VIDA MARIÑEIRA DE SADA CONTRIBUCIÓN PARA UN ESTUDO LINGÜÍSTICO (III)

María
do Carme Ríos Panisse

Publicado orixinalmente en Verba, nº 1, 1974: 181-232.

2. Clases de embarcacións
En
Sada os tipos de embarcacións máis usados son a
chalana,
embarcación pequena, de tamaño variable, que non adoita pasar dos 3 m. de
lonxitude e dos 2 m. de anchura. Ten proa triangular e popa rectangular con
fondo plano.
Segundo
o seu tamaño pode ter 2 ou 3
bancadas e
ter, ou non,
corredores. Tamén
hai
chalanas medio
cubertas, destinadas á carga. Son de maior

tamaño e poden levar motor.
Como
todas as embarcacións pequenas a chalana divídese en
aujeiro
ou fondo, baldera ou
costados,
estampa, embancadura cos celeiros,
compartimentos da
embancadura e
o
tambuche,
pequeno departamento na proa onde se gardan cordas e toletes. A
chalana leva na roda de proa un remate saínte e
redondeado que sirve para amarrala chamado
caperol
ou carro.
Outro
tipo de embarcación pequena é a
chalana
chata
de proa e popa rectangulares, pero coa proa máis levantada. Ten só dúas bancadas e normalmente non ten corredores. Se os ten é só nunha bancada.
Ten
celeiros.
Utilízase para o
servizo
doutros barcos, normalmente.
Outra
embarcación pequena é o
bote.
Ten proa en punta, algo máis redondeada que a
chalana;
a popa é rectangular e o fondo redondo; ten de tres a catro
bancadas. É polo tanto máis grande que
a
chalana,
normalmente, aínda que ten as mesmas partes.

De
tamaño maior é a
buceta,
redonda de proa e popa, dunha anchura como a do
bote,
pero máis larga. Ten cinco ou seis
bancadas
e pode levar motor chamándose entón motora.
A embancadura divídese en
caixas,
compartimentos cubertos con tapadeiras cadradas de madeira chamadas
cuarteles. As caixas
levan un borde de madeira no que encaixa o cuartel,
chamado
brazola.
Cando
a buceta é pequena chámase
bucetilla.
Moi
usada é a
lancha,
embarcación máis grande que a
buceta,
case o dobre, que ten tamén proa e popa redondas. Ten sete ou oito
bancadas, normalmente cubertas de corredor, deixando só no medio as caixas cos seus cuarteles. No medio da lancha vai o viveiro,
división para gardar o peixe vivo onde chega a auga do mar que se vai renovando
por medio de buratos. Na parte última da popa a lancha
leva
a chupeta ou chopa, especie de alacena para
gardar cousas pequenas como
estrobos,
cordas, etc.
Se
a
lancha leva motor
chámase
lancha motora. Se se
dedica ao remolque leva na cuberta un pau espetado chamado
cepo.
Como
a lancha, pero máis estreita, é a
trainera.
Unha
clase de lancha, hoxe desaparecida, é a
lancha
xeiteira
, pois agora péscase ao xeito
desde motoras. A lancha
xeiteira
tiña 4 bancadas,
2
chopas pola
popa,
tilla na
proa,
pana, cadoira e cadoeira
na popa para levar a rede.

Barcos
máis grandes a motor son as
parexas.
Levan o aparello chamado
parexa e
danlle este nome porque van de dous en dous. Se van solos chámanse
bous os grandes, e vacas os máis cativos. Cando van co
aparello chamado
tarrafa
chámanse
tarrafeiras ou barcos da tarrafa; se son pequenos
chámanse
tarrafillas; se
van á pesca con
volanta,
volanteiras, e se
con
traíña, barcos de traíña.
Todos estes barcos teñen xeralmente dous compartimentos, chamados
ranchos, para os mariñeiros.
III.
A REDE
1. Confección
As
rederas eran as
encargadas de
facé-la rede. Para
iso empregábanse antes fío de algodón ou de cáñamo en madeixas que se
devandaban no
virador. Hoxe
faise con fío de “nylon” e vén tecida de Barcelona ou de Ferrol. Para
facé-las redes
usábanse ajullas de pau,
feitas a navalla polos mesmos mariñeiros. Estas agullas teñen o ollo aberto e
levan na cabeza outro burato. O fío envólvese entre o burato da cabeza e o
burato do ollo e vaise desenrolando segundo se fai a
malla
ou tecido da rede.
As
agullas levan distintas denominacións polo tamaño:
ajullas
de coser
as máis pequenas, ajullas
de armar
as que serven para unir o tecido de malla á tralla
e
ajullas de cadeneta as
que serven para facer a
cadeneta,
parte máis tupida da 
rede.
Todas as agullas son de buxo.
Se
a rede era
clara, é
dicir, de malla ancha, empregábase o
basadeiro
ou forma da rede, taco
de madeira cadrado que servía para medir a abertura da malla. As redes
claras tiñan de catro a sete vías ou pasadas,
medida que corresponde ao número de mallas que hai nun palmo. Por exemplo, as
redes de
rapé teñen
sete
vías.
Se
a rede é
ficheira, é
dicir de malla estreita, en vez de facerse co
basadeiro
facíase ó dedo,
medindo a abertura da malla co dedo. Son redes de sete a trece
vías. Por exemplo, as chamadas medias redes,
o
cope e en
xeral todas as do
bou.
A malla máis difícil de tecer era do
xeito
de once a trece vías.
A malla de
tarrafa de
dezasete
vías viña
de Barcelona pois non se podía facer a man.
Para
traballá-lo aparello utilizábanse
diferentes fíos. Así, o
liñó facíase
con fío
jordo, a
malla de
xeito con fío
do número sesenta, as
medias
redes e o cope con fío do tres ou do catro.
A
rede está dividida en
panos ou
partes que ás veces levan distintas denominacións segundo os aparellos (Vid.
Oficios da pesca). Os
panos
van
enpanados (amecidos)
uns cos outros polo
liñó,
costura de fío gordo feita a man. Tamén levan uns panos de malla
clara, chamados rapé, que van cosidos á tralla de plomo, e outros amecidos á tralla de corcho, tamén de malla clara,
que fan a
malla mestre.
Moitos mariñeiros poñen entre ámbalas trallas
rapé.
A
rede pode levar ademais unha chea de
reforzos
ou redes superpostas. Os máis correntes nas redes de cerco son a pancilla, que cobre o cabeceiro transversalmente e a cúa que vai tamén no cabeceiro, lonxitudinalmente. Os
aparellos de arrastre levan normalmente un
reforzó
no cope chamado
mandil e ó
longo de toda a rede por riba da malla
rapé
levan a raina,
reforzo de rede
clara.
Ás
veces a rede necesita ser ampliada. Neste caso,
encánaselle
outro pano.
Para
completar as redes habíaas que
entrallar ou
armar,
poñéndolle a
tralla, corda
que
remata
a rede por riba e por baixo. Por riba a

tralla leva corchos e
por baixo
plomos que en conxunto reciben o nome de plomada ou pedreira, pois ás veces os pesos eran pedras. Se a
tralla
de
chumbo leva como pesos bolsas de area dise que leva
pandulleiras.
As
trallas únense
á rede por medio de
costuras das cordas.
As
redes de cerco complétanse por baixo cunha corda frouxa, amecida á tralla de
chumbo de braza en braza, chamada

de jallo
ou vento
da rede. A
esta corda van cosidas unhas argolas que cando son de corda chámanse
cabiños, polos que vai enfiada a xareta, chave
ou tira. Esta
corda, ao tirar dela, pecha a rede por baixo, facendo unha bolsa chamada
copo pola súa forma, onde queda
engaiolado o peixe.
Nos
cabeceiros das
redes vai un
pé de jallo que
remata nunha corda para halar o aparello

ou ben van os calós que
son dúas cordas amecidas
polo
pau do calón onde
vai amarrada a
culebra ou
corda para subir a rede a bordo.
Ás
veces pónselles ás redes unhas chumbadas especiais para facelas máis pesadas
chamadas
rosarios.
Finalmente
a rede debe ser
teñida ou
cascada. Para
iso púñase a ferver auga na
caldeira da
casca. Esta
caldeira tiña tal dimensión que a auga que contiña tardaba máis de catro horas
en ferver con bo lume. Logo botábase esta auga no
cascadeiro
ou casa da casca,
recipiente que contiña cortiza de piñeiro. Do
cascadeiro
filtrábase a auga para pasala ao pilo
ou mistoiro
, pozo onde se metía a rede para encascala. Despois disto púñase a
decorrer no
virador, vara
de ferro que dá voltas nunha manivela. Logo ía ao
tinare
que eran unha gran tina na que estaba certo tempo a rede nunha nova
auga. Por último, levábase a 
enxugar
aos
secadeiros.
De
cada pouco as redes precisaban unha
mista
que consistía en metelas de novo en auga de casca, operación que se
chamaba
enmistalas, mistalas ou darlles
misto
.
Cando
unha rede se derrama,
átase,
aliñóase ou tómase a liñó, é dicir, cósese a parte rota
do
liñó
.


Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *