Editorial da Redacción
Asociación
Cultural Irmáns
Suárez Picallo 14
de outubro de 2013 nº 7 – Sada
Cultural Irmáns
Suárez Picallo 14
de outubro de 2013 nº 7 – Sada
Hai agora cinco
anos, no marco da traída das cinzas de Suárez Picallo desde a Chacarita ao
Fiunchedo, concluía a achega da Comisión Irmáns Suárez Picallo ao programa de
actos entón desenvolvido. A partir de entón, transformados en Asociación
Cultural, organizamos actos diversos ou exposicións, e editamos publicacións
como o libro Ramón Suárez Picallo. A voz esquecida
do galeguismo, a serie de Cadernos de Estudos Locais
(van
xa 14 números) e a revista semestral Areal que chega a súa
sétima entrega. Ademais, contamos cun blogue que superou xa as 1200 entradas.

Esta labor ten a
contrapartida da desinteresada aportación dos colaboradores, o incondicional
apoio de máis de 70 socias e socios e a importante participación de industriais
e empresarios sadenses que fan posible a distribución gratuíta de Areal. Este ano
contamos tamén de novo coa colaboración do Concello de Sada e da Deputación de
A Coruña.

Inmersos no Ano
Cultural Lugrís Freire, temos no prelo a novela O
penedo do crime, a primeira íntegramente en galego da nosa literatura, ambientada en
Sada e publicada por entregas por Lugrís en 1884.

Neste outono e
nos primeiros meses de 2014 novos actos completarán o Ano Cultural, que
concluirá coa proxección dun audiovisual, en proceso de rodaxe e, oxalá, tamén
cunha nova publicación con textos inéditos ou pouco coñecidos do autor.

Mais non podemos
esquecer a crueza da actualidade, cando semellan proliferar as amezas que
aflixen ao territorio galego: os devastadores proxectos de megaminería

súmanse ao xa
cotián ciclo de lumes que cada verán atenta contra o noso patrimonio natural, e
que este ano afectou de forma tráxica ao monte Pindo. En Sada ollamos con
preocupación o proxecto de enlace da Vía Ártabra por Fontán mediante un túnel,
dadas as súas implicacións destrutivas. A toma de conciencia por parte da
sociedade destas problemáticas tamén é un fin que o asociacionismo cultural
debe perseguir.