EPITAFIOS SINGULARES NO CEMITERIO DE SAN AMARO -A CORUÑA- (I)

Xosé Anxo Seoane Cao
No ano 2004 iniciei un estudo sobre o cemiterio de San Amaro, na Coruña, para elaborar unha unidade didáctica de aproveitamento para os meus alumnos de secundaria na materia de Lingua Galega e Literatura. Consideraba -e considero- que os cemiterios son moito máis que as cidades dos mortos, que podemos aprender moitas cousas nos camposantos.

Os seus interiores están cheos de referencias, de historias, de éxitos e tamén de fracasos. Neles xacen os homes e as mulleres que foron facendo a historia das nosas cidades, do noso país. Cada morto é unha vida, e foi outra. É unha obriga dos que aínda estamos aquí facer que os que xa marcharon sigan na nosa memoria. Nos nosos devanceiros atesóuranse moitas ensinanzas que poden axudarnos na resolución dos problemas da sociedade actual.

Á parte do innegábel valor artístico das moitas esculturas que decoran os panteóns, do engado das frases e epitafios nas lápidas, a refrescante brisa mareira…, un paseo polo recinto sacro permitiranos lembrar a unha chea de persoeiros
que nos explicarán parte dos momentos históricos máis significativos da cidade da Coruña e tamén de Galicia. Realmente podemos afirmar que estamos ante o verdadeiro Panteón de Galegos Ilustres.

Eses eran os meus obxectivos, os meus puntos de partida. O estudo que realicei durante todo un ano académico superou todas as miñas expectativas e, dende entón, aproveito a miña investigación para as miñas clases. Son xa varias as promocións de alumnos que visitaron San Amaro baixo a miña tutela.

Hoxe quero aproveitar a oportunidade que me brinda a
Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada -a cidadanía estará sempre en débeda co traballo de difusión cultural que están a desenvolver- para compartir con todos os lectores unha humilde referencia ás lápidas que alí se atopan.

Case todas as lápidas teñen o seu nome e fan referencia á data do falecemento, aínda que hai excepcións. No século XIX e principios do XX non eran raras as frases e recordatorios que resumían toda a vida dos finados. Os epitafios dotaban de certa singularidade as tumbas impersoais. As inscricións das lápidas son unha fonte inestimábel para coñecermos a mentalidade da época na que foron escritas. Poucas son as tumbas da última década do século XX que conteñan epitafios ou inscricións tan singulares coma as de antano. Nestes primeiros anos do século XXI, óptase por gravar simplemente o nome e a data. Cada vez son máis raros os epitafios; semella que son cousa dos de antes.

Na porta de entrada ao cemiterio atopamos a primeira inscrición; recórdanos a insignificancia do corpo e o valor da alma:

AÑO DE 1812
EL TÉRMINO DEL CUERPO ES EL QUE VEIS,
EL DEL ALMA SERÁ SEGÚN OBREIS

Segundo entramos pola porta principal atopámonos no departamento I; á dereita vemos o edificio da conserxería e unha serie de sepulturas en terra. Correspóndense todas con enterramentos de nenos e nenas (párvulos, como eran denominados no século XIX). O epitafio dunha delas recórdanos unha pasaxe bíblica:

Mas Jesús llamándolos dijo
dejad a los niños venir a mi
y no se lo impidáis
porque de los tales
es el reino de los cielos.

Os nenos e nenas, non morren, soben ao ceo, tal e como indican todas as lápidas:

El niño … subió al cielo …
… ascendió al cielo en el día del Señor …
… subió al cielo el 13 de febrero 1957
a los tres años
¡MIÑA NENIÑA!
Todos los que te quisimos
te llevamos en nuestro corazón.
Descanse en el Señor
la niña …
subió al cielo según su santa vida
el 11 de octubre de 1894
a los doce años de edad.
Su amada y querida madre la llora.

No departamento IV hai unha lápida en inglés que lembra a morte dun neno aos 8 anos:

Edith Hamilton Little Daughter of
Sydney Hamilton Little Esquire
Her Britannic Majesty’s Consul.
Died November 8 th 1893
Aged 8 years.

No departamento I, á esquerda, atopamos toda unha columna de nichos ocupados polos vicecónsules de Inglaterra e as súas familias coa indicación de que están clausurados a perpetuidade:

Don Eduardo Santos y Lartaud,
vicecónsul de Inglaterra,
Comendador de número de la Real Orden de
Isabel La Católica 8.8.
Falleció el 15 de febrero de 1866
a los 60 años de edad.
Clausurado a perpetuidad…

Preto do anterior podemos atopar unha inscrición sinxela e chea de sentimento:

¡Pobre Arturo!
23 de septiembre de 1917
Tus padres y hermanas te lloran.

Un pouquiño máis adiante atopámonos cunha inscrición en francés:

A la mèmoire de JEAN RAY,
décedé le 7 mai 1869, agé de 64 ans
et de NICOLASA CARNEIRO DE RAY,
décedée le 20 septembre 1871, agée de 30 ans.
PRIEZ POUR EUX

Son bastantes os nichos que indican que se atopan clausurados a perpetuidade. As fórmulas son máis ou menos as mesmas e dalgún xeito mostran o egoísmo das persoas incluso na hora da morte:

Este nicho queda clausurado por disposición
de la última finada.
Por disposición de la finada queda perpetuamente
clausurado este nicho.
Cerrado a perpetuidad sin que ninguna otra
persona tenga derecho a usarlo según lo dispuesto
por la finada.
Clausurado.

Algunhas inscricións son tan sinxelas que somentes figura o nome da finada e a data do falecemento:

¡¡María!!
+ 21.Mayo.1893
¡Mercedes!
Sus afligidos padres.

Os epitafios que máis abundan no departamento I son do tipo:

Rogad a Dios por caridad por el alma de …
Aquí reposan los restos de …
Aquí yacen las cenizas de …
A la memoria de …
Algúns inclúen os familiares que seguen ao
morto primeiro:
Aquí yacen las cenizas de…
y sus tiernos hijos.
Aquí yacen las cenizas de …
y varios hijos.

Aínda que algúns sinalan o parentesco daqueles que lles fan a dedicatoria:

Sus desconsolados padres y hermano
le dedican este recuerdo.
Tus padres no te olvidan.
Recuerdo de tu sobrino.
Outros indican os méritos do finado como
este do ano 1867:
A la memoria del licenciado en derecho …
Incluso cando aínda non remataran os seus
estudos:
alumno de último año de Derecho.
Falleció a los 22 años en
17 de Febrero de 1897

Algúns inclúen versos bíblicos que describen o conformismo co que se considera inevitábel e a atribución do destino das persoas a Deus:

Señor: tú nos lo diste,
tú nos lo quitaste,
bendito seas.

No Cemiterio Civil, aínda que o máis significativo son as lápidas en honra dos falecidos polos ideais políticos, os inmolados, tamén hai epitafios con claras referencias ás crenzas relixiosas e á vida despois da morte:

… descansó en el Señor.
El Señor es mi pastor,
nada me faltará.

He peleado la buena batalla,
he acabado la carrera,
he guardado la fe.

Nuestra separación no será
eterna, en el cielo nos volveremos a ver.

Nesta liña, hai un que destaca sobre os demais:

Duerme en espera de la
resurrección.
Jesús dijo: “No se maravillen
de esto
porque viene la hora en que
Todos
los que están en las tumbas
conmemorativas
oirán su voz y saldrán”.
Juan 5: 28,29
Mientras tanto, tu esposa e
hijos
no te olvidarán.

No cemiterio civil aparece unha placa que fai referencia aos cidadáns árabes procedentes nos anos 60 do cemiterio dos mouros:

Aquí yacen los restos
mortales de ciudadanos
árabes

Tamén aquí atopamos unha lápida en alemán que se corresponde coa tumba sinalada co número 7:

Hier ruht in Gott
mein lieber mann
unser guter vater
Ed. Lüttringhausen
Kapitän das “Belgrano”
geb. 21.5.1869
gest. 27.2.1918

O epitafio máis antigo que recollo neste traballo atópase no departamento II e fai alusión á mágoa e fonda tristura dos pais que sobreviven aos fillos:

Honestísimo joven de 21 años,
hijo único, concluidos sus estudios
y sus días, sus padres huérfanos
le lloran desde el 29 de febrero de 824.
Lector piadoso pide nuestro consuelo
y su reposo.
Hic dulas natus venient
huc sponte parentes.

No departamento II aparece unha lápida en italiano:

Portoferraio 11-VII-1870 – La
Coruña 19-IV-1907
Agostino Umberto Mazzei
macchinista navale
vittima del Dovere.

Non deixa de ser curiosa e macabra a lápida na que repousan
os restos de dona Juana de Vega, viúva do xeneral don Francisco Espoz y Mina. O xeneral foi enterrado en Iruña, mais a súa dona conservou na súa casa o corazón do finado, e con el foi ela sepultada en San Amaro:

Aquí yacen los restos
mortales de
D. JUAN ANTONIO DE
LA VEGA.
D. JOSEFA MARTÍNEZ
Y Dª. JUANA M. DE LA VE-
GA Y MARTÍNEZ
VIUDA DEL GENERAL
Dº. FRANCISCO ESPOZ
Y MINA
cuyo corazón se halla aquí.
R.I.P.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *