Espectacular o concerto de Paris e a Leiros Band na Capela de San Roque o pasado venres! O cantautor de Sada presentaba o seu novo disco, “Un concierto de barra fija”, e deleitou ao público con temas que forman parte deste traballo e con outras cancións que forman parte da súa longa e prolífica produción musical.

Desde a A. C. Irmáns Suárez Picallo queremos agradecerlle, a el, a Tonu Leiro e a Sergio Leiro, o ter ofrecido esta actuación. Agardamos que o futuro estea cheo de novas colaboracións!