5 ANOS DO TRASLADO DOS RESTOS DE RAMÓN SUÁREZ PICALLO

En outubro de 2008, o Concello de Sada e a Vicepresidencia da Xunta de Galicia trasladaban as cinzas de Ramón Suárez Picallo desde Buenos Aires ata a súa Sada natal, dando así cumprimento a súa vontade.

O 14 de outubro tiña lugar en Sada un acto cívico institucional no que interviñeron o vicepresidente da Xunta de Galicia, o alcalde de Sada e Ramón Tenreiro, ante un público multitudinario que quixo renderlle a súa homenaxe a Suárez Picallo, trasladando logo as súas cinzas ata o cemiterio do Fiunchedo. Alí repousan desde entón os seus restos.



Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *