MÁIS SOBRE URBANO GONZÁLEZ VARELA (I)

Francisco
A. Pita Fernández

No anterior nº de Areal publicamos un interesante texto biográfico sobre Urbano
González Varela, que nos fixeron chegar os seus netos os irmáns Cabeza de León
González Varela, dada a relación familiar de Urbano González (irmán de Pura
González segunda esposa de Manuel Lugrís) co escritor e político sadense do que
estamos a celebrar o 150 aniversario do seu nacemento. Indagando sobre o xa
publicado presentamos neste número algúns documentos que complementan dita
información e que se conservan e custodian en distintos lugares e institucións
de A Coruña.

REAL
ACADEMIA DE BELLAS ARTES “NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO”
Urbano González foi proposto e admitido polo concepto de
debuxo e pintura como membro numerario da Academia de Belas Artes da Coruña na
sesión celebrada o 22 de xaneiro de 1902, presidida naquel intre por D. Jaime
Ozores, como se reflicte na segunda folla das catro que componen dita acta, na
que se califica de “distinguido pintor” e se cita que é profesor da Escola de
Artes e Industrias. No folio terceiro da mesma acórdase por unanimidade aprobar
a proposta de académicos presentada polo presidente. Incluimos ademais una
misiva do propio Urbano González agradecendo e aceptando dito nomeamento.


Esta documentación foi facilitada a nosa revista pola Real
Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario. Na mesma institución
consérvasase esta caricatura do pintor, obra de autor descoñecido.



MUSEO
DE BELAS ARTES

Existen varios cadros de Urbano González Varela na nosa
cidade: no concello de A Coruña, en propiedade de Manuel Lugrís Rodríguez, neto
da súa irmá Pura e de Manuel Lugrís Freire, etc. Tamén no Museo de Betlas
Artes. No Museo de Belas Artes de A Coruña custodiase un óleo da sua autoría,
un retrato do seu pai, Secundino González, sogro de Lugrís Freire:

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *