MÁIS SOBRE URBANO GONZÁLEZ VARELA (II): ALUMNO E PROFESOR NA ESCOLA DE ARTES DA CORUÑA

Francisco A. Pita Fernández
Da biografía do pintor Urbano González sabiamos que acadou a praza de Modelado e Baleirado de Adorno na escola de Belas Artes da Coruña (hoxe Escola de Arte Pablo Picaso) en 1893 á idade de 25 anos, segundo se desprende da Folla de Servizo certificada o día 30 de Maio de 1905 polo lo Secretario da Escuela de Industrias y Bellas Artes de La Coruña, D. Isidoro Brocos. Nela di textualmente: “En Mayo de 1893, obtuvo la aprobación de sus ejercicios por unanimidad de votos en las oposiciones a la Ayudantia de Modelado y Vaciado de adorno, vacante en la Escuela de Bellas Artes de La Coruña”.

Desexando ter máis información recabamos a colaboración do profesor de dito Centro D. José Luis Neira López, quen buscando nos arquivos e documentos que se custodian na citada Escola facilitounos a seguinte información, procedente dos libros de actas:

En setembro de 1891, dous anos antes de obter a praza xa citada, nomeouse a Urbano profesor axudante nas disciplinas Debuxo de Adorno, Debujo de Paisaxe e Debuxo de Figura. Con posterioridade, o 5 agosto de 1901, iníciase o nomeamento como titular da cátedra de Aplicacións do debuxo artístico ás artes decorativas. Nas actas posteriores a 1901 cítase a Urbano como profesor asistente, pero a partires de 1905 non constan xa máis datos, polo que se supón causou baixa ao trasladarse á Escola de Artes Aplicadas e Industrias de Santiago.

Do que realmente non tiñamos constancia é de que Urbano tamén fora alumno de dita Escola, segundo o acredita o documento que se acompaña. Así, en setembro de 1887, á idade de 19 anos matricúlase na asignatura Copia do Xeso e ao tempo presenta unha instancia na que solicita que tendo sido alumno da Escola De Bellas Artes de na Habana se lle examine dos estudios de Debuxo elemental para poder matricularse.


Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *