O TRINTA E UN DE MARZO RUXIU UN INCENDIO

Vanesa
Santiago Vázquez

Incendiarios!
Non merecedes a terra que pisades!

Cegos e
incautos, a todos condenades!
Pobres
ollos meus, que bágoas chorades!
Aquí
volos deixo, para que á fin vexades!
Avanza
a praga ígnea e devastadora,
plasma
incandescente e onda abrasadora.
O
monstro non cede e brúa hora a hora.
Pisa a
man que roza o chan, atónita.
E son
praga, e son plasma, e son onda
xigante
e inflamable para aquel que escoita.

Ollade!
Ollade a morte na paisaxe nosa!
Foxe
arrepiado o río na procura do mar;
nubes
de cinza e fume grises coma un pensar
feden
coma os remorsos queimando o fondo padal.
Follas
negras roídas que arrola o vendaval
lembrándonos
aos homes:
ai de vós, ides mal!
Chegamos
fantasmais e en silencio ao lugar
quedando
suspendidos da mágoa de ignorar
as
hectáreas e as vidas que arderon naquel val
das
fragas do Eume, que á fecunda Gaia viu reinar
e ven
morrer da man humana e criminal…
Chegou
a choiva, salvífica, providencial…
E o
tempo, sempre inquedo, voou coma un pardal.
Chegou
setembro, e con el, chegou de novo o
[incendio.
Non o
vedes, incendiarios? Sempre! Sempre é o
[mesmo!
Cerca
hoxe o Pindo, e vai rumiando, e vai roendo,
cal
unha vaca xigante, esfameada, o Olimpo céltico.
Onde
está Lug? Onde Navia e Sannoava?
Onde
están os vellos deuses para enxugala?
E
estamos sós, perante o Nordés, a agardar
quen
sabe que milagre que free o cabalgar
desta
vaca sen xugo, deste lume infernal.
Que
sentes, incendiario?, se podo preguntar.
Eu
sinto frío nos ósos ao ver calcinar
a selva
fumegante e outrora verdeal.
E sinto
ardendo a gorxa disposta a reclamar
que
amamos eses bosques coma ó noso fogar
de
terra e auga pura e osixenado ar.
Incendiarios!
Desexo que coma min sintades
que
afogades en cada árbore, en cada animal.
Que
todo vos cheire a fume. Que entendades
que
estas bágoas que choro son xentileza
para
vós, que vivides nun mundo de pobreza,
sen
beleza nin cantos, nin salvaxe crueza, nin sal.
Ruxe o
incendio, incendiario, a prender na
[cerna
primordial
do teu
vello, insensato, destemido e louco país

[de
Breogán.


Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *