Publicamos imaxes correspondentes a tres momentos da manifestación que tivo lugar onte, convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Sada, para parar o proxecto de enlace da Vía Ártabra co porto por medio dun vial que desvertebra o noso territorio e destrúe o noso patrimonio natural e cultural.
A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo apoia a Plataforma en Defensa da Ría de Sada nesta campaña que está a levar a cabo na defensa do interese común dos veciños e veciñas de Sada.
As fotos son da autoría do compañeiro Esteban Rodríguez
Na seguinte ligazón pódese acceder á información acerca do vial de enlace da Vía Ártabra co porto por Fontán, un proxecto con gravísimas repercusións para os valores naturais e paisaxísticos da zona, para o seu patrimonio e que, ademais, carece de xustificación en base á actividade portuaria.
Xunta de Galicia: novo vial Oleiros-Sada e porto de Sada Tamén colgamos a recreación virtual do resultado final, na que se pode comprobar o impacto da enorme trincheira e do falso túnel. |
INFORMACIÓN SOBRE O VIAL DE ENLACE DA VÍA ÁRTABRA CO PORTO |