No ano 1892, Manuel Lugrís Freire iniciara xa o seu noivado coa cubana Concepción Orta Iglesias, que pertencía a unha notable familia de Pinar del Río. Como era costume, con motivo da súa maioría de idade, Concha recibe un álbum con textos dos seus achegados. Lugrís aporta tres, un en prosa asinado co seu nome e dous en verso, “Dous sentimentos”, co pseudónimo L. U. Gris, publicado posteriormente en Noitebras, e “A Concha”, que asina como Val Doncel. Reproducimos os dous inéditos, amablemente cedidos por Concepción Iglesias Lugrís.
DOUS TEXTOS INÉDITOS
