O PROBLEMA DO CERCO GALEGO COA XARDA

Andrés García Boutureira
Patrón Maior da Confraría de Sada · Representante de ACERGA

Dende o ano 2.007 en que se decretou unha veda da anchoa, a flota de cerco do Cantábrico dirixiu a súa pesqueira á xarda de tal maneira que antes de que esta especie chegase a Galicia
na súa ruta migratoria se acababan as posibilidades de pesca por esgotamento da cota destinada ao cerco, e quedando a flota galega sen poder pescar unha especie que sempre pescamos.

Nos años 2009 e 2010, e por falta de control da Administración Central, cometeuse un sobrepasamento da cota de xarda asignada a España. No que se refire ao cerco, esta sobrepesca foi realizada polos barcos do Cantábrico e tamén por algúns galegos que se desprazaron ao Leste para participar na pesqueira. Isto levou a que España fose sancionada pola UE cunha multa a pagar ou ben monetariamente ou en xarda, elixindo o Estado a segunda opción e descontando 7.000 Tns ano da cota que ten asignada España e facendo pagar a todos polo que cometeu soamente unha parte da flota, aínda que a culpa a teña quen os deixou pescar de máis, que foi a Administración por non contabilizar a tempo o peixe pescado.

Dende que en Galicia a flota non pode pescar xarda, vimos reclamando o noso dereito a poder pescar esta especie cando chega as nosas costas, e nos dous últimos anos se reservou o 7% da cota para o segundo semestre do ano e nunca como pesca dirixida senón como acompañante doutra especie, o que non deixou de ser un mal apaño para tratar de arranxar o que consideramos o noso dereito.

Buques de cerco de Sada. Fotografías de Carlos Babío Urquidi e Manuel Pérez Lorenzo

O dia 20-12-2013 venres, despois dunha reunión maratoniana na Secretaría General de Pesca en Madrid, e que a vista do acontecido consideramos unha encerrona en toda regra, chegouse a un principio de acordo de reparto entre as flotas das distintas Comunidades, que no caso da xarda é: Galicia o 24,87%, Cantabria o 24,03%, Asturias o 3% e País Vasco o 48,11%. Os representantes que estivemos nesta reunión sabiamos que este era un MAL ACORDO pero foi o único posible ante o inmobilismo tanto de Cántabros e Vascos como da Administración en variar os criterios de reparto e primar o histórico de capturas cun 70%, sabendo de antemán que a maior parte da flota galega leva dende o 2.007 sen poder pescar xarda, pero o noso compromiso era acadar que en Galicia se puidese volver a pescar esta especie.

Para ponderar este reparto, a Administración envía unha proposta de reparto individual por embarcación, na cal á maior parte dos barcos galegos outórgaselles unha cota tanto de xarda como de xurelo que fai imposible a viabilidade das empresas, e que de oficializarse esta proposta borraría dun plumazo ao 80% do cerco galego, xa que as cotas outorgadas a cada barco son tan míseras que as consumirían nun mes de traballo, sendo este documento a orixe do conflito e esixindo a súa destrución. Con máis motivo una vez comprobados os errores de vulto nos históricos duns 30 barcos galegos que se levan comprobados ata o momento e aos que lles falta por computar capturas, e solicitando que se abran negociacións para outro reparto ao ser rexeitado pola Asamblea de Armadores que sempre é soberana para aceptar ou non o principio de acordo ao que se chegou en Madrid.

Nunha reunión celebrada na Consellería do Medio Rural e do Mar ca presenza do Secretario General de Pesca, este nos apunta que Galicia pode xestionar a súa cota de forma conxunta e repartila como se acorde entre todos os armadores galegos, e de novo estala outro conflito por non haber acordo unánime en Galicia de cómo xestionar, xa que algúns armadores máis favorecidos no reparto deciden separarse do resto.

Todo este inmobilismo da Administración Central, como a falta de apoio da Consellería, foi o motivo do amarre da flota e das mobilizacións levadas a cabo para reivindicar que a flota de cerco galega non se senta perxudicada no reparto dunha especie como é a xarda que sempre se pescou en Galicia e que este ano xa estamos volvendo a pescar aínda que o obxectivo, que non é outro que acadar un reparto de cotas xusto, temos que seguir pelexando para conseguilo.

Como apunte do reparto actual:

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *