150 ANOS DO NACEMENTO DE LUGRÍS FREIRE

Tal día como hoxe, hai 150 anos, nacía en Sada Manuel Lugrís Freire. Damos hoxe inicio, pois, ao 150 aniversario do seu nacemento, que se verá acompañado con diversos actos ao longo dun ano, o 2013, que foi declarado institucionalmente como Ano de Manuel Lugrís Freire polo Concello de Sada e no que contaremos coa colaboración da Deputación da Coruña.



Publicamos hoxe, por primeira vez, a partida de bautismo de Lugrís, na que se acredita o seu nacemento o día 11 de febreiro, e non o 12, que é a data que adoita figurar nas biografías.

Apertura do Ano Lugrís Freire en Sada


Primeiras actividades da AC Irmáns Suárez Picallo con motivo do Ano Cultural Manuel Lugrís Freire

Inauguración Oficial do Ano Cultural Lugrís Freire


O pasado xoves, 14 de febreiro de 2013, inaugurouse o Ano Cultural Lugrís Freire, ao cumprirse o 150 aniversario do seu nacemento. O profesor Xosé Seoane ofrécenos este vídeo que recorda o citado acto. Como sempre, agradecemos a Xosé Seoane o seu inmenso e importantísimo traballo.


Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *