coñecer Sada, en cuxa comarca habitan entrañables amigo d’alén mar, cos cales permanezo en sintonía, coma se o espazo xeográfico non fose máis que unha ilusión, ligado polos lazos da cultura e as voces do incomparable afecto galego.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará