

Parabéns a todo o equipo que fixo posible este documental, e moi especialmente ao sadense Pablo Vidal, co-director e co-guionista, que foi o encargado de conducir o acto, falando acerca da súa experiencia na creación do filme.
No transcurso do acto, Pablo anunciou un novo proxecto, xa bastante avanzado. O da realización dun documental que retrate os veráns de Franco en Meirás, con todo o que xiraba arredor do pazo e cunha ollada a sociedade do momento. Desde a A. C. Irmáns Suárez Picallo queremos transmitirlle o noso total apoio nesta nova empresa. Agradecemos a todo aquel que posúa material ou información da incumbencia deste documental e queira facelo chegar que se poña en contacto con nós.