UNHA HOMENAXE A SUÁREZ PICALLO FRUSTRADA POLO RÉXIME DE FRANCO

Manuel
Pérez Lorenzo

O
14 de outubro de 1964 morría Ramón Suárez Picallo no hospital do Centro Galego
de Buenos Aires. A noticia, malia que agardada, conmovía a colectividade galega
da cidade porteña, que despedía así a un anaco do seu pasado.

Dirixente
sindical e activista político relevante nos círculos socialistas dos anos 10 de
20, xornalista prolífico, orador brillante, deputado nacionalista nas Cortes da
II República, membro fundador do Consello de Galiza… Suárez Picallo, que
dedicara toda a súa vida ao servizo das causas que considerou xustas, finaba
lixeiro de equipaxe, logo de darllo todo aos demais.
Uns
meses máis tarde, Isaac Díaz Pardo publicaba un artigo en
A Nosa Terra para procurar o recoñecemento
do que Ramón era acredor. Isaac convertíase en testemuña da súa vontade de ser
enterrado no cemiterio do Fiunchedo, na Sada natal, e, ao mesmo tempo, lanzaba
a seguinte proposta:

Non son amigo dos homaxes os mortos pra o cual xa
hai institucións ilustrísimas adicadas a iso; mais coma niste caso Suárez
Picallo era un político, un alentador da causa de Galiza e do seu pobo, pura,
sen outros aliños, cerce e non codia, e podería ser esquecido, sería ben que os
emigrantes galegos de Bos Aires, ou de toda América, lle colocasen unha placa
sinxela na súa casa de Veloy que dixera algo asín como:
“O 4 de Novembro do 1894 nasceu nesta casa o bo e
xeneroso Ramón Suárez Picallo, emigrante, xornalista, avogado, político, quen
amou a Galiza e ó seu pobo labrego e mariñeiro e morreu de saudade en Bos Aires
o 14 de outubro do 1964 soñando con que algún día o levaran a enterrar o
Fiunchedo.”
A
idea de Díaz Pardo era axiña recollida pola Irmandade Galega de Bos Aires, a
institución que sucedera, por designio de Castelao, ao extinto Partido
Galeguista. Iniciábase entón unha longa correspondencia con diferentes
entidades de toda América na procura de apoios para levar a cabo a homenaxe
2.
E as adhesións chegarían, entre outras, da Hermandad Gallega de Caracas, Casa
Galicia de New York, Padroado de Cultura de México, Centro Lucense, Casa de
Galicia e Centro Gallego, de Montevideo; Centro Lucense,
Centro
Coruñés, Centro Orensano, Centro Pontevedrés, Centro Betanzos, A. B. C. de
Corcubión, Federación de Sociedades Gallegas e Centro Gallego, de Buenos Aires;
Centro Gallego de Avellaneda, Centro Gallego de Mar del Plata e Casa de Galicia
de Rosario de Santa Fe.
A
Irmandade decidira delegar nun dos seus membros para que, cruzando o Atlántico,
se dirixise a Sada e xestionase a colocación da placa, coincidindo co primeiro
cabodano da morte de Ramón. O encargado de facelo non podía ser outro que o
escritor Ricardo Flores, sadense tamén.
Ao
mesmo tempo, dirixíranse por carta a Real Academia Galega para conseguir o seu
apoio eintermediación coas autoridades:
Temos o agrado de dirixirnos a vostede confirmando
a xestión cumprida persoalmente
pol-o irmán Ricardo Flores, para solicitar
que esa H. Academia patrociñe o homaxe que
os galegos emigrados na América desexan
render a Ramón Suárez Picallo […].
[A] Irmandade Galega vería con fonda ledicia
que esa H. Academia fixera todo o posibel
para que o homaxe proeitado pudera ter a
feliz reaización que arela a Galiza emigrada,
pois constituiría unha mostra evidente da súa
identificación coa traeitoria espritoal de este
galego ilustre e co esprito da Terra que alumeou
a súa vida […].

Mais
axiña habían xurdir problemas co réxime que farían sufrir toda clase de
peripecias a placa antes de poder ser colocada. Ricardo Flores daba conta da
oposición suscitada nas autoridades franquistas e a Irmandade Galega informaba dos
acontecementos as restantes institucións implicadas. Estas dirixiríanse ao
presidente da Academia, Sebastián Martínez-Risco, para solicitarlle a súa intervención
co obxecto de non ver malograda a iniciativa:
Atópase na Pátrea o siñor Ricardo Flores,
Tesoureiro da Irmandade Galega de Bos Aires,
que leva o encargo de colocar unha praca
recordativa coa que os galegos de Bos Aires
desexamos rendire homaxe ao gran patriota
Don RAMÓN SUÁREZ PICALLO no pirmeiro
cabodano da súa morte, e parece que
ahí se lle ofrecen dificultades para o cumprimento
da súa outa misión.-
Iñoramos as razós que poida habere para negarse
esa autorización, pero doinos moito e
fírenos no máis fondo da i-alma, isa aititude,
porque SUÁREZ PICALLO por enriba de
todo, no decorrere de toda a súa vida de
emigrante,
sin reparare en sacrifizos e moitas veces,
casi
que sempre, privándose do máis
indispensábel
para súa propia subsistenza, loitou
sin
desmaio e incansabelmente, por enaltecere
a
GALIZA e canto a ela se refirese. Somentes
os
que padecemos o door da ausenza, os que
temos
a inmensa amargura de vivire a cotío
pensando
na Pátrea e vendo que cada día se
alonxa
máis a espranza de retornar a ela, somentes
nós,
os emigrados forzosos, estamos
en
condiciós de valorare o sagrificio e o patriotismo
de
RAMÓN SUÁREZ PICALLO e
o
menos que se nos debe, o menos que podemos
pedire,
é que se nos permita adicarlle o
testimuño
do noso respeito e da nosa ademirazón,
no
fogar de o seu nacimento.-
Vostede
que nos visitou […], fáganos o favore
de
interpoñere a súa boa vontade e merecementos,
que
lexit[im]amente lle asisten, para vencere
a
oposición a iste xusticieiro homaxe […].
Facémoslle
ista súprica inspirados no máis
sinxelo
sentimento pátreo, e porque o sabemos
a
vostede partícipe de igoales sentimentos,
e
teña a seguridade de que a súa xestións
ha
de merecere o eterno agradecimento dos
milleiros
de galegos que desde Bos Aires facemos
votos
polo éisito da súa xestión.–
O
propio Martínez-Risco, en carta de 15 de decembro de 1964, daba conta das
xestións realizadas:
Estrañaría
a vostede o meu silencio e tardanza
en
respostar a súa carta de 8 de novembro en
que
interesábase pol-a colocación da placa na
casa
en que naceu o esgrevio Suárez Picallo;
elo
foi debido as xestiós que viñemos facendo
sobre
do particular. O resultado foi que dende
logo
o texto da devandita placa terá de ser
modificado
n-este senso: “El 4 de noviembre
de
1894 nació en este hogar RAMÓN SUÁ-
REZ
PICALLO, que amó a Galicia y a su pueblo
labriego
y marinero. Homenaje de los gallegos
de
América. 14 de octubre de 1965″.
Non
embargantes, poderá o texto ir en galego,
segundo
se nos indicou.


O
problema, xa que logo, estaba no texto que a Irmandade Galega decidirá colocar
na placa, e que non era outro que o que suxerira Díaz Pardo levemente
modificado e co engadido final de “homenaxe dos galegos emigrados na
América”. A correspondencia conservada na Real Academia Galega testemuña
as xestións levadas a cabo por Martínez-Risco, Juan Naya e Francisco Vales na
procura de que a homenaxe se puidese levar a cabo. Como era preceptivo, Vales
dirixírase ao Delegado Provincial do Ministerio de Información y Turismo,
Ministerio que encabezaba Manuel Fraga. A resposta do Delegado, Francisco
Serrano Castilla, non deixaba lugar a dúbidas: o texto debía ser modificado. O
propio Serrano achegaba a nova lenda, con ausencias destacables sobre a
orixinal. O nome de Suárez Picallo non podía figurar antecedido polos
adxectivos “bo e xeneroso”, e os datos biográficos debían ser
obviados na práctica totalidade: suprimíase a liña que o definía como
“emigrante, xornalista, avogado, político” e eliminábanse tamén as
palabras “e morreu de saudade en Bos Aires o 14 de outubro de 1934,
soñando con repousar no Fiunchedo”. Mesmo a última ringleira (“Homaxe
dos galegos emigra dos na América”) tiña connotacións que aos ollos da
censura non eran admisibles, polo que cumpría suprimir a palabra
“emigrados”.

En
primeira instancia, o texto non só foi censurado ata verse practicamente
irrecoñecible, senón que tamén foi traducido ao castelán polos censores.
Posteriormente, ante a petición da Academia, o Ministerio autorizará “el
texto,
en
gallego, que el señor Serrano había enviado al señor Vales, en
castellano”.
A
cuestión é que, nalgún momento indeterminado desta historia, a proxectada placa
pasou do papel ao bronce, mais co texto orixinal, sen as modificacións impostas
pola censura. Nun acto de dignidade, a familia de Suárez Picallo, a súa irmá
María e o seu sobriño Ramón, preferiron optar por non colocar a placa antes que
ceder aos mandatos do Ministerio. Deste xeito, a homenaxe houbo de se pospor e
o bronce ficou gardado na casa de Beloi agardando tempos mellores.
Será
no ano 1976, morto o ditador, con Fraga noutros mesteres e con Serrano por
outras latitudes, cando a familia decida, por conta e risco propios, instalar a
placa na fachada da casa natal. Quixo entón a casualidade que, neses mesmos
días, o Centro Gallego de Buenos Aires optase tamén por retomar a vella
iniciativa. Proxectouse o acto de descubrimento do bronce para o mes de xuño,
con motivo da estancia en Galicia do presidente da entidade, Juan Manuel Pérez,
que viña a participar no Congreso da Emigración que se celebraría en Vigo.
Doutra volta, encargábanse as xestións a Academia que,
presidida
aínda por Martínez-Risco, solicitaría o permiso preceptivo ao alcalde de Sada,
Nicolás Blanco. A autorización sería concedida, previo trámite ante o Goberno
Civil, e unha comitiva desprazaríase a Beloi xusto no momento no que, por
disposición da familia, un albanel traballaba na colocación da placa.
Desde
entón, a casa na que nacera Suárez Picallo porta un recoñecemento a súa
traxectoria; recoñecemento ao que se sumou, no ano 1994, unha segunda placa
instalada pola CIG con motivo do centenario do nacemento de Ramón. Con diversas
peripecias de por medio, o desexo dos galegos de América viuse finalmente
cumprido. A intención última da homenaxe a Suárez Picallo ficaba reflectida
nunha carta remitida polos directivos do Centro Lucense de Buenos Aires a
Irmandade Galega:
A praca na casa dos seus pais, na súa Sada,
mellor dito no seu curruncho de Veloy, levará
ao traverso do tempo, aos rapaces e as mocedades
futuras o noso mensaxe de recoñecemento
i espranza pro mundo quil soñou e
pola Patria pra que il quixo e loitou sin folgo

e sin claudicazón.


Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *