
Abril 2014



O QUE LIMOS
Con motivo do Ano Cultural Lugrís Freire, a A. C. Irmáns Suárez Picallo acaba de editar dúas publicacións que recollen textos do escritor sadense. Trátase, por unha parte, da novela curta O penedo do crime, que viu luz en novembro do ano pasado, e a colectánea A idea na palabra. Textos e documentos recuperados, que será presentada o…

MEMORIA DE ACTIVIDADES
Marisa Naveiro López O 14 de outubro pasado cumpríase o 5ª aniversario da traída dos restos de Ramón Suárez Picallo desde a Chacarita en Buenos Aires ao cemiterio do Fiunchedo, en Sada. Por tal motivo varios membros da asociación, así como representantes de Eira Vella, reuníronse aquí para ler textos e rematar coa ofrenda floral e o himno galego. Ofrenda floral a Suárez…
NOVAS DOUTRO TEMPO
HAI 100 ANOS Numerosos amigos del alcalde saliente D. Jaime Casanova, verdadero representante del pueblo, le obsequiarán con un banquete de carácter popular. Con tal motivo, se pondrán de relieve las grandes simpatías de que goza este querido hijo del pueblo, que todo lo ha sacrificado por lograr el bienestar de aquel. Su proba y acertada gestión dejará imborrables recuerdos. (Betanzos Liberal,…

A IMAXE COMENTADA
Escolas de Sada y sus Contornos. Fondo fotográfio Memoria de Sada (CeMIT Sada) Os sadenses que emigraron a Nova York no século pasado, constituíron o 19 de maio de 1913 a sociedade Sada y sus Contornos con obxectivo de potenciar a educación na súa vila natal. A idea da construción do edificio xurdiu ese mesmo ano, pero abriu as súas…

MÁIS SOBRE URBANO GONZÁLEZ VARELA (II): ALUMNO E PROFESOR NA ESCOLA DE ARTES DA CORUÑA
Francisco A. Pita Fernández Da biografía do pintor Urbano González sabiamos que acadou a praza de Modelado e Baleirado de Adorno na escola de Belas Artes da Coruña (hoxe Escola de Arte Pablo Picaso) en 1893 á idade de 25 anos, segundo se desprende da Folla de Servizo certificada o día 30 de Maio de 1905 polo…

A INDUSTRIA DO BARRO NAS BRAÑAS DE SADA
Maise Vázquez García Manuel Pérez Lorenzo O humidal das Brañas de Sada é un dos espazos de maior interese ambiental do noso municipio, por acoller unha gran biodiversidade. Porén, non é menos importante a súa dimensión etnográfica e histórica, dado que a actual morfoloxía dese singular enclave débese a unha actividade económica concreta: a fabricación de tella e ladrillo. Foto. Andrés Vázquez e Odosinda Varela,…

O QUE XANTAMOS (REFLEXIÓNS SOBRE ALIMENTOS, CULTURA, SOCIEDADE E POLÍTICA)
Xaime Rodríguez Rodríguez Tomamos como punto de partida do obxectivo do noso artigo a mellor definición de vexetarianismo (considero que falar de dieta vexetariana é en si mesmo reducionista como se desprende da definición), a que fai a Enciclopedia Británica que vén de definilo como “A teoría ou práctica de vivir soamente a base de vexetais, froitas, grans e noces, xeralmente por…

LETRAS PARA LUÍSA VILLALTA
Marisa Naveiro López Vai para 10 anos que morría, de repente, o 6 de marzo de 2004 na Coruña a escritora, música e profesora Luísa Villalta, ficando todos atónitos ante tal suceso. Autora dunha extensa obra que abarca poesía, narrativa, ensaio, teatro e xornalismo, Luísa Villalta, no ámbito literario, social e político, implicaba o seu nome en causas que reclamaban a xustiza…

AS SARDIÑAS
Quijote Algunha que outra tarde-noite de lúa -maiormente no limiar do verán- reencontrámonos. Elas xa saben que sempre estou alí: na punta do dique de Sada -coma se fora o seu mascarón de proa-. Cando as vexo buligar cun ferver de prata no mar, sei que me están a saudar. Miñas pombas…!

OS APELIDOS DE SADA – II
José-Mª Monterroso Devesa MEA CULPA Nada mais ver publicada a primeira parte deste traballo, caimos na conta de que, entre os apelidos patronímicos de Sada nom incluíramos SUÁREZ, grande pecado se pensarmos que esta revista é o vozeiro da A. C. Irmáns Suárez Picallo (¡). Começamos, pois, esclarecendo que SUÁREZ (galego-português SOARES, procedente do nome Soeiro) provém de Suero, nomepretendidamente euskera.

VIDA MARIÑEIRA DE SADA CONTRIBUCIÓN PARA UN ESTUDO LINGÜÍSTICO (IV)
María do Carme Ríos Panisse Publicado orixinalmente en Verba, nº 1, 1974: 181-232. 2. A pesca con rede Os mariñeiros chaman oficios da pesca os distintos métodos para pescar, segundo o aparello utilizado. Os diferentes oficios son debidos as diversas especies que se queiran pescar e úsanse en distintas épocas do ano, épocas que normalmente son fixas. Así no…

A UTILIDADE DO SUFRIMENTO
Manuel B. Dans Unha súpeta dor de moas representa un perfecto golpe de estado ao rutinario decorrer da nosa existencia; resulta, ademais, a manifestación máis elocuente do indesexábel e abusivo que pode chegar a se revelar o senso alxésico que todos traemos a este mundo, necesario, porén, para percibirmos danos corporais e poder reaxir antes dunha desfeita maior. Por iso, afirmar que non…

O PROBLEMA DO CERCO GALEGO COA XARDA
Andrés García Boutureira Patrón Maior da Confraría de Sada · Representante de ACERGA Dende o ano 2.007 en que se decretou unha veda da anchoa, a flota de cerco do Cantábrico dirixiu a súa pesqueira á xarda de tal maneira que antes de que esta especie chegase a Galicia na súa ruta migratoria se acababan as posibilidades de pesca…

O DEBATE SOBERANISTA
Manuel Lugrís Rodríguez A palabra soberanismo ten varias acepcións, pero hai unha delas que é a que nos vai ocupar nesta reflexión: o soberanismo é, fundamentalmente, unha forma de poder que posúe un certo degrao de independencia dentro dos parámetros en que esta pode entenderse nun determinado contexto. Resumindo, até onde os condicionamentos políticos o permitan, tanto no plano económico como social ou…

DE GRÂNDOLA ÁS GRÂNDOLADAS
Iago Santalla José Afonso, autor de Grândola, Vila Morena Se puidese viaxar notempo e tivera que escoller unha data histórica, non dubidaría en situarme o 25 de abril de 1974 en Lisboa. Faríao sabendo como sei, que a Revolución dos Caraveis que trouxo a democracia ao país veciño tivo múltiples fallos e non poucas carencias no seu desenvolvemento posterior; pero, tamén sei que foi un día de esperanza…

A FEIRA DE ED-MUNDO UN GALEGO DO SÉCULO XX
(Testemuño de Cándido Moure Rodríguez (1912-1998), paisano de Ramón Suárez Picallo en Santiago de Chile, recompilado polo seu fillo, Edmundo) Edmundo Moure Rojas Vin a Bos Aires en 1925, cando a ditadura de Miguel Primo de Rivera. O meu pai perderá o seu posto de traballo no Concello de Chantada, polas súas ideas republicanas e a…

ENTREVISTA CON XESÚS CASTRO EMIGRACIÓN E EDUCACIÓN
Óscar López Chacón A Real Academia Galega, define a palabra emigrar como o feito de deixar o propio país ou o lugar de orixe para establecerse noutro, en particular, por razóns de traballo.

OBITUARIO DE MIMINA
Carolina Díaz Ripoll Mimina e Isaac coa súa neta Rosalía en 2002 Carme Arias de Castro Montero, Mimina, naceu o 15 de abril de 1921 na Coruña e finou o 1 de novembro de 2013 no Castro. É a terceira de catro irmás. A súa infancia transcorreu entre a Praza de María Pita e o…
Untitled Post
Editorial da Redacción Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo 14 de abril de 2014 nº 8 – Sada Ten o lector nas súas mans o número 8 da revista Areal, de contidos variados pero dedicado, especialmente, a dúas mulleres. Dúas figuras de singular importancia na Galicia contemporánea, ambas ligadas ao noso municipio: Carmen Arias e…

RETRATO DE MARÍA PITA · ISAAC DÍAZ PARDO
A raiz da exposición que Isaac fai no Concello da Coruña en 1947, o recén nomeado alcalde da cidade, Alfonso Molina, encárgalle dous retratos de María Pita, un para a colección municipal e outro para a galería de personaxes ilustres do Museo do Exército. Os cadros parecen idénticos, pero non o son: poden apreciarse diferenzas…

FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA
Xosé Anxo Seoane Cao Esquecer as fontes, os seus nomes, as historias que aconteceron ao seu redor e deixalas morrer é como perder a memoria histórica, é renunciar ao noso pasado. A recuperación da memoria colectiva, da humilde beleza do noso foi un dos obxectivos que pretendín conseguir ao realizar o primeiro documental ao abeiro de “Gallaecia Filmes” e “Espazo DCine”, dous…