MEMORIA DE ACTIVIDADES

Marisa
Naveiro López

Nestes
últimos seis meses participamos, organizamos ou colaboramos nos seguintes
actos.

Presentación do nº 6 da revista AREAL
O
venres día 12 de abril, na Casa da Cultura, presentamos o nº 6 de
Areal, coa presenza de boa parte dos
autores que participan no mesmo. Logo do saúdo inicial de Paco Pita e da
presentación dos contidos de
Areal que
fixo Manuel Pérez Lorenzo, Rexina Basadre presentou ao director Xosé Abad, que
nos falou do seu documental
O segredo
da Frouxeira
, proxectado acto seguido.


Día da República
O14
de abril conmemoramos a proclamación da II República cunha ofrenda floral ante
o monumento as vítimas da represión franquista en Sada. Introduciu o acto Jesús
Castro, con palabras de lembranza para Carmen Castro, a viúva dun dos
asasinados, José Neira, falecida hai uns meses. Logo, coincidindo co 150
aniversario do nacemento de Manuel Lugrís Freire e lembrando que foi el quen
trouxo a Sada a nova da proclamación da República, realizouse unha lectura de
textos de Lugrís. Concluíu o acto co canto do Himno Galego.

A exposición dos irmáns Suárez Picallo, na Fábrica (Perillo-Oleiros)
Entre
o 12 e o 27 de abril, a nosa exposición sobre os irmáns Suárez Picallo
exhibiuse no concello veciño. Ademais, o noso compañeiro Manuel Pérez Lorenzo é
entrevistado por este motivo en Radio Oleiros.
Concerto de Paris Joel e a Leiros Band
Paris
Joel e a Leiros Band actuaron na Capela de San Roque 26 de abril. O cantautor
de Sada presentaba o seu novo disco,
Un
concierto de
barra fija,
e deleitou ao público con temas deste traballo e da súa prolífica produción
musical.
Paris
Joel é o artífice do Sadautor, un festival que cada ano converte a Sada nun
punto de referenza para cantautores de Galicia e do Estado.
Un
fito no calendario local que debe ser apoiado polas institucións e pola
sociedade civil.

Presentación do poemario No
papel que mudo escoita
O
28 de xuño, na Capela de San Roque, presentouse o libro de Baldomero Iglesias
(Mero)
No papel que mudo escoita,
que recolle parte da súa extensa produción poética. No acto interviñeron,
ademais do autor, Xoán Xosé Fernández Abella, Alfonso Blanco, David Otero e
Xosé Luís Rivas Cruz (Mini). Como non podería ser doutro xeito, tamén houbo
parte musical, a cargo de Raúl Gallego, Mini e Mero.


Comida homenaxe a Manuel Couzo
O
domingo, 25 de agosto tivo lugar un xantar de homenaxe a Manuel Couzo, con
motivo do seu regreso a Buenos Aires logo dunha estadía de dous meses en Sada.
No transcurso do acto foi agasallado cunha fotografía de Sada de mediados do
século XX. Falaron varios dos presentes, así como o homenaxeado. Manuel Couzo,
fillo predilecto do noso municipio, foi fundador e presidente do C. E. Sada y
su Contornos de Buenos Aires. No 2008 colaborou
activamente
no traslado dos restos de Ramón Suárez Picallo e no 2010 foi nomeado Socio de
Honra da A. C. Irmáns Suárez Picallo.


Cadernos de estudos locais
Iniciamos
una serie de cadernos dedicados as parroquias. O primeiro, “Carnoedo na
historia: textos e documentos”, publicouse no marco das festas de San Amede, de
Carnoedo.
Colaboracións
Colaboramos
coa Plataforma en Defensa da Ría de Sada en manifestacións e actos,
posicionándonos en contra da proposta de vial de acceso a Vía Artabra que
divide o territorio.
Asistimos
a presentación en Sada do libro
O Carballo,
do noso compañeiro Calros R. Silvar,
así como ao acto de presentación da novela Ninguén
lembra
, da nosa socia Vanesa Santigo. Tamén estivemos presentes nos actos do Centenario da sociedade Sada y sus Contornos, e nas presentacións dos documentais Fontes e lavadoiros do Concello de Sada e
Luísa Villalta. Paixón e compromiso, realizados
polos alumnos do IES
Isaac
Díaz Pardo co profesor Xosé Seoane.
O
10 de agosto, coincidindo coas Perseidas, miramos o ceo vendo caer as estrelas,
nun acto organizado por amigos de Juan Carlos Medal (Jaitos) e en homenaxe ao
mesmo, como cada ano. Desta vez as condicións atmosféricas permitiron observar.
Ademais das bágoas de San Lorenzo, identificamos constelacións, estrelas que
compoñen o triangulo do verán, etc.

O
Día de Galiza Mártir, intervimos, canda outras entidades, nun acto en San Pedro
de Nós en homenaxe as vítimas da represión franquista.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *