A IMAXE COMENTADA

Escola de Pancha Morlán
Fondo
fotográfio Memoria de Sada (CeMIT Sada)

Eu
fun a Escola de Pancha, do mesmo xeito que centos de sadenses. Ela foi a miña
primeira mestra. Deixei a súa clase entre os dez e onceanos, para iniciar
estudos secundarios. Recordo que era unha boa mestra e cariñosa cos seus 
alumnos.
Sempre a recordo con respecto e un gran agarimo, xa que ela guiou os meus
primeiros pasos e quizais inflúa en que anos máis tarde 
eu
mesma me dedicara ao Ensino. Mirando a foto, entristéceme ver que moitos
daqueles compañeiros e compañeiras xa non están. Na Escola de Pancha comezaron
os dous últimos Alcaldes da Ditadura: Juan Fernández Arévalo e Nicolás Blanco
Blanco.


Creo
que o pobo de Sada ou as súas Autoridades, non souberon apreciar o que Pancha
fixo por nós, non só ensinándonos senón tamén inculcándonos
todo
o bo que ela tiña. 

Aproveitando este recordo a Escola de Pancha, quero pedir
desde aquí, que o que hoxe coñecemos como Praza da Pescadería, e que está a uns
pasos de onde foi a súa escola pase a chamarse 
“Praza
da Mestra Pancha”.

memoriadesada.com
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *