PRESENTACIÓN DE “O CARBALLO”, DE CALROS SILVAR

O pasado sábado as 12:00h. na capela de San Roque, o noso compañeiro Calros Silvar presentou o seu libro O Carballo, cun obradoiro de debuxo para o público infantil alí congregado.
O Carballo, que edita Baía, con debuxos e textos de Calros Silvar, pretende prender no público infantil e xuvenil o interese e o respecto polo medio.
Os nosos parabéns a Calros por esta obra, enmarcada nunha moi ampla e recoñecida traxectoria como ilustrador da natureza.
Máis información: www.calrossilvar.com

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará