RETRATO DE MARÍA PITA · ISAAC DÍAZ PARDO

A raiz da exposición que Isaac fai no Concello da Coruña en
1947, o recén nomeado alcalde da cidade, Alfonso Molina, encárgalle dous
retratos de María Pita, un para a colección municipal e outro para a galería de
personaxes ilustres do Museo do Exército. Os cadros parecen idénticos, pero non
o son: poden apreciarse diferenzas nas pincelas e na cor.
Isaac, fiel aos seus principios, afástase da mitificación da
heroína, como ata entón se representaba, e pinta unha muller de clase humilde,
do pobo, vestida con roupas sinxelas e aspecto rústico, tal como era na
realidade María Pita.
Xosé Díaz

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *