Neste pequeno recuncho que quedou no presente número de Areal para as recomendacións bibliográficas, traémosvos dous libros escritos ambos por veciños de Sada, socios ambos da A. C. Irmáns Suárez Picallo e colaboradores de Areal: un libro de divulgación ambiental (O carballo, de Calros Silvar) pensado para os máis pequenos; e unha novela fantástica (Ninguén lembra, de Vanesa Santiago), para os non tan pequenos. Os dous libros foron xa presentados en Sada, con boa acollida de público.
Vanesa
Santiago Vázquez
Santiago Vázquez
Urco
Editora, 2013
Editora, 2013
ISBN:
978-84-15699-15-6, 545 pp
978-84-15699-15-6, 545 pp
Ninguén Lembra é unha novela
fantástica, a primeira de Vanesa Santiago, a nosa veciña de Fontán (en palabras
da autora, “o lugar máis fermoso do mundo”).

“Se
non queres pensar, non leas. Non sigas lendo, fecha os ollos. Respira. Abre os
ollos. Pensa. Le e pensa. Detén un intre o teu maxinar nestas liñas, neste
segredo reservado aos que non se conforman con fechar os ollos”. Así nos invita
Vanesa a desfrutar da súa novela. Unha historia de historias, escrita en
galego, protagonizada por xentes, mais non correntes, senón persoas que posúen
“dons” especiais, os cales serán a orixe das aventuras que conforman a novela.
A maxia, a amizade, a lingua na que está escrita, o protagonismo das
mulleres… son as constantes que conforman a historia e a converten en única.

Quizais
hoxe máis que nunca tórnanse necesarias as lecturas que nos axudan a liberar a
nosa mente e viaxar a lugares máxicos, escapar uns intres da crúa realidade que
nos toca vivir… E libros como este poden ser unha boa elección para iso.

Agardámoslle
a Vanesa moitos éxitos e que este sexa a primeira de outras moitas novelas da
súa autoría.

O
carballo
Calros
Silvar
Silvar
Baía
Edicións, 2012
Edicións, 2012
ISBN:
978-84-9995-037-2, 41 pp.
978-84-9995-037-2, 41 pp.
O Carballo é un libro escrito e
fermosamente ilustrado (como de costume) por Calros Silvar, que nos achega ao
mundo vexetal a través dun protagonista concreto, o Quercus
Robur, o Carballo. O autor condensa en apenas 40
páxinas e de forma amena e interdisciplinar (desde a ciencia, a cultura, a
tradición…) moita información acerca das árbores en xeral, e da familia do
carballo en particular. O libro foi escrito orixinariamente en galego e
traducido a varios idiomas.

Aínda
que pensado para un público infantil, non está de máis que o revisemos tamén os
que somos xa máis maiores, pois de seguro calquera que o lea tirará del
información nova. E hoxe cómpre achegármonos ao coñecemento do noso contorno,
xa que é o único xeito de aprender a valoralo e procurar sen vacilación a súa
preservación. Dificilmente poderá importar a alguén que descoñeza o valor dos
bosques ou das árbores que se incendien zonas como o Monte Pindo ou as Fragas
do Eume, polo que a educación ambiental dos nenos desde pequenos tórnase
imprescindible, e este libro contribúe notablemente a iso.

Laura
I. Pita Campos
I. Pita Campos